A Comisión de Goberno, en sesión realizada o 28 de decembro de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Primeiro.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle de terreos destinados a praza pública na Avenida de Arteixo e antigo camiño de Nelle, promovido pola entidade Caixa Galicia.
Segundo.-Proceder á exposición pública do documento, anunciándose así no DOG e nos periódicos de maior circulación na provincia, para que no prazo dun mes poidan os interesados presenta-las alegacións oportunas.
O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións pertinentes durante o prazo dun mes con
tado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo, oficina de Planeamiento, sito na Avenida da Mariña, número 18, en horario laboral de 12 a 14 horas, de luns a venres.
Os gastos desta publicación serán por conta do seu promotor.
A Coruña, 2 de xaneiro de 2002.
O alcalde
P.D.
Rubricado

