Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Martes, 15 de xaneiro de 2002 Páx. 546

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se aproba o proxecto de execución e se recoñece a condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica do parque eólico denominado Deva. (Expediente 00/2-0 EOL).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Eurovento, S.L. Unipersonal con enderezo para efectos de notificacións en rúa Varsovia, 4-C, 5ª planta. Área Central-As Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Deva; resultan os seguintes antecedentes de feito:

Primeiro.-O 21 de xaneiro de 2000, José Manuel Pazo Paniagua, en nome e representación de Eurovento, S.L. Unipersonal solicitou a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución, e posteriormente, con data 2 de febreiro do mesmo ano, recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica do parque eólico denominado Deva, de 49,2 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, ambos de aplicación ó presente expediente, en virtude do disposto na disposición transitoria

décimo primeira do Real Decreto 1995/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia de aplicación ó presente expediente en virtude do disposto na disposición transitoria segunda do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración.

Segundo.-As características básicas do mencionado proxecto son:

Localización e coordenadas poligonais.

NomeMunicipioVértices

DevaMelón (Ourense)XY

Covelo e A Cañiza (Pontevedra)0.559.0004.682.000

0.560.0004.676.000

0.562.0004.676.000

0.562.0004.678.500

0.560.9254.678.500

0.560.9254.680.000

0.561.8504.680.000

0.561.8504.681.075

0.560.0004.682.000

Nº de aeroxeradores: 82.

Potencia unitaria por aeroxerador: 600 kW.

Xeradores: Bazán-Bonus 600 kW.

Potencia total instalada: 49,2 MW.

Producción anual estimada: 2.682 horas/ano.

Investimento previsto: 7.330.250.665 pesetas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión:

-Liñas de baixa tensión subterráneas para evacuación de enerxía de 0,6/1 kV, de interconexión entre os aeroxeradores e os centros de transformación.

-31 centros de transformación (1 cada 2/3 aeroxeradores) de 0,69/30 kV de 2.000 kVA de potencia, coa súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 18/30 kV, de interconexión entre centros de transformación e subestación transformadora de 30/220 kV.

A subestación transformadora de 30/220 kV de 100 MVA de potencia para evacuación de enerxía

producida nos parques eólicos de Tea e Deva queda incluída no proxecto de parque eólico de Deva.

Terceiro.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, xa mencionado, no Decreto 2619/1996, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia e Decreto 205/1995, mediante resolución da Dirección Xeral de Industria do 10 de febreiro de 2000, publicada no BOP de Pontevedra do 24-2-2000, no BOP de Ourense do 28-2-2000, no DOG do 6-3-2000 e no taboleiro de anuncios dos concellos de Covelo, A Cañiza (Pontevedra) e Melón (Ourense).

Durante o período de información pública presentáronse alegacións de carácter ambiental que foron remitidas ó órgano ambiental e previstas na declaración de efectos ambientais do citado parque e de carácter urbanístico, que serán consideradas no momento de proceder á aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

Cuarto.-O 27 de marzo de 2001, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de efectos ambientais do citado parque eólico.

Quinto.-Con data 29 de xuño de 2001, procédese a dar tramite de audiencia a Eurovento S.L., José Antonio Lemos Romero, Ingemarga, S.A. e Minera de Rocas, S.L., co obxecto de determina-la a compatibilidade ou incompatibilidade da actividade de producción de enerxía eléctrica no parque eólico denominado Deva co permiso de investigación Sierra de Pites nº 4655 titularidade de Ingemarga, S.A., o permiso de investigación Faro nº 4615 titularidade de Minera de Rocas, S.L. e a solicitude de concesión de explotación Silvestre nº 2519 titularidade de José Antonio Lemos Romero. As citadas empresas presentaron durante o prazo establecido para o efecto as alegacións e xustificacións que estimaron pertinentes.

Sexto.-Con data do 10 de decembro de 2001 o promotor presenta escrito de renuncia ás maquinas números 72, 73, 74, 75, 76 e 77 por problemas técnicos.

Sétimo.-Con data do 14 de decembro de 2001, os servicios técnicos da Dirección Xeral de Industria, examinado o citado expediente, emiten informe sobre o expediente de compatibilidade entre o parque eólico de Deva e diversos dereitos mineros das provincias de Ourense e Pontevedra.

Oitavo.-O 27 de novembro de 2001, e o 5 de decembro de 2001 a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Ourense e Pontevedra respectivamente emitiron informe favorable sobre o citado proxecto.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, Decreto 302/2001, do 25 de outubro, e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, xa citados.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas en tramite de audiencia, da contestación dada ás mesmas por parte da empresa promotora e do resto de documentación que consta no expediente, queda de manifiesto que:

1. En relación co permiso de investigación Sierra de Pites nº 4655, titularidade de Ingemarga, S.A., considérase que non existen problemas de incompatibilidade, xa que as tres solicitudes de concesión de explotación derivada deste permiso non afectan o parque eólico; con respecto ó resto do permiso, aínda que non está caducado, denegouse a súa prórroga polo que non pode solicitar concesión derivada nin investigar.

