A Comisión de Goberno, en sesión de 26-11-2001, adoptou o seguinte acordo:
Primeiro.-Prestar aprobación definitiva ó proxecto de compensación da unidade de actuación nº 12 do vixente Plan Xeral de Ordenación Urbana, situada no lugar de San Amaro-Mourente, formulado por Bernardo López Abadín -na súa condición de propietario único da totalidade dos terreos que o integran- sendo redactado pola doutora arquitecta Teresa Táboas
Veleiro, con visado da Delegación en Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en data 6-6-2001, coa finalidade de proceder á xestión e execución urbanística deste ámbito espacial de equidistribución, determinándose que a formalización deste proxecto de compensación, se efectúe en documento administrativo coas solemnidades e requisitos dispostos para as actas dos acordos deste concello co contido legalmente esixido, ou ben mediante escritura pública se así o prefire a propietaria única e por conta dela. En calquera caso, o documento no que se formalice será inscrito no Rexistro da Propiedade, sendo ámbalas obrigas por conta da propiedade.
Segundo.-Incorporar, de acordo con este proxecto de compensación, os terreos desta unidade de actuación nº 12, de cesión obrigatoria -en pleno dominio e completamente libres de cargas e gravames- ó patrimonio municipal e inventario de bens e á súa afectación ós usos previstos polo planeamento, sen achega económica ou patrimonial ningunha deste concello, en función do convenio urbanístico subscrito e a súa modificación.
En idéntico sentido, esta incorporación esténdese a aqueles terreos excluídos da unidade de actuación e situados entre este ámbito e a rúa da Estrada, afectados pola urbanización e apertura da vía destinada a sistema xeral, prolongación da existente na unidade de actuación nº 14-A Parda, que xa foron adquiridos polo Sr. López Abadín, seguindo o convenio urbanístico asinado o 30 de marzo e modificado o seis de xullo, por canto para a obtención do terreo de titularidade allea da superficie de 10 m, non obtido polo promotor e unicamente restante para completar esa efectiva urbanización entre o polígono e a rúa, haberá de aplicarse, se é o caso, o instituto da expropiación forzosa, unha vez que se aprobe definitivamente o proxecto de urbanización do polígono, para o cal foi prestada a correspondente fianza en arcas municipais.
A cesión entenderase sen prexuízo do dereito de ocupación para procederse á execución das obras, tendo que efectuarse a cesión e entrega da urbanización nun prazo non superior a tres meses contado desde a recepción definitiva pola propiedade, formalizándose esta en actas que subscribirán este concello e o promotor.
Terceiro.-Facer saber a Bernardo López Abadín que con carácter previo ó inicio da obra urbanizadora, deberá ter firmeza en vía administrativa este acto e aprobarse definitivamente o proxecto de urbanización, respecto do que tal promotor xa ten prestada unha fianza equivalente ó seu orzamento de execución material, operación OCVD 200100030322, estando afecta á correcta execución da obra urbanizadora que se aprobe, ó non quedar afectos os predios resultantes do acordo de aprobación definitiva do proxecto de compensación, ó pagamento da cantidade que puidese corresponder
a cada predio no orzamento previsto dos custos de urbanización do polígono.
Cuarto.-Publica-lo presente acto administrativo no taboleiro de anuncios deste concello, no xornal Diario de Pontevedra e Diario Oficial de Galicia e notificárllelo individualizadamente ós interesados con comunicación de testemuña o del á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia.
O que se fai público para a súa executividade, significándose que contra este acto poderá interpoñerse ben o recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que a dictou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación, consonte co establecido no art. 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, na redacción dada pola Lei 4/1999, ou ben directamente o recurso contencioso administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, consonte co disposto nos artigos 8.1º e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.
De interpoñerse o recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes segundo se establece no art. 117.2º da citada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, entendéndose desestimado polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa, de conformidade co establecido no art. 43.2º desta Lei 30/1992, podendo entón interpoñerse recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses contado desde o día seguinte daquél no que deba entenderse presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, consonte co establecido no art. 46.1º e 4º da Lei 29/1998.
Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes de acordo a dereito.
Pontevedra, 11 de decembro de 2001.
P.D.
Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo
Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo
e Medio Ambiente
Adolfo Castro Pérez
Secretario accidental
Anuncio.
1. Entidade adxudicadora.
a) Concello de Xermade (Lugo).
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: pavimentación de accesos en Lousada, Roupar, Piñeiro, Burgás, Candamil e Cabreiros.
b) Lugar de execución: nas 6 parroquias.
c) Prazo de execución: 9 meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento de licitación.
Importe total: 17.414.635 pesetas (104.664,06 A).
5. Garantías.
Provisional: 348.293 pesetas (2.093,29 A).
6. Obtención de documentación e información.
a) Concello de Xermade (Lugo).
b) Rúa: Praza do Concello, s/n.
c) Localidade: Xermade (Lugo), CP 27833.
d) Teléfono: 982 50 10 01. Fax: 982 50 10 27.
7. Requisitos específicos do contratista.
Non se esixen.
8. Presentación de ofertas.
a) De 9 a 14 horas, durante os 26 días naturais seguintes ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.
b) Lugar de presentación:
1º Concello de Xermade (Lugo).
2º Domicilio: Praza do Concello, s/n.
3º Localidade: Xermade (Lugo), CP 27833.
c) Documentación que hai que presentar: a que sinala no prego de condicións aprobado pola Comisión de Goberno e que está á disposición dos interesados no Concello.
9. Apertura de ofertas.
En acto público, ás 13 horas do día seguinte hábil a aquel en que se cumpran 5, así mesmo hábiles, de finaliza-lo prazo de presentación de proposicións, na Casa do concello.
10. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.
Xermade, 26 de novembro de 2001.
Manuel González Fernández
Alcalde
FUNDACIÓN PÚBLICA ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN
SANITARIA

