Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Frigoríficos de Galicia, S.A. Frigalsa, con nº de código 3600652, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 9-11-2001, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 25-10-2001. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995 do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial
ACORDA:
Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.
Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.
Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Vigo, 14 de novembro de 2001.
Antonio Coello Bufill
Delegado provincial de Pontevedra
Convenio colectivo de Frigoríficos de Galicia, S.A. Frigalsa 2001-2003
Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.
Este convenio regulará as condicións laborais e económicas da empresa Frigoríficos de Galicia, S.A. (Frigalsa), afectando a tódolos traballadores que actualmente prestan os seus servicios nela, así como aqueles que sexan admitidos posteriormente, coa aclaración indicada no artigo 4º.
Artigo 2º.-Vixencia e duración.
O presente convenio entrará en vigor o 1º de xaneiro de 2001 e rematará o 31 de decembro de 2003, sendo prorrogado se non existise denuncia expresa por algunha das partes, cun mes de antelación ó seu vencemento.
Artigo 3º.-Incremento salarial.
Para o ano 2001, a táboa salarial vixente durante o ano 2000 verase incrementada no IPC previsto polo Goberno ó confecciona-los orzamentos xerais do Estado para ese ano máis 0,5 puntos de mellora. Se este incremento fose superado polo IPC real sinalado polo INE, regularizaranse as táboas no que o IPC real supere o previsto, aboándose as diferencias con efecto retroactivo do 1 de xaneiro de 2001.
Para o ano 2002, a táboa salarial vixente durante o ano 2001 verase incrementada no IPC previsto polo Goberno ó confecciona-los orzamentos xerais do Estado para ese ano máis 1 punto de mellora. Se este incremento fose superado polo IPC real sinalado polo INE, regularizaranse as táboas no que o IPC real supere o previsto, aboándose as diferencias con efecto retroactivo do 1 de xaneiro de 2002.
Para o ano 2003, a táboa salarial vixente durante o ano 2002 verase incrementada no IPC previsto polo Goberno ó confecciona-los orzamentos xerais do Estado para ese ano máis 1 punto de mellora. Se este incremento fose superado polo IPC real sinalado polo INE, regularizaranse as táboas no que o IPC real supere o previsto, aboándose as diferencias con efecto retroactivo do 1 de xaneiro de 2003.
Artigo 4º.-Condicións absorbibles.
Terán carácter de absorbibles e compensables en cómputo anual coas condicións aquí establecidas, as melloras económicas e sociais que por calquera disposición e durante a vixencia deste convenio, puideran establecerse.
Artigo 5º.-Xornada de traballo.
A xornada efectiva de traballo, para todo o persoal da empresa, será de 1.800 horas anuais, distribuídas de luns a venres en xornada partida, de 8 a 13 e de 15 a 18 horas, a excepción do novo persoal que poida contratarse a partir do 1º de xaneiro de 1987, cun horario que se convirá entre a empresa e o novo traballador. A xornada semanal tipo será de 40 horas ou aquela que se acorde nos traballos por quenda.
Artigo 6º.-Vacacións.
O descanso anual retribuído será de 30 días naturais, entre os que, polo menos, 22 serán laborables, entendendo como tales para estes efectos os que non sexan sábados; domingos nin festivos. O seu uso realizarase, preferentemente, no período estival e segundo as necesidades do traballo na empresa, efectuándose dentro do persoal unha quenda rotativa en canto á prioridade de solicita-la época do seu uso.
A empresa publicará o cadro de vacacións de todo o persoal no mes de febreiro de cada ano e entregará unha copia ó comité de empresa. A retribución do período de vacacións consistirá na totalidade do soldo percibido no mes anterior a excepción das horas extras e o complemento de transporte.
Artigo 7º.-Licencias.
A empresa concederalles obrigatoriamente licencia ós traballadores que o soliciten e o xustifiquen debidamente, sen perda nin prexuízo na retribución nos seguintes casos:
a) Matrimonio, quince días.
b) Nacemento de fillos ou enfermidade grave do cónxuxe; pais ou fillos, dous días, todo isto ampliable a tres días máis se se xustifica debidamente a súa necesidade e sen retribución.
c) Falecemento de cónxuxe, pais, fillos e irmáns (consanguíneos ou políticos), tres días; dos demais parentes, un día.
d) Por traslado de domicilio habitual, dous días.
e) Matrimonio de fillos ou irmáns, un día.
f) Un día ó ano para asuntos propios. Neste caso, o traballador deberá comunicalo á empresa cunha antelación dunha semana. Non poderá solicitarse un día libre para asuntos propios que coincida cunha ponte, o seu día anterior ou posterior, en época de campaña, con pedidos extraordinarios ou co solicitado por outros compañeiros da mesma unidade de traballo. Esta licencia empezará a rexer a partir do 1 de xaneiro de 2002, debendo renegociarse o seu mantemento en vigor no suposto de reducción legal da xornada de traballo.
g) 8 horas anuais para asistencia ó medico. Deberán acreditarse mediante xustificante. Esta licencia terá efecto a partir do 1 de xaneiro de 2002.
h) A empresa concederalles permisos non retribuídos ós traballadores que o soliciten, polo menos
con tres días de antelación, e sempre que as esixencias do servicio así o permitan, estea suficientemente xustificado, e poidan ser debidamente substituídos, establecéndose un máximo de cinco días laborables; non poderán coincidir máis de dous traballadores no mesmo período.
Artigo 8º.-Antigüidade.
Pagarase por cuadrienios, de acordo cos importes correspondentes a cada categoría segundo se indica na táboa salarial anexa.
Artigo 9º.-Vestiario.
A reposición do vestiario do persoal será anual e efectuarase no mes de setembro de cada ano.
En canto ó persoal fixo-descontinuo, entregarase a roupa de traballo cada vez que realice o total de xornadas correspondentes ó ano de traballo (225 xornais).
Artigo 10º.-Pagas extraordinarias.
As pagas extraordinarias serán tres no ano da contía, cada unha, de 30 días do salario real máis antigüidade e devengarase no 15 de marzo; 15 de xullo e o 15 de decembro de cada ano.
Artigo 11º.-Complemento de transporte e distancia.
Establécese un complemento de transporte e distancia na contía total de 204 pesetas (1,23 euros) por un día efectivo de traballo.
Artigo 12º.-Complemento prestacional.
A empresa complementará ata un cento por cento a prestación correspondente á Seguridade Social, nos supostos de incapacidade temporal derivada da continxencia de accidente de traballo e enfermidade profesional.
Así mesmo, a empresa complementará ata un cento por cento a prestación correspondente á Seguridade Social a aqueles traballadores que sufran unha intervención cirúrxica e o acrediten debidamente.
Artigo 13º.-Horas extraordinarias.
Ante a grave situación de paro existente e co obxecto de facilita-lo emprego, quedan suprimidas as horas extraordinarias habituais.
Exceptúase da norma anterior:
a) As horas extraordinarias esixidas pola reparación de sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes, así como os casos de risco de perda de materias primas e terminación de tarefas de carga e descarga de productos perecedoiros; neste caso, igualmente por causa extraordinaria non habitual, cun tope máximo dunha hora diaria, será de obrigada realización.
b) As horas extraordinarias que teñan causa en pedidos ou períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quendas e outras circuns
tancias de carácter estructural derivadas da natureza perecedoira das materias que se tratan, así como a subministración de xeo ós barcos pesqueiros, manteranse sempre que non caiba a utilización das distintas modalidades de contratación temporal ou parcial previstos nas disposicións xerais.
A dirección da empresa informará mensualmente o comité de empresa ou os delegados de persoal sobre o número de horas extraordinarias realizadas, especificando as causas e, se é o caso, a distribución por seccións. Así mesmo, en función desta información e dos criterios anteriormente sinalados, a empresa e os representantes dos traballadores determinarán o carácter e natureza das horas extraordinarias.
En aclaración do concepto de hora estructural que contén o A.I., serán consideradas como tales: as esixidas para a reparación de sinistros ou outros danos extraordinarios; as necesarias ante un risco de perda de materias primas e terminación de tarefas de carga e descarga de productos perecedoiros; e as necesarias para atender períodos punta de producción.
Artigo 14º.-Valor das horas extraordinarias.
O valor de cada hora extraordinaria será de 1.388 pesetas (8,34 euros), excepto as traballadas en sábados e festivos, que será de 2.547 pesetas (15,31 euros). A partir das 22 horas, as horas extraordinarias terán un valor de 3.185 pesetas (19,14 euros), nos sábados e festivos, e de 1.735 pesetas (10,43 euros), nos restantes días.
Artigo 15º.-Revisión médica.
A empresa porá á disposición de todo o persoal unha revisión médica anual.
Artigo 16º.-Descanso de bocadillo.
Todo o persoal terá dereito a un descanso retribuído de 10 minutos, comprendidos entre as 10 e as 11 horas de cada día, sendo este descanso distribuído polos encargados das seccións correspondentes.
Artigo 17º.-Comisión paritaria.
A comisión paritaria está formada, en canto á empresa, por Teófilo Ceniceros Gallego; Adolfo Viéitez Davila e Jacinto Salvador Fernández, e por parte dos traballadores, por José Fernández González, Luciano Villar Rodríguez e Juan Carlos Sobrido Valverde.
Artigo 18º
Asinan o presente convenio, por parte da empresa, Teófilo Ceniceros Gallego (director xeral); Jacinto Salvador Fernández (director administrativo); Adolfo Viéitez Davila (director de planta) e Esperanza Riobó Ibáñez (administrativa). Como asesores da empresa, Manuel Blázquez Pallarés e Míriam Blázquez Astor
ga. E, por parte dos traballadores, os membros do comité de empresa, José Fernández González; Luciano Villar Rodríguez; Jesús Sanmartín Torres; Juan Carlos Sobrido Valverde e José Manuel Campelos López. Como asesores dos traballadores, Xosé Fernández Piñeiro e Miguel Carballido Álvarez.
Vigo, outubro de 2001.
Pola empresa:
Teófilo Ceniceros Gallego (director xeral).
Jacinto Salvador Fernández (director administrativo).
Adolfo Viéitez Davila (director de planta).
Esperanza Riobó Ibañez (administrativa).
Como asesores:
Manuel Blázquez Pallarés.
Míriam Blázquez Astorga.
Polos traballadores:
José Fernández González.
Luciano Villar Rodríguez.
Jesús Sanmartín Torres.
Juan C. Sobrido Valverde.
José M. Campelos López.
Como asesores:
Xosé Fernández Piñeiro.
Miguel Carballido Álvarez.
ANEXO
Convenio 2001-Táboa salarial en pesetas
convenio ou nocturno voluntaria
Categoría Soldo base Complemento
Tox. penoso
Gratif.
Total mes Cuadrienio
Director administrativo 131.584 44.036 - 104.853 280.473 7.505
Xefe sección 111.755 41.351 - 78.633 231.739 6.371
Oficial 1ª administrativo 111.755 40.302 - 65.537 217.594 6.371
Oficial 2ª administrativo 105.588 35.059 - 38.211 178.858 6.021
Oficial 3ª administrativo 99.330 32.979 - 35.950 168.259 5.648
Auxiliar admtvo. nivel 1 92.612 32.439 - 37.155 162.206 5.265
Auxiliar admtvo. nivel 2 66.531 22.088 - 24.079 112.698 3.782
Auxiliar admtvo. nivel 3 62.964 20.906 - 22.788 106.658 3.579
Telefonista 59.403 19.723 - 21.498 100.624 3.402
Aprendiz admtvo. 58.213 19.329 - 21.068 98.610 3.309
Mozo dos recados/ordenanza 57.025 18.935 - 20.638 96.598 3.242
Xefe de sección 111.755 41.351 - 78.633 231.739 6.371
Oficial 1ª 104.348 31.449 20.868 28.761 185.426 5.934
Oficial 2ª 102.807 28.192 20.560 29.116 180.675 5.846
Oficial 3ª 95.370 28.740 19.074 26.290 169.474 5.423
Peón especialista 92.610 27.907 18.522 25.524 164.563 5.280
Axudante 98.795 29.291 19.759 14.452 162.297 5.616
Peón estibador 85.835 15.984 17.166 - 118.985 4.880
Peón 74.213 13.827 14.844 - 102.884 4.219
Xefe de sección 111.755 41.351 - 78.633 231.739 6.371
Maquinista 108.455 32.440 21.693 28.939 191.527 6.166
Oficial 1ª maquinista 107.540 31.350 21.509 25.516 185.915 6.113
Oficial 2ª maquinista 102.807 28.192 20.560 29.116 180.675 5.846
Axudante máquinas N-1 98.793 28.312 19.759 21.529 168.393 5.615
Axudante máquinas N-2 98.793 28.312 19.759 15.439 162.303 5.615
Axudante máquinas N-3 70.802 20.286 14.159 15.429 120.676 4.026
Axudante máquinas N-4 58.996 16.907 11.799 12.858 100.560 3.355
Vixilante N-1 90.074 22.743 9.008 19.037 140.862 5.122
Vixilante N-2 71.365 18.010 7.136 15.091 111.602 4.057
Muller limpeza N-1 88.758 23.197 - 26.482 138.437 5.046
Muller limpeza N-2 65.073 17.003 - 19.412 101.488 3.699
Convenio 2001-Táboa salarial en euros
convenio ou nocturno voluntaria
Categoría Soldo base Complemento
Tox. penoso
Gratif.
Total mes Cuadrienio
Director administrativo 790,84 264,66 - 630,18 1.685,68 45,11
Xefe sección 671,66 248,52 - 472,59 1.392,77 38,29
Oficial 1ª administrativo 671,66 242,22 - 393,89 1.307,77 38,29
Oficial 2ª administrativo 634,60 210,71 - 229,65 1.074,96 36,19
Oficial 3ª administrativo 596,99 198,21 - 216,06 1.011,26 33,95
Auxiliar admtvo. nivel 1 556,61 194,96 - 223,31 974,88 31,64
Auxiliar admtvo. nivel 2 399,86 132,75 - 144,72 677,33 22,73
Auxiliar admtvo. nivel 3 378,42 125,65 - 136,96 641,03 21,51
Telefonista 357,02 118,54 - 129,21 604,77 20,45
Aprendiz admtvo. 349,87 116,17 - 126,62 592,67 19,89
Mozo dos recados/ordenanza 342,73 113,80 - 124,04 580,57 19,48
convenio ou nocturno voluntaria
Categoría Soldo base Complemento
Tox. penoso
Gratif.
Total mes Cuadrienio
Xefe de sección 671,66 248,52 - 472,59 1.392,77 38,29
Oficial 1ª 627,14 189,01 125,42 172,86 1.114,43 35,66
Oficial 2ª 617,88 169,44 123,57 174,99 1.085,88 35,14
Oficial 3ª 573,19 172,73 114,64 158,01 1.018,57 32,59
Peón especialista 556,60 167,72 111,32 153,40 989,04 31,73
Axudante 593,77 176,04 118,75 86,86 975,42 33,75
Peón estibador 515,88 96,07 103,17 - 715,12 29,33
Peón 446,03 83,10 89,21 - 618,34 25,36
Xefe de sección 671,66 248,52 - 472,59 1.392,77 38,29
Maquinista 651,83 194,97 130,38 173,93 1.151,11 37,06
Oficial 1ª maquinista 646,33 188,42 129,27 153,35 1.117,37 36,74
Oficial 2ª maquinista 617,88 169,44 123,57 174,99 1.085,88 35,14
Axudante máquinas N-1 593,76 170,16 118,75 129,39 1.012,06 33,75
Axudante máquinas N-2 593,76 170,16 118,75 92,79 975,46 33,75
Axudante máquinas N-3 425,53 121,92 85,10 92,73 725,28 24,20
Axudante máquinas N-4 354,57 101,61 70,91 77,28 604,37 20,16
Vixilante N-1 541,36 136,69 54,14 114,41 846,60 30,78
Vixilante N-2 428,91 108,24 42,89 90,70 670,74 24,38
Muller limpeza N-1 533,45 139,42 - 159,16 832,03 30,33
Muller limpeza N-2 391,10 102,19 - 116,67 609,96 22,23

