1. Entidade adxudicadora: Concello de Monterroso.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: subministración de mobiliario e equipamento para un centro de educación infantil.
b) Lugar de entrega: no propio centro situado na vila de Monterroso.
c) Prazo de entrega: dous meses contados desde a notificación da adxudicación.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria, con tramitación anticipada do expediente de gasto que se imputa ó orzamento de 2002, ó abeiro e nas condicións que se establecen polo artigo 69.4º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación: 30.050,61 euros.
5. Garantías.
Provisional: 601,01 euros.
Definitiva: 4 por 100 do prezo de adxudicación.
6. Obtención de documentación e información.
Concello de Monterroso. Praza de Galicia, 1. Código postal: 27560 Monterroso (Lugo); teléfono: 983 37 70 01.
7. Requisitos específicos do contratista.
Clasificación: non se esixe.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: décimo quinto natural seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da última publicación.
b) Documentación que hai que presentar:
As proposicións presentaranse en dous sobres cerrados.
Sobre A, subtitulado Proposición económica, que deberá formularse conforme o modelo establecido
na cláusula 24ª do prego. Neste sobre incluirase ademais, necesariamente, a documentación que se establece na cláusula 10.I. a), b), c), d) e e) do prego.
Sobre B, subtitulado Personalidade xurídica, conterá a documentación á que se refire a cláusula 10.II do prego.
Lugar de presentación: Concello de Monterroso. Praza de Galicia, nº 1, 27560 Monterroso (Lugo).
O prazo en que o licitador estará obrigado a mante-la oferta: un mes desde que remate o prazo de presentación.
c) Admisión de variantes: admítese a formulación de variantes ou alternativas en relación ó equipamento e mobiliario previsto no prego de prescricións técnicas, nas condicións que se establecen na cláusula 10.2.I.
d) Criterios de adxudicación: o baremo que se vai aplicar é o establecido na cláusula 13ª do prego.
9. Apertura de plicas: no salón de sesións da Casa do Concello de Monterroso, ás doce horas do quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.
10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario tódolos gastos que por este motivo se devenguen.
Monterroso, 5 de decembro de 2001.
Antonio Edelmiro Gato Soengas
Alcalde-presidente

