De conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local e disposicións concordantes, faise público que a Alcaldía deste concello, por Decreto do 11 de outubro de 2001, aprobou definitivamente o proxecto de reparcelación do Parque Empresarial de Matela, neste municipio.
Contra o dito acordo, definitivo na vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados desde o día seguinte ó da súa publicación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.
Outeiro de Rei, 11 de outubro de 2001.
José Pardo Lombao
Alcalde

