Por decreto da Alcaldía do 2 de outubro de 2001 aprobáronse inicialmente os estatutos e bases de actuación das unidades de execución B e C do Plan parcial do sector residencial de alta densidade en contacto coas Brañas, presentados pola comisión xestora das devanditas unidades de execución. Dando cumprimento ó disposto no artigo 133.4º, en relación co 102.4º da Lei do solo de Galicia, ábrese un período de información pública polo prazo de vinte días hábiles contados a partir do día seguinte á derradeira publicación efectuada no BOP da Coruña, no DOG ou da última notificación individualizada practicada.
O expediente atópase á disposición dos interesados na secretaría do concello.
Sada, 2 de outubro de 2001.
O alcalde
Rubricado

