A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 8 de novembro de 2001, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización da rúa perpendicular á r/ San Xosé Obreiro, redactado por Proyfe, S.L. e promovido por Jesús Luaces Rodríguez.
Exponse ó público polo prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ó abeiro do previsto no artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia.
O expediente estará á disposición de calquera que desexe examinalo na Unidade de Obras, Urbanismo e Servicios, para formula-las alegacións que considere pertinentes.
Narón, 16 de novembro de 2001.
Xoán Gato Díaz
Alcalde

