A Comisión de Goberno na sesión do día 19 de novembro de 2001 acordar aprobar definitivamente a delimitación da área de execución número 2 (AE-2) do Plan Especial de Reforma Interior de Vieiro, elixindo como sistema de actuación o de compensación.
Na mesma sesión a Comisión de Goberno aprobou definitivamente os estatutos e bases de actuación da xunta de compensación da área de execución número 2 (AE-2) do Plan Especial de Reforma Interior de Vieiro.
Contra estes acordos de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.
Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2001.
Luís Toxo Ramallo
Concelleiro delegado de Urbanismo

