Faise público para xeral coñecemento que o Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria celebrada o 13 de decembro de 2001, acordou prestar aprobación inicial ó expediente nº 54/2001.PMP de modificación puntual das NN.SS. de planeamento no ámbito do plan especial-3, promovido de oficio, o cal queda sometido a información pública por prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicacón do presente anuncio; durante este prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio de Urbanismo, e, se o consideran oportuno, presenta-las alegacións que coiden convenientes.
Para dar cumprimento ó disposto no artigo 34 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, queda suspendido o outorgamento de licencias de edificación, parcelación e demolición no ámbito territorial afectado pola aludida modificación puntual ata tanto non se produza a súa aprobación definitiva, sempre e cando estas non se axusten ó establecido nas vixentes NN.SS. e na modificación proposta.
Arteixo, 18 de decembro de 2001.
P.D. (Decreto 587/1999)
María Isabel Vila Vilas
Primeira tenente de alcalde

