O Concello Pleno de Ferrol, en sesión celebrada o vintecinco de outubro do ano en curso, aprobou definitivamente o estudio de detalle para a reordenación do volume no sector C.C.C. do Plan parcial remodelado do polígono de Caranza, sendo o teor do acordo o seguinte:
«Aprobado inicialmente o estudio de detalle para a reordenación do volume no sector C.C.C. do Plan parcial remodelado do polígono de Caranza polo decreto da Alcaldía-Presidencia do 14 de xuño de 2001, e sometido a información pública polo prazo dun mes no DOG nº 174, do 7 de setembro, no xornal La Voz de Galicia, do 23 de agosto de 2001 e no taboleiro de anuncios do concello no período do 18 de xuño ata o 8 de outubro de 2001, notificados os propietarios afectados, non se presentaron alegacións, segundo consta no informe do rexistro xeral de data 11 de outubro. Polas razóns expostas, a Comisión Informativa de Urbanismo, na sesión celebrada o 11 de outubro de 2001, por unanimidade acordou propoñer ó Pleno do Concello a adopción dos seguintes acordos: primeiro, aprobar definitivamente o estudio de detalle para a reordenación do volume no sector C.C.C. do Plan parcial remodelado do polígono de Caranza no ámbito do solo urbano. Segundo, proceder á súa publicación regulamentaria.».
O que se fai público para xeral coñecemento, podéndose interpor contra a mencionada aprobación recurso potestativo de reposición perante o órgano que dictou esta resolución dentro do prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación no DOG de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, sen prexuízo da posibilidade de interpor directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á publicación deste edicto no DOG e na forma pre
vista no artigo 45 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).
Ferrol, 12 de novembro de 2001.
Xaime Bello Costa
Alcalde