2. En relación co permiso de investigación Faro nº 4615, titularidade de Minera de Rocas, S.L., que afecta os aeroxeradores do 67 ó 71, finalizou a prórroga que solicitara para o mesmo, sen ter sido solicitada a extraordinaria, polo que tampouco supón interferencia algunha, xa que ó ser, segundo establece a disposición transitoria segunda do Regulamento xeral para o réxime da mineiría que tódolos prazos que se fixan neste regulamento serán improrrogables e fatais..., non se poden solicitar sobre a súa superficie novas concesións derivadas.

3. En relación coa solicitude de concesión de explotación Silvestre nº 2519 derivada do permiso de investigación do mesmo nome, titularidade de José Antonio Lemos Romero, que afecta os aeroxeradores 29 ó 51. Ten declaración ambiental positiva en tres zonas:

* A zona S afecta o vial principal de acceso ó parque. Non supón problemas, pois segundo o proxecto a concesión empezará pola zona S, polo que durante a instalación do parque eólico, que é a fase crítica, o vial proxectado pode ser utilizado, aínda que con posterioridade debería ser modificado o seu trazado.

* Finalmente a zona S afecta directamente os aeroxeradores 35 (a 88 m), 36 (a 16 m) 37 (dentro da zona) e 38 (a 20 m), pois atópanse a menos de

100 m da zona de explotación, distancia mínima con respecto a esta que a propia Eurovento, S.L. considera necesaria para evitar afeccións ás instalacións eólicas. Ademais o vial principal atravesa polo centro esta zona que é pola que ten previsto comeza-la explotación, polo que de non chegar a un acordo co titular da solicitude, Eurovento, S.L. deberá modificalo. Existe pois unha clara incompatibilidade entre os proxectos, considerándose prevalente o proxecto de explotación mineira, xa que a viabilidade do parque eólico non se ve seriamente comprometida pola eliminación dos citados aeroxeradores, a imposibilidade de explota-los recursos minerais desa área comprometería seriamente a viabilidade do conxunto da explotación mineira.

* A zona S afecta indirectamente o aeroxerador 47 (situado a 91 m) que se encontran a menos de 100 m da zona de explotación. Tamén afecta lixeiramente a zona ó vial de acceso, pero ó se-la última zona para explotar non supón problemas.

En resumo, considérase que coa renuncia de Eurovento, S.L. ós aeroxeradores números 35, 36, 37, 38, 47, 72, 73, 74, 75, 76 e 77, ademais de coa modificación dos viais de acceso, garántese a compatibilidade do parque eólico de Deva coas actuacións mineiras previstas.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites procedementais sinalados no Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas e no Decreto 205/1995. Así mesmo, a instalación e o seu proxecto de execución reúnen tódolos requisitos técnicos esixibles.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas.

RESOLVE:

-Autorizar a Eurovento, S.L. Unipersonal a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Deva, para unha potencia de 39,6 MW, agás os aeroxeradores números 35, 36, 37, 38, 47, 72, 73, 74, 75, 76 e 77 para situar nos concellos de Covelo, A Cañiza (Pontevedra) e Melón (Ourense).

-Aproba-lo proxecto de execución da dita instalación.

-Declara-la compatibilidade da actividade de producción de enerxía eléctrica no parque eólico denominado Deva nos termos anteriores, co permiso de investigación Sierra de Pites nº 4655 titularidade de Ingemarga, S.A., o permiso de investigación Faro nº 4615 titularidade de Minera de Rocas, S.L. e a solicitude de concesión de explotacióm Silvestre nº 2519 titularidade de José Antonio Lemos Romero.

* Recoñecer a esa instalación a condición de instalación acollida ó réxime especial do Real decreto 2818/1998, e incluíla no grupo b.2) do artigo 2 do dito real decreto.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Eurovento, S.L. Unipersonal, para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento da presente autorización, unha fianza de 99.618.997 pesetas, importe do 2% do orzamento que figura no expediente para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme o disposto no artigo 15 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 1.1º, punto 39 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa cun orzamento de 4.980.949.831 pesetas.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto, será necesaria a previa autorización desta Dirección Xeral de Industria. Así mesmo, as delegacións provinciais de Industria e Comercio de Pontevedra e Ourense poderán autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, as delegacións provinciais de Industria e Comercio de Pontevedra e Ourense inspeccionarán a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificarán o cumprimento dos compromisos contraídos por Eurovento, S.L. Unipersonal no seu plan eólico.

Quinta.-Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribir a mesma no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do Real decreto 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde. O parque conectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, no seu caso, a Dirección Xeral de Industria.

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución e na declaración de efectos ambientais do 27 de marzo de 2001, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no artigo 3.2º

do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia.

Sétima.-A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto esta autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independientemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria