Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Xoves, 25 de outubro de 2001 Páx. 13.861

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

Por decreto da Alcaldía do 16-10-2001, aprobouse o prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación, mediante concurso con procedemento aberto por tramitación urxente, da subministración e instalación de acristalamento en inte

riores e exteriores no edificio Pazo da Cultura de Carballo, o cal se expón ó público polo prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción do último anuncio no DOG, no BOP ou prensa para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente anúnciase concurso público, se ben a licitación se aprazará. cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

Orzamento de licitación: 14.788.708 pesetas (88.881,93 euros).

Prazo de subministración: dous (2) meses.

Fianza definitiva: 4% sobre o importe de adxudicación.

Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar no concello, ás 12 horas do terceiro día seguinte hábil a aquel en que remate o prazo de presentación de propostas. No caso de resultar sábado, entenderase prorrogado ó día hábil inmediato seguinte.

Proposicións:

Lugar e prazo de presentación: presentaranse no rexistro xeral da corporación, en horario de 9 a 14 horas, dentro do prazo de trece (13) días naturais, contados desde o día seguinte ó da última publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia ou BOP.

Documentación: presentarase en 3 sobres pechados conforme se indica no prego de condicións que se encontra exposto na secretaría do concello.

Tódolos anuncios serán por conta do adxudicatario.

Carballo, 16 de outubro de 2001.

Manuel Varela rey

Alcalde