De conformidade co disposto no artigo 105.6º da Lei xeral tributaria, segundo redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro (BOE do 31 de decembro), o xefe da Dependencia Provincial de Recadación de Barcelona da Axencia Estatal de Administración Tributaria.
Fai saber que ó non ter sido posible, por causas non imputables á Administración tributaria, realizárlle-las notificacións ós interesados ou ós seus representantes nos procedementos que se indican na relación que segue, e tentadas aquelas de conformidade co establecido no artigo 105 da Lei xeral tributaria, cítase os citados interesados, especificados na dita relación, para que no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, comparezan na Administración ou unidade de recadación que consta na relación para poderen ser notificados regulamentariamente.
En caso de non compareceren no prazo e lugar sinalados, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do seu vencemento.
Barcelona, 4 de maio do 2001.
J. Ignacio Mora Artiga
Xefe da Dependencia Provincial de Recadación
Nome: García Santirso, Juan Carlos.
NIF: 09400557C.
Procedemento: inicio procedemento de constrinximento.
Referencia: C1100099150163156.
Unidade: San Cugat.
Lugar de comparecenza: CL Manel Farres s/n, S Cugat Vall.

