Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Xoves, 25 de outubro de 2001 Páx. 13.862

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

Ángel T. Sutil García, secretario xeral do Concello de Poio, certifico que o Pleno desta corporación, en sesión ordinaria realizada o día trinta e un de xullo de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

2322. Aprobación definitiva proxecto de compensación do polígono nº 4, presentado por Inmobiliaria Urbis, S.A. Dáse conta do expediente tramitado e que o proxecto foi aprobado inicialmente por acordo da Comisión de Goberno do 26 de febreiro de 2001, aprobándose igualmente o informe de Tasaciones Inmobiliarias, S.A. (Tinsa), coa valoración económica do aproveitamento urbanístico que corresponden ó concello do 10% de dito polígono; publicándose no DOG do 7 de marzo de 2001, así como no Diario de Pontevedra do 17 de marzo de 2001 e notificado o dito acordo á empresa promotora, sen que se presentara ningunha reclamación neste concello e entregada á promotora Urbis a escritura de propiedade dos terreos correspondentes ó dito polígono, coa inscrición rexistral deles, do 8 de xuño de 2001; a corporación por unanimidade acordou aprobar definitivamente o proxecto de compensación presentado por Urbis e confeccionado polo arquitecto José Luís Pereiro Alonso, de data outubro de 2000, coas

seguintes modificacións:

A parcela nº 1 que se cede ó concello, dunha superficie de 1.357 m, incluída a casa existente, como equipamento municipal, queda condicionada a que o concello preste aprobación ó proxecto de rehabilitación do Casal de Ferreirós, se executen as obras, se reciban estas e se cumpra o convenio urbanístico vixente.

A parcela nº 2, que se cede ó concello, dunha superficie de 6.080 m, destinada a zona verde de uso público, queda igualmente condicionada ó cumprimento do convenio urbanístico subscrito, en canto ó adecentamento dela pola promotora con cargo ós remanentes ó 10% do aproveitamento urbanístico, se se produciron.

A parcela nº 3, que se cede ó concello, dunha superficie de 5.586 m, destinada a rede viaria de uso público, condicionándose esta cesión á súa urbanización, de acordo co proxecto aprobado e recepción das obras polo concello.

A parcela nº 4, vinculada á edificación residencial do promotor, cunha superficie de 9.785 m, ademais da carga de urbanización que figura no proxecto de compensación que aquí se aproba definitivamente, queda suxeita á carga do 82,50% do importe da monetarización do 10% do aproveitamento de titularidade municipal que, segundo valoración de Tinsa, ascende a 38.400.345 pesetas, correspondendo de carga a esta parcela a cantidade de 31.680.284 pesetas.

A parcela nº 5, destinada a usos terciarios do promotor, dunha superficie de 2.014 m, ademais da carga de urbanización que figura no proxecto de compensación que aquí se aproba definitivamente, queda suxeita á carga do 17,50% do importe de monetarización do 10% do aproveitamento de titularidade municipal, que, segundo valoración de Tinsa, ascende a 38.400.345 pesetas, correspondendo de carga a esta parcela a cantidade de 6.720.106 pesetas.

Acórdase igualmente que, de conformidade co disposto nos artigos 29 e 30 do Real decreto 1093/1997, do 4 de xullo, polo que se aproban as normas complementarias ó Regulamento para a execución da Lei hipotecaria sobre inscrición no Rexistro da Propiedade de actos de natureza urbanística, deberá a sociedade promotora ceder ó concello, mediante escritura pública, as parcelas nº 1, 2 e 3 e que a cesión notarial será comunicada ó concello para a súa aceptación, se procede.

Que se proceda á publicación deste acordo de aprobación definitiva no DOG e comunicar este acordo á empresa promotora Inmobiliaria Urbis.

E para que conste, expido este certificado de orde e co visto e prace do alcalde, coa excepción do artigo 206 do ROF e RXEL, do 28 de novembro de 1986, en Poio o dous de agosto de dous mil un.

O Secretario

Rubricado

Visto e prace

O alcalde

Rubricado