Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Martes, 15 de xaneiro de 2002 Páx. 557

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise público para o coñecemento xeral a seguinte adxudicación de contrato de obra:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Vías.

c) Número de expediente: ref. 1397.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de obra.

b) Descrición do obxecto: poxa, mediante procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación do proxecto de ensanche de beirarrúas e renovación de pavimentos e servicios da rúa Samuel Eiján.

c) Lote: único.

d) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: DOG nº 150, do 3 de agosto e BOP nº 158, do 11 de xullo de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Adxudicación.

a) Data: 16 de novembro de 2001.

b) Contratista: Pozanca, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 18.194.387 pesetas (109.350,468 euros).

Ourense, 21 de novembro de 2001.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde