Visto o texto da acta da comisión paritaria do convenio colectivo de comercio da pel de Ourense (código de convenio 3200135, publicado no BOP nº 138, do 18 de xuño de 2001), con entrada nesta delegación provincial o día 15 de outubro de 2001, pola que se acorda a adaptación a euros das cantidades que se reflicten nas táboas salariais vixentes
no convenio, subscrita con data 30 de setembro de 2001, polos integrantes da comisión paritaria do citado convenio.
Esta delegación provincial, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, e demais normas aplicables de dereito común,
ACORDA:
Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.
Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.
Terceiro.-Dispoñe- la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Ourense, 7 de novembro de 2001.
José Lage Lage
Delegado provincial de Ourense
Reunidas a comisión paritaria do convenio colectivo de comercio da pel, acorda a adaptación a euros das cantidades que se reflicten nas táboas salariais vixentes do convenio colectivo arriba indicado, quedando como segue:
Artigo 12º.-Axuda de estudios.
Axuda mensual de 3,46 euros para os fillos dos traballadores que cursen BUP ou ensinanzas medias e de 7,33 euros para estudios superiores. Aqueles traballadores que desde o ano 96 a veñan percibindo, seguirán facendo ata que desaparezca a causa co motiva, non xerándose a dita axuda para os que non a perciban ó atoparse xa incorporada ó salario.
Táboa salarial
Xefe de división 701,36 euros
Encargado xeral e xefe de compras 675,61 euros
Xefe de sucursal ou almacén 675,82 euros
Xefe de sección mercantil 650,25 euros
Encargado 637,48 euros
Vixiante 637,48 euros
Dependente maior 611,94 euros
Dependente 578,07 euros
Axudante 570,47 euros
Mozo 570,47 euros
Xefe administrativo 675,82 euros
Contable 638,14 euros
Oficial administrativo 611,94 euros
Auxiliar administrativo 570,47 euros
Auxiliar de caixa maior 578,08 euros
Auxiliar de caixa 441,79 euros
Escaparatista 668,16 euros
Persoal de limpeza salario/hora 4,01 euros
E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión asinando esta acta, estando de acordo tódolos asistentes.
En Ourense, 30 de setembro de 2001.

