Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Xoves, 25 de outubro de 2001 Páx. 13.860

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2001 pola que se fai pública a relación das adxudicacións de diversos contratos administrativos realizados durante o exercicio 2000.

1. Título: adquisición dos equipos servidores en Windows/Server con destino ó CIXTEC (expte.: 1/2000).

-Sistema de adxudicación: concurso, mediante procedemento aberto.

-Data de resolución da adxudicación: 29-6-2000.

-Adxudicatario: Data General, S.A.

-Importe da adxudicación: 1.201.230,87 euros, equivalente a 199.868.000 pesetas, IVE incluído.

2. Título: contratación do servicio de mantemento de LION e SOLID en Windows/NT, con destino ó CIXTEC (expte.: 2/2000).

-Sistema de adxudicación: procedemento negociado sen publicidade.

-Data de resolución da adxudicación: 3-3-2000.

-Adxudicatario: Asysco Products, b.v.

-Importe da adxudicación: 76.467,70 euros, equivalente a 12.723.155 pesetas, IVE incluído.

3. Título: asistencia técnica para o desenvolvemento e implantación dun novo sistema de información contable (expte.: 3/2000).

-Sistema de adxudicación: concurso, mediante procedemento aberto.

-Data de resolución da adxudicación: 15-5-2000.

-Adxudicatario: Drintel, S.L.

-Importe da adxudicación: 1.442.278,80 euros, equivalente a 239.975.000 pesetas, IVE incluído.

4. Título: asistencia técnica para a adaptación das aplicacións informáticas ó tratamento do euro (expte.: 4/2000).

-Sistema de adxudicación: concurso, mediante procedemento aberto.

-Data de resolución da adxudicación: 26-7-2000.

-Adxudicatario: Efedoseme, S.L.

-Importe: 360.607,26 euros, equivalente a 60.000.000 de pesetas, IVE incluído.

5. Título: adquisición de licencias Office 2000 profesional e Windows 2000 cliente para o CIXTEC, para as delegacións territoriais e para as distintas dependencias da Consellería de Economía e Facenda (expte.: 5/2000).

-Sistema de adxudicación: concuso, mediante procedemento aberto.

-Data de resolución da adxudicación: 26-10-2000.

-Adxudicatario: lote 1: Algoritmos, Procesos y Diseños, S.A. (A.P.D.); lote 2: Fujitsu Customer Support, S.A.

-Importe: lote 1: 121.825,15 euros, equivalente a 20.270.000 pesetas, IVE incluído. Lote 2: 12.020,24 euros, equivalente a 2.000.000 de pesetas, IVE incluído.

6. Título: asistencia técnica de analistas con destino á área de producción estatística do IGE (expete.: 7/2000).

-Sistema de adxudicación: concurso, mediante procedemento aberto.

-Data da adxudicación: 26-7-2000.

-Adxudicatario: Altia Consultores, S.L.

-Importe: 95.708,05 euros equivalente a 15.924.480 pesetas, IVE incluído.

7. Título: asistencia técnica para o departamento de explotación en quenda de tarde-noite con destino ó CIXTEC (expte.: 8/2000).

-Sistema de adxudicación: concurso, mediante procedemento aberto.

-Data de resolución da adxudicación: 17-7-2000.

-Adxudicatario: Coremain, S.L.

-Importe: 67.532,73 euros, equivalente a 11.236.500 pesetas, IVE incluído.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2001.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable