De acordo co previsto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación definitiva do seguinte contrato:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Instituto Galego de Estatística.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio Técnico Xurídico e de Contratación.
c) Número do expediente: 626.1/03.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo do contrato: subministración.
b) Descrición do obxecto: subministración de equipamento informático para o Instituto Galego de Estatística.
c) Lote:
Lote Descrición Orzamento licitación
Pesetas Euros
1 Ordenadores persoais 9.000.000 54.091,09
2 Servidor de bases de datos 5.000.000 30.050,60
3 Licencias de software 1.700.000 10.217,20
d) Boletín ou diario oficial e data da publicación no anuncio da licitación: Diario Oficial de Galicia nº 75, do 18 de abril de 2001; corrección de erros nº 78, do 23 de abril de 2001.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación:
Importe total: 15.700.000 pesetas (94.358,90 euros).
5. Adxudicación:
a) Data: 13 de xuño de 2001.
b) Contratista e importe da adxudicación:
Lote Descrición Adxudicatario Importe adxudicación
Pesetas Euros
1 Ordenadores persoais Dell Computer, S.A. 8.256.000 49.619,56
2 Servidor de bases de datos Dell Computer, S.A. 4.640.000 27.886,96
3 Licencias de software Informática El Corte Inglés, S.A. 1.336.000 8.029,52
Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2001.
José Antonio Campo Andión
Director do Instituto Galego de Estatística

