Ten por obxecto a contratación por concurso-procedemento aberto, dos traballos para a redacción dun plan xeral e realización de cartografía, segundo pregos de prescricións técnicas, e conforme as leis do solo de Galicia, de solo e valoracións, regulamentos de planeamento urbanístico ou modificacións lexislativas que se produzan durante o tempo de realización do contrato. Tipo de licitación: 70.068.973 pesetas, equivalentes a 421.123 euros, que se reparten en 83.660,88 para cartografía e 337.462,12 para o plan xeral, efectuado o correspondente redondeo. Prazo de execución: 1 ano, descontando o tempo que o plan estea en poder da corporación para exposición pública, informes, adopción de acordos, etc. Forma de pagamento: cartografía: 50% do seu custo á entrega do traballo, a metade
restante á súa comprobación. Plan xeral: á sinatura do contrato: 10%. Entrega avance de planeamento: 20%. Entrega de plan para tramitación: 25%. Aprobación inicial: 20%. Aprobación definitiva: 25%. Fianzas: provisional: 2% do prezo do contrato. Definitiva: 4% do prezo da adxudicación. Presentación de plicas: no rexistro xeral do concello de 9 a 13 horas, ata o 18 de decembro de 2001 inclusive. Presentaranse 3 sobres: 1º coa documentación esixida no prego de condicións; 2º referencias técnicas; 3º oferta económica segundo modelo. Pregos de cláusulas administrativas, publicáronse no BOP de Pontevedra, nº 194 do 8 de outubro. Prescricións técnicas: poden solicitarse ó Concello da Estrada. Tlf.: 986 57 01 65, ext.: 320 ou por fax ó 986 57 02 33.
A Estrada, 15 de outubro de 2001.
Ramón Campos Durán
Alcalde

