Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Martes, 15 de xaneiro de 2002 Páx. 558

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise público para o coñecemento xeral a seguinte adxudicación de contrato de obra:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Vías.

c) Número de expediente: 515/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de obra.

b) Descrición do obxecto: poxa, mediante procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación do proxecto básico e de execución das edificacións dentro do proxecto de recuperación integral das marxes do río Miño en Ourense.

c) Lote: único.

d) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: DOG nº 173, do 6 de setembro e BOP nº 181, do 8 de agosto de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Adxudicación.

a) Data: 22 de novembro de 2001.

b) Contratista: Pozanca, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 157.406.449 pesetas (946.031,811 euros).

Ourense, 28 de novembro de 2001.

José Luis Rodríguez Cid

Alcalde en funcións