Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 31 de xaneiro de 2002 Páx. 1.147

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EMIGRACIÓN E COOPERACIÓN EXTERIOR

ORDE do 29 de xaneiro de 2002 pola que se establecen e regulan programas de actuacións, axudas e subvencións a favor dos galegos residentes no exterior, para o exercicio de 2002.

O feito incomparable e histórico da presencia asociativa de Galicia nos distintos países do mundo ten, no presente período constitucional do noso país, un pioneiro recoñecemento no vixente Estatuto de autonomía de Galicia, que no seu artigo 7, establece o dereito das comunidades galegas asentadas fóra de Galicia a colaboraren e compartiren a vida social e cultural do pobo galego.

A Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade evoca o espíritu asociativo e solidadario dos galegos que os leva a constituíren fóra de Galicia auténticas comunidades que serven de vínculo de unión e comuñón coa terra galega. A comunidade galega está presente, non só na súa terra senón tamén na Galicia da emigración, conformando así unha Galicia universal.

A importante achega das nosas comunidades, froito da súa destacada presencia no exterior que abrangue as máis diversas áreas da actuación asociativa nos eidos asistencial, sanitario, de formación, recreativo e cultural, continúa a ser imprescindible para a cohesión dos galegos no exterior e para a súa efectiva participación na vida social e cultural de Galicia.

Nos últimos anos as comunidades galegas no exterior fortalecen a vitalidade dos centros prestixiando as súas actividades, achegando tamén unha definida vocación de participar integradamente na sociedade do seu contorno.

A auténtica vivencia dunha idea universal de galeguidade xerou novos estilos de colaboración entre as nosas comunidades e destas coa Galicia territorial, redundando nunha máis significativa proxección de Galicia.

Na crecente relevancia das accións da nosa comunidade no exterior incide de xeito importante a aplicación de programas específicos de actuación desenvolvidos pola Xunta de Galicia a favor das comunidades galegas, deseñados en sintonía coas demandas e inquietudes fornecidas polo Consello de Comunidades Galegas como órgano representativo delas.

Para unha xeral implicación de todos en empeños comúns, precísase unha planificación de accións axustada ás necesidadas humanas e asociativas, que contemple os obxectivos xerais seguintes:

-Garanti-lo benestar social e a calidade de vida de tódolos galegos, alí onde se atopen, especialmente os residentes en países en situación de crise.

-Promover unha máis intensa e eficaz vinculación entre tódalas comunidades galegas e destas con Galicia, superando así as distancias reais e facilitando a unión de todos na vivencia da nosa identidade común.

-Fortalece-la nosa actual presencia no exterior para acadar aínda un maior prestixio dos galegos e unha máis expresiva proxección de Galicia que facilite un coñecemento mellor da nosa realidade cultural, empresarial e económica, e das capacidades tan características dos nosos homes e institucións.

-Propicia-la maior promoción das accións dirixidas ós mozos descendentes de galegos, particularmente dos programas formativos, tanto de carácter ocupacional como empresarial, así como das accións culturais, artísticas, deportivas e asociativas, xa que estas favorecen a súa integración progresiva na vida das nosas comunidades e contribúen á renovación

e continuidade dos nosos centros, asegurando unha opción de futuro.

-Perfecciona-los sistemas que posibilitan unha comunicación máis fluída e rápida, adecuada ó momento, entre as propias comunidades, e destas coa Galicia territorial e as súas institucións.

-A renovación por último, dun comprometido empeño a favor da Galicia exterior, cunha vontade decidida de diálogo e servicio, que axude ó fortalecemento desa unidade universal dos galegos, cunha clara proxección de futuro para todos con independencia do seu lugar de nacemento, de residencia, de formación, traballo ou convivencia.

Desde o respecto á equidade na asignación dos recursos e cobertura das necesidades, é preciso proseguir nunha liña de accións que atenda ás particularidades e dea resposta ás novas situacións de necesidade que poidan afecta-los galegos residentes no exterior.

De conformidade cos criterios expostos e contrastada a adecuación dos procedementos de xestión utilizados para a realización dos distintos programas, sinalámo-las liñas xerais de diversas accións propostas, que son os seguintes:

Accións asistenciais e sociais: a pluralidade de situacións no eido asistencial que se presentan en distintos países e comunidades que contan con abuntante continxente de galegos de maior idade, esixe medidas para casos concretos e determina unha programación que deberá coidar detalladamente este tipo de cobertura e a súa aplicación.

Así, na debida solidariedade cos galegos da diáspora, tanto se considerará a condición persoal, infortunio ou incapacidade, mingua aguda do poder adquisitivo, como aquelas precariedades que procedan do aveciñamento en países con manifestas crises económicas e que repercuten de distintas maneiras sobre os colectivos de galegos.

Non se pode omiti-la continuidade desa colaboración establecida coas nosas institucións galegas no exterior, que tan importante papel desempeñan na asistencia social, principalmente en aspectos sanitarios para os máis necesitados. Será preciso, así mesmo, un incremento na atención a estes colectivos de galegos de maior idade que en situacións de profunda crise non dispoñen de medios para garanti-la súa cobertura asistencial e o pagamento dos servicios básicos para a súa subsistencia, para o que se amplían as axudas asistenciais de carácter individual no número e na contía, permitíndose unha mellor modulación da axuda en casos de situacións derivadas de países en crise.

A experiencia lévanos ó aprecio de determinadas accións dirixidas ás persoas de maior idade, destacando o encadeamento de estímulos emocionais xerado nas sucesivas edicións do programa Reencontros como fórmula oportuna para o estreitamento dos lazos persoais e familiares e a recuperación física e sentimental do enlazamento coa terra por aqueles

cos que temos un maior deber de solidariedade, por todo canto fixeron por Galicia con anterioridade. A este deber de solidariedade cos nosos maiores que máis o necesitan responde o establecemento doutros programas e accións que terán cabida nas convocatorias de axudas que impulsará a Consellería de Emigración e Cooperación Exterior no presente ano de 2002.

Accións formativas: un obxectivo xeral segue sendo o que inspira o conxunto de accións dirixidas a capacitar, formar ou perfeccionar profesionalmente os galegos e os seus descendentes con residencia fóra de Galicia.

Os mozos son os que se benefician preferentemente destas accións, cunha visión de proxección cara ó futuro. Toda a formación impartida nos centros favorece a integración dos xoves neles e nas restantes actividades que desenvolven. De aí que calquera iniciativa das entidades e asociacións encamiñada a unha actividade formativa xuvenil e infantil sexa merecedora de impulso e apoio, por canto é ventaxosa para aqueles a quen vai dirixida e para a vitalidade do propio centro que a realiza.

Intensifícase a atención a aqueles programas que teñen por obxectivo a mellora da formación empresarial e preferentemente ocupacional, ben por axudas directas ó estudio ou pola participación nos cursos específicos que se organizan a través dos distintos centros e, noutros casos, a través de entidades ou institucións no exterior, sendo obxecto de especial atención as accións formativas que permitan a capacitación e integración na tarea directiva ou xerencial dos mais novos nas súas propias entidades.

Prográmanse cursos de información, estudio e perfeccionamento de materias relacionadas coa cultura galega, tales como a xeografía, a historia, a literatura, as artes, así como aqueles que teñen por contido a aprendizaxe e práctica da lingua galega. Con todos eles, preténdese dar resposta fructífera á incesante demanda que desde as distintas comunidades chega ata nos.

Cómpre destaca-la actualidade do programa de bolsas de estudio para xoves descendentes de galegos, residentes no exterior, que desexan cursa-los seus estudios superiores nas universidades de Galicia, incorporándose á súa terra de xeito enriquecedor.

Accións culturais: tenta manter vivas as formas e tradicións culturais de Galicia, a súa potenciación e a proxección dunha expresividade propia.

Moitas actividades de natureza cultural son organizadas directamente polos centros, ben para cada un deles ou ben abertas á participación cos demais; todas elas deben recibi-lo apoio da consellería.

No seo destas comunidades nacen e crecen a cotío grupos artísticos e culturais con contribucións de calidade á nosa música, danza, cultura e deporte. Na súa existencia e actividade están afirmando publicamente unha identidade galega profusamente

difundida polo mundo mediante o uso dos símbolos e sinais propios de Galicia.

En xeral establécense distintas acción encamiñadas a facer efectivo o dereito das comunidades galegas a participaren na vida cultural de Galicia, impulsando a difusión das súas actividades e das que se programan desde aquí para elas.

Accións xuvenís: As actuacións que propician a extensión do principio de galeguidade entre as novas xeracións da Galicia exterior e a incorporación dos máis novos ás funcións directivas teñen especial importancia como instrumento necesario para o futuro, para a propia pervivencia da presencia da nosa obra asociativa no exterior.

Esta valoración merecen as actividades campamentais en Galicia e intercambios xuvenís que facilitan o contacto directo entre descendentes de galegos de distintas procedencias coa terra dos seus devanceiros, achegándose ás súas inquedanzas gracias ó coñecemento directo e persoal dunha Galicia tradicional e actual, que hoxe lles resulta do maior interese.

Os programas de natureza formativa afondan no camiño citado polo que estamos obrigados a dar respostas positivas que aseguren a máis ampla participación e integración da xuventude na vida asociativa das nosas comunidades.

