Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 31 de xaneiro de 2002 Páx. 1.145

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN conxunta do 10 de decembro de 2001, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e do Instituto Galego de Consumo, pola que se publica a selección de premios ás mellores memorias dos proxectos de educación do consumidor na escola, desenvolvidos dentro do marco da Rede Europea de Educación do Consumidor, e para a selección de novos proxectos presentados por centros educativos de niveis non universitarios, que desexen incorporarse á citada rede.

Por Resolución do 17 de xullo de 2001 (DOG nº 179, do 14 de setembro), a Consellería da Presidencia e Administración Pública convocou concurso

para premia-las mellores memorias dos proxectos de educación do consumidor na escola, desenvolvidos dentro do marco da Rede Europea de Educación do Consumidor, e para a selección de novos proxectos presentados por centros educativos de niveis non universitarios, que desexen incorporarse á citada rede. Vista a proposta do xurado, relativa á selección dos traballos presentados nos dous epígrafes, efectuada segundo a base sexta da convocatoria, cómpre a súa publicación de conformidade co establecido na base sétima. Na súa virtude,

RESOLVEMOS:

Facer pública a selección dos premios ás memorias dos proxectos desenvolvidos dentro do marco da Rede Europea de Educación do Consumidor; e a selección dos novos proxectos que vinculan estes centros á antedita rede, de conformidade coa Resolución do 17 de xullo de 2001, que se relacionan no anexo desta orde.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2001.

Víctor Tello CalvoMª del Pilar del Mar Pérez Marsó

Presidente do InstitutoDirectora xeral de Ordenación

Galego de ConsumoEducativa e de Formación Profesional

ANEXO

Premios ás memorias presentadas polos centros:

1. CEIP Emilia Pardo Bazán.

Localidade: A Coruña.

Coordinadora: Mª Luz Agra Pardiñas.

2. IES Porta da Auga.

Localidade: Ribadeo (Lugo).

Coordinador: Antonio Gregorio Montes.

3. CEIP Santo Estevo.

Localidade: Parga (Lugo).

Coordinadora: Mª Victoria Esteban Riesco.

4. CEIP San Clodio.

Localidade: Ribas do Sil (Lugo).

Coordinador: Manuel Cao Rodríguez.

5. CEIP Irmáns Villar.

Localidade: Ourense.

Coordinadora: Emilia T. Fraga González.

6. CEIP As Lagoas-3.

Localidade: Ourense.

Coordinadora: Mª Elisa Vidal López.

7. CEIP Froebel.

Localidade: Pontevedra.

Coordinadora: Mª Teresa Couto Nogueira.

8. CEIP Enrique Barreiro Piñeiro.

Localidade: Cambados (Pontevedra).

Coordinadora: Eulalia Planas Bacariza.

9. CEIP Lourido.

Localidade: Poio (Pontevedra).

Coordinador: Manuel Fontán Teso.

10. C.E.P. Chancelas.

Localidade: Poio (Pontevedra).

Coordinadora: Ana Mª López Marras.

11. CEIP Ardán.

Localidade: Marín (Pontevedra).

Coordinador: Jesús Portas Ferro.

12. C.P.I. Celso Emilio Ferreiro.

Localidad: Vigo (Pontevedra).

Coordinador: Enrique Moreno Molinero.

13. IES Mugardos.

Localidade: Mugardos (A Coruña).

Coordinadora: Covadonga Rodríguez-Moldes Rey.

14. IES A Sangriña.

Localidade: A Guarda (Pontevedra).

Coordinador: Jorge A. de Prada de Prado.

15. CEIP Santa Rita.

Localidade: Galdo-Viveiro (Lugo).

Coordinador: José Rodríguez Costa.

16. CEIP Santa María do Castro.

Localidade: Boiro (A Coruña).

Coordinador: Vicente Barreiro Mesa.

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO