Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2002 Páx. 395

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 421/2001, do 11 de decembro, polo que se aproba o escudo do Concello de Amoeiro (Ourense).

O Concello de Amoeiro considerou conveniente organizar correctamente o seu escudo municipal para perpetualo con simboloxía axeitada e conforme as normas de heráldica. Por iso, e de acordo coas facultades que lle confiren as disposicións legais vixentes, elevou o informe histórico-heráldico, coa súa correspondente proposta de representación gráfica da súa insignia, para a súa aprobación definitiva.

A competencia exclusiva en materia de adopción, modificación ou rehabilitación dos emblemas heráldicos e bandeiras dos concellos e doutras entidades locais, correspóndelle á Comunidade Autónoma ga-

lega, segundo o disposto polo artigo 27.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

O expediente tramitouse conforme as normas de procedemento establecidas na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, no Regulamento de organización, funcionamento e ré-

xime xurídico das corporacións locais, aprobado polo Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, e máis no Decreto 369/1998, do 10 de decembro, polo que se regula a composición e funcións da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia.

Na súa virtude, visto o informe do 16 de novembro de dous mil un, emitido pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia, por proposta do conselleiro

de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de decembro de dous mil un,

DISPOÑO:

Artigo único.-Aproba-lo escudo do Concello de Amoeiro, que figura como anexo, organizado do seguinte xeito: de sinople (verde), oito torres de ouro (amarelo); xefe de ouro cunha pluma de prata. Ó timbre, a coroa real pechada.

Santiago de Compostela, once de decembro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais