Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Martes, 15 de xaneiro de 2002 Páx. 560

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto modificado de estatutos e bases de actuación da U.E. I-06 Rosalía de Castro 2 (expediente 4315/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 13 de decembro de 2001, adoptou entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto modificado de estatutos e bases de actuación da U.E. I-06 Rosalía de Castro-2 (expediente 4315/401), presentado no rexistro xeral (auxiliar de urbanismo) desta Corporación con data do 14-11-2001 pola Xunta de Compasación urbanizadora do ámbito, co texto aprobado na súa asemblea xeral extraordinaria celebrada o 29-10-2001 no que, en todo caso, deberá introducirse a corrección sinalada no informe-proposta transcrito na parte expositiva deste acordo, que afecta o apartado 5 da disposición adicional 2ª das bases de actuación.

Segundo.-Requirir formalmente á Xunta de Compensación da U.E. I-06 Rosalía de Castro-2 para que proceda a practicar tal corrección con carácter previo á publicación oficial do acordo e do proxecto modificado de estatutos e bases de actuación.

Terceiro.-Cumprido o anterior, somete-lo expediente a información pública polo prazo de vinte días mediante inserción de anuncio no DOG, publicar no BOP o texto corrixido de estatutos e bases de actuación e notificar individualmente este acordo ós interesados no procedemento.

Cuarto.-A construcción e explotación dos aparcamentos públicos previstos nesta unidade de execución serán obxecto de licitación polo Concello mediante concurso público».

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte ó da publicación do primeiro anuncio, ata transcorridos vinte días desde o día seguinte ó da publicación do derradeiro anuncio, para que presenten documentación ou alegación que coiden pertinente. O expediente está á disposición

do público en xeral na oficina de información Urbanística da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da Xerencia).

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 2 de xaneiro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo