Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 30 de novembro de 2001 Páx. 15.278

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 297/2001, do 29 de novembro, polo que se lle concede a Medalla de Ouro de Galicia a Francisco Fernández del Riego.

En atención a toda unha vida de dedicación a Galicia, á súa cultura e á súa lingua e ós demais méritos que concorren en Francisco Fernández del Riego, e ó abeiro do disposto no artigo 4 do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, que regula a concesión da Medalla de Ouro de Galicia, modificado polo Decreto 166/1995, do 16 de xuño, é vontade do Goberno galego outorgarlle a súa máis alta distinción.

Polo tanto, e logo de acordo do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintenove de novembro de dous mil un,

DISPOÑO:

Concederlle a Medalla de Ouro de Galicia a Francisco Fernández del Riego.

Santiago de Compostela, vintenove de novembro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública