Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 26 de decembro de 2001 Páx. 16.412

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do texto do convenio colectivo da empresa Burgas Distribución, S.A. de Ourense.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Burgas Distribución, S.A. de Ourense (código de convenio 3200052), con entrada nesta delegación provincial o día 12 de setembro de 2001, subscrito con data do 24 de agosto de 2001, dunha parte pola empresa, en representación da parte económica, e doutra polo delegado de persoal, en representación dos traballadores desta.

Esta delegación provincial de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, e demais normas aplicables de dereito común;

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás repre

sentacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 18 de outubro de 2001.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo para a empresa

Burgas Distribución, S.A. (2001-2003)

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

Este convenio é de aplicación para a empresa Burgas Distribución, S.A. e os seus traballadores.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Queda comprendido neste convenio todo o persoal relacionado coa actividade de distribución de gas butano e propano, salvo o que exerza funcións de alta dirección ou alto consello, e excluíndose expresamente as persoas sen contrato laboral que exercen funcións de distribución con carácter de autónomos.

Artigo 3º.-Vixencia, duración, prórroga e denuncia.

Este convenio entra en vigor o día 1 de xullo de 2001, sexa cal fose a data da súa publicación no BOP e no DOG, e a súa duración é de tres anos, é dicir, ata o 31 de decembro de 2003.

Este convenio prorrogarase de ano en ano, se non é denunciado con tres meses de antelación ó termo da súa vixencia.

A denuncia deste convenio realizarase de acordo co que está establecido no capítulo 3º da Lei 11/1994, do Estatuto dos traballadores, desenvolvido mediante Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, e demais disposicións de xeral aplicación.

A táboa salarial anexa establécese con vixencia do 1 de xullo de 2001 e con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro do ano 2001, cun incremento do 4,5% ata o 31 de decembro de 2001.

O incremento salarial para o segundo ano de vixencia (2002) será o IPC previsto polo Goberno para o dito ano; unha vez coñecido o IPC real do ano 2002, se superase o previsto, procederase a actualiza-la táboa salarial, desde o mes en que o IPC real supere o IPC previsto, procedéndose ó pagamento de atrasos, desde o dito mes ata o 31-12-2002.

O incremento salarial para o terceiro ano de vixencia (2003) será o IPC previsto polo Goberno para o dito ano; unha vez coñecido o IPC real do año 2003, se superase o previsto, procederase a actualiza-la táboa salarial, desde o mes en que o IPC real supere o IPC previsto, procedéndose ó pagamento de atrasos, desde o dito mes ata o 31-12-2003.

Artigo 4º.-Garantía (ad personam).

As cantidades superiores pactadas a título persoal ou calquera outra mellora que teña establecida a empresa, como premio de cobranza por botella ou revisión, serán respectadas na súa totalidade.

Artigo 5º.-Compensación e absorción.

As melloras deste convenio poderán ser compensadas ou absorbidas con calquera outra mellora voluntaria ou por disposición legal en cómputo anual, salvo que expresamente se pacte o contrario. Todo iso conforme o disposto na orde ministerial do 22 de novembro de 1973, no seu artigo 10, punto 2º, que desenvolve o Decreto 2300/1973, sobre ordenación do salario.

Artigo 6º.-Xornada de traballo.

Establécese unha xornada de traballo para todo o persoal de 40 horas semanais. Entre a empresa e a representación dos traballadores poderase pactar unha distribución irregular da xornada, sen exceder das horas fixadas neste convenio, sempre e cando se dean circunstancias de climatoloxía, temporada e/ou producción.

Artigo 7º.-Vacacións.

Establécese un período mínimo de vacacións de 30 días naturais. Inclúese no salario correspondente a vacacións o complemento de transporte estipulado neste convenio.

Artigo 8º.-Retribucións.

Establécese un sistema retributivo para todo o persoal composto de salario base e complementos salariais (complemento de transporte), segundo se recolle no anexo I.

Artigo 9º.-Antigüidade.

O complemento persoal de antigüidade está composto por cuadrienios na contía do 4% (catro por cento) do salario base.

Artigo 10º.-Complemento de transporte.

Establécese un complemento de transporte que se percibirá mensualmente e na contía sinalada na táboa salarial anexa. A este complemento aplicaráselle a seguinte táboa de penalizacións en caso de faltas de asistencia ou puntualidade.

1. Por cada dúas (2) faltas de puntualidade inxustificada perderase a parte correspondente ó complemento de tres (3) días.

2. Por cada catro (4) faltas de puntualidade inxustificadas perderase o complemento correspondente a sete (7) días.

3. Por cada cinco (5) faltas de puntualidade inxustificadas perderase o total do complemento mensual.

Cada dúas (2) faltas de puntualidade considerarase unha de asistencia, tendo en conta que, para efectos de penalización deste complemento, se considerará como falta de asistencia a de puntualidade superior a media hora.

Artigo 11º.-Gratificacións extraordinarias.

Consisten no aboamento de tres mensualidades compostas por salario base, complemento de transporte máis antigüidade, que se percibirán unha en xullo, unha en decembro e outra no período comprendido entre xaneiro a marzo de cada ano, polos anos vencidos e como participación en beneficios.

Artigo 12º.-Horas extraordinarias.

As horas extras pagaranse incrementadas nun setenta e cinco por cento (75%) sobre o salario que corresponde a cada hora ordinaria, salvo as realizadas en días festivos e domingos, cun incremento do 100% sobre a hora ordinaria.

Artigo 13º.-Roupa de traballo.

A empresa dotará os traballadores de roupa de traballo adecuada ó tipo de labor e á época do ano.

Artigo 14º.-Excedencias.

O traballador con alomenos un ano de antigüidade na empresa terá dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de se situar en excedencia voluntaria por un prazo maior de dous anos e non maior de cinco. Este dereito só poderá ser exercido outra vez polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

O traballador declarado en situación de excedencia conserva só un dereito preferente ó reingreso nas vacantes de igual ou similar categoría á del, que houbese ou se producisen na empresa.

Artigo 15º.-Invalidez provisional.

O traballador declarado en situación de invalidez provisional terá dereito á reincorporación ó traballo en canto cese a dita situación. O prazo de reincorporación ó traballo será de dous meses a partir do cesamento en situación de invalidez provisional.

Artigo 16º.- Incapacidade transitoria.

En caso de accidente laboral e hospitalización, a empresa está obrigada a satisface-lo complemento necesario para que, computando o que con cargo á Seguridade Social percibe o traballador, por prestación económica de IT, alcance o 100% do salario establecido neste convenio, ata que se produza a súa reincorporación ó traballo.

Artigo 17º.-Seguro colectivo.

A empresa procederá, no prazo dun mes seguinte ó da publicación do convenio, a formalizar póliza de seguro que garanta as seguintes coberturas:

Falecemento por accidente laboral: 3.000.000.

Grande invalidez derivada de accidente laboral: 4.000.000.

Cláusulas adicionais.

Primeira.-Establécese como rendemento normal de reparto o seguinte: botellas de 12,5 kg: 75 botellas/día; botellas de 35 kg: 40 botellas/día, para un equipo de dous.

Para efectos de revisións establécese como rendemento normal o de 20 revisións por día.

Os ditos rendementos deberán ser considerados en condicións normais en canto a climatoloxía, estado de vehículos e temporada, ou calquera outro motivo non imputable ó traballador.

Segunda.-Para efectos económicos este convenio entra en vigor o 1 de xaneiro de 2001, co que estes se retrotraerán á dita data.

Terceira.-Este convenio é asinado polo representante legal dos traballadores e a dirección da empresa, de conformidade coa lexitimación prevista na Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores.

Cuarta.-Este convenio mantén a súa vixencia na súa totalidade ata que se negocie outro que o substitúa.

ANEXO I

Táboa salarial ano 2001 (4,5% incremento)

CategoríaSalario baseCompl. transporte

PesetasEurosPesetasEuros

Encargado xeral104.167626,069.19555,26

Xefe de contabilidade99.343597,069.19555,26

Encargado de almacén97.518586,099.19555,26

Xefe de negociado97.518586,099.19555,26

Oficial de 1ª97.518586,099.19555,26

Oficial de 2ª95.372573,209.19555,26

Oficial mecánico99.490597,959.19555,26

Cobrador87.140523,729.19555,26

Conductor de remolque99.907600,459.19555,26

Conductor camión pesado99.907600,459.19555,26

Conductor camión reparto99.490597,959.19555,26

Mecánico instalador96.917582,489.19555,26

Mecánico visitador97.518586,099.19555,26

Conductor de carreta97.518586,099.19555,26

Mozo de reparto89.203536,129.19555,26

Mozo de almacén89.203536,129.19555,26

Garda86.295518,649.19555,26

Aprendiz80.479483,699.19555,26

Xefe administrativo97.518586,099.19555,26

Oficial administrativo93.327560,919.19555,26

Auxiliar administrativo89.203536,129.19555,26

Telefonista de pedidos89.203536,129.19555,26