Visto o texto da acta da comisión paritaria do convenio colectivo de transporte de mercadorías por estrada de Ourense (código de convenio 3200435, publicado no BOP nº 196, do 26 de agosto de 2001), con entrada nesta delegación provincial o día 15 de outubro de 2001, acordando a adaptación a euros das cantidades que se reflicten nas táboas salariais vixentes no convenio, subscrita con data do 28 de setembro de 2001, polos integrantes da comisión paritaria do citado convenio.
Esta delegación provincial, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, e demais normas aplicables de dereito común,
ACORDA:
Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.
Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.
Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Ourense, 7 de novembro de 2001.
José Lage Lage
Delegado provincial de Ourense
Reunidos a comisión paritaria do convenio colectivo de transportes de mercadorías por estrada, acordan a adaptación a euros das cantidades que se reflicten nas táboas salariais vixentes do convenio colectivo arriba indicado, que queda como segue:
Artigo 23º.-Axudas de custo.
As axudas de custo que se satisfarán ó persoal que se desprace desde a súa residencia por necesidades do servicio serán: 21,88 euros por día dentro de Galicia; 28,13 euros por día no resto de España e Portugal e 40,63 euros no resto de Europa.
ANEXO I
de actividade de transporte
Categoría Salario base Gratificación
Gratificación
Conductor 500,04 A/mes 62,51 A/mes 15,63 A/mes Mecánico 500,04 A/mes 62,51 A/mes 15,63 A/mes Conductor repartidor 468,79 A/mes 62,51 A/mes 15,63 A/mes Mozo de taller 441,79 A/mes 37,50 A/mes 15,63 A/mes Mozo de almacén 441,79 A/mes 37,50 A/mes 15,63 A/mes Administrativo 468,79 A/mes 37,50 A/mes 15,63 A/mes
E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión, asinando esta acta de acordo tódolos asistentes.
En Ourense, 28 de setembro de 2001.

