En cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise público para o coñecemento xeral a seguinte adxudicación:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Ourense.
b) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Vías.
c) Número de expediente: 809/2001.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: de obra.
b) Descrición do obxecto: concurso, mediante procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación da dirección facultativa das obras incluídas no proxecto básico e de execución de actuación integral na ribeira do río Miño ó seu paso polo concello de Ourense.
c) Lote: único.
d) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: DOG nº 173, do 6 de setembro e BOP nº 181, do 8 de agosto de 2001.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Adxudicación.
a) Data: 22 de novembro de 2001.
b) Contratista: Rafael Couce Eire e José Lago López.
c) Nacionalidade: española.
d) Importe de adxudicación: 6.820.800 pesetas (40.993,833 euros).
Ourense, 28 de novembro de 2001.
José Luis Rodríguez Cid
Alcalde en funcións