Os cursos de animación xuvenil, con tódalas técnicas de dinamización colectiva que proporcionan, a mesma promoción do deporte e das afeccións artísticas, son medios valiosos para a relación entre os mesmos xoves e instrumentos que favorecen a súa incorporación ás colectividades e, por tanto, na previsión dos programas a desenvolver, forman un importante capítulo.

No presente ano, debemos axusta-la planificación xeral ós medios orzamentarios dispoñibles e polo tanto, por razóns de axilidade, proceder a unha primeira convocatoria cos programas citados, á que seguirán outras con cargo ó orzamento definitivo que contemplarán novas medidas asistenciais ós galegos residentes no exterior e ós retornados, e de apoio infraestructural ás nosas comunidades, procurando a integración e salvagarda da nosa presencia e do patrimonio da Galicia exterior.

Por todo isto e desde os principios e obxectivos expostos, esta consellería

DISPÓN:

Accións asistenciais e sociais

Programa 1. Axudas asistenciais individuais

Artigo 1º.-Obxecto e características.

1. A finalidade deste programa é a concesión de prestacións económicas directas, individuais, extraordinarias e non periódicas, de carácter social, dirixidas ós galegos residentes no estranxeiro que, non estando en idade de xubilación por ancianidade,

sexan inválidos ou enfermos por motivo de enfermidade permanente, imposibilitados para desenvolveren calquera tipo de actividade laboral, así como aqueles que se atopen en situacións de infortunio familiar, entendendo por tal feitos graves de carácter excepcional sucedidos no seo da unidade familiar. Tamén poderán ser beneficiarios deste programa aquelas persoas en situación de precariedade pertencentes a colectividades galegas de países inmersos en profundas crises económicas. Están destinadas a cubri-las necesidades básicas de subsistencia como manutención, aloxamento e asistencia sanitaria, no primeiro caso, e a resolve-la continxencia familiar nos outros casos.

2. Estas axudas teñen como obxectivo atender aqueles casos de especial gravidade, de acordo co contido do parágrafo primeiro, non comprendidos no ámbito de actuación do Decreto 728/1993, do 14 de maio, do Ministerio de Traballo e Seguridade Social polo que se establecen as pensións asistenciais por ancianidade.

3. Estas axudas destinaranse ós países iberoamericanos, debido á súa situación actual e da nosa comunidade alí residente, aínda que puideran ser atendidos os casos de especial e de grave necesidade sen distinción en canto ó lugar de residencia sempre que esta sexa no estranxeiro.

Artigo 2º.-Solicitantes.

Poden ser solicitantes destas axudas tódolos emigrantes naturais de Galicia que, residindo nos seus domicilios privados, non teñan ingresos superiores ó importe da pensión non contributiva vixente en España no momento da publicación desta orde.

Os solicitantes terán que cumprir, en cada caso, os seguintes requisitos:

a) Seren naturais de Galicia.

b) Teren o seu lugar de residencia nos países iberoamericanos ou, nos casos de especial gravidade en calquera lugar no estranxeiro.

c) Careceren de bens e ingresos que non permitan o nivel mínimo de subsistencia, computándose todo tipo de rendas incluso as axudas, públicas ou privadas, de natureza semellante a esta sempre que non cubran as súas necesidades básicas.

d) Residiren en domicilios particulares e non pertenceren a organizacións, comunidades, institucións que polas súas regras ou estatutos estean obrigados a prestarlles asistencia, nin residiren ou estaren internados en centros hospitalarios ou residencias de anciáns, caso no que podería estar incluído e amparado polo programa 2 desta mesma orde.

Ademais, en cada caso, terán que cumpri-los seguintes requisitos:

1. Axudas por invalidez ou enfermidade permanente.

e) Ter menos de sesenta e cinco anos de idade. No caso de ser menor de idade ou estar incapacitado presentará a solicitude o seu pai ou titor.

f) Encontrarse nunha situación de invalidez ou enfermidade permanente que o incapacite para desenvolver calquera tipo de actividade laboral.

2. Axudas en casos extraordinarios de urxente necesidade.

g) Seren cabezas de familia na que sucedera un infortunio familiar, entendéndose por tal feitos graves de carácter excepcional sucedidos no seo da unidade familiar.

3. Axudas en casos de precariedade en países en crise económica.

h) Pertencer á colectividade galega de países inmersos en profundas crises económicas.

i) Ser maior de sesenta e cinco anos de idade.

Artigo 3º.-Contía da axuda.

1. Para as accións previstas no punto 1 do artigo 2º a contía da axuda será por un importe total de trescentos euros.

2. Nos supostos previstos nos puntos 2 e 3 do mencionado artigo, a contía da axuda será fixada en función da gravidade xustificada da situación, do número de solicitudes e das dispoñibilidades orzamentarias.

Artigo 4º.-Natureza das axudas.

As axudas teñen carácter persoal e intransferible.

As axudas non orixinan ningún dereito subxectivo para os beneficiarios e estarán, en todo caso, condicionadas ás dispoñibilidades orzamentarias do exercicio, previstas para esta finalidade.

Artigo 5º.-Documentación.

A documentación deberá estar integrada por:

a) A solicitude segundo modelo normalizado do anexo I da presente orde.

b) Documento no que consten os seus ingresos económicos ou, en caso de imposibilidade de presentalo, poderá constituír documentación suficiente unha declaración xurada responsable.

c) Documento xustificativo da súa condición de galego e dos seus datos persoais.

d) No caso de incapacidade permanente para desenvolver actividades laborais, certificado médico, segundo o modelo normalizado do anexo 1, realizado polos servicios médicos dunha sociedade galega ou española que preste servicios na área de saúde. Cando o certificado médico anterior non poida ser expedido pola sociedade galega ou española aludida, poderá admitirse como válido un certificado médico expedido por calquera centro de saúde pública oficial (centros médicos nacionais, provinciais ou municipais) do país de residencia, referendado pola dirección médica das ditas sociedades galegas ou españolas. Nas axudas extraordinarias en caso de urxente necesidade, os xustificantes que poidan servir como comprobantes das condicións imprescindibles establecidas no punto 2 do artigo 2º deste

programa e, se é o caso, informe do centro galego correspondente á zona de residencia do interesado.

e) Outros documentos xustificativos do estado de necesidade.

Artigo 6º.-Prazo e lugar de presentación.

As solicitudes correspondentes ós puntos 1 e 3 do artigo 2º presentaranse, xunto co resto da documentación, nas entidades galegas dos países de destino da convocatoria que teñan recoñecida a galeguidade ou que estean consideradas como colaboradoras, finalizando o prazo de presentación de solicitudes o día 31 de marzo de 2002.

As solicitudes correspondentes ó punto 2 do artigo 2º presentaranse na Consellería de Emigración e Cooperación Exterior (Basquiños, 2. 15704 Santiago de Compostela, A Coruña) na época do ano na que se produza a continxencia xunto cun informe do centro, quedando condicionada a súa concesión á existencia de crédito na partida orzamentaria correspondente.

Artigo 7º.-Tramitación e resolución.

1. As entidades galegas receptoras da documentación realizarán unha revisión técnica das solicitudes e, unha vez comprobado que está completa e correcta, enviarana, para unha maior simplificación do trámite e eficacia, ó día seguinte do remate do prazo, ós centros coordinadores seguintes:

* En Arxentina:

-Centro Gallego de Bos Aires

-Oficina Delegada da Consellería de Emigración e Cooperación Exterior.

* En Brasil:

-Peña Galega da Casa de España do Rio de Janeiro/Hospital de Beneficencia.

-Real Sociedad Española de Beneficiencia de Salvador-Bahía.

* En Cuba:

-Oficina administradora de comunidades galegas, Centro Gallego da Habana.

-Agrupación Artística Gallega da Habana.

* En Uruguai:

-Casa de Galicia de Montevideo.

-En Venezuela:

Hermandad Gallega de Caracas.

2. Os centros coordinadores, designados no punto anterior, efectuarán unha segunda revisión, realizando o exame técnico das solicitudes e informarán periodicamente, en todo caso, os días 1 de marzo e 5 de abril, a Consellería de Emigración e Cooperación Exterior do número de solicitudes correctas recibidas de cada un dos centros correspondentes á súa área xeográfica.

3. En cada un destes países a Consellería de Emigración e Cooperación Exterior poderá constituír unha comisión, para a que nomeará un representante na persoa dun funcionario e na que estarán, así mesmo, representados os centros receptores das solicitudes en función do número de solicitudes presentadas e o seu peso específico dentro da colectividade galega. Así mesmo poderá asistir un representante do consello de residentes correspondente á demarcación na que se celebra a comisión, preferentemente galego, por razóns de coñecemento e integración na comunidade galega asentada nese país e, polos mesmos motivos, preferiblemente pertencente e representante dalgún dos centros constituíntes da comisión.

4. Os galegos residentes naqueles países de Iberoamérica non citados no punto 1 do artigo 7º poderán remiti-las súas solicitudes á Consellería de Emigración e Cooperación Exterior (Basquiños, 2. 15704 Santiago de Compostela, A Coruña).

5. De constituírse, a comisión avaliadora reunirase dentro do prazo de 30 días contados a partir do día seguinte ó remate do prazo de presentación de instancias, e levantará acta da relación provisional de persoas seleccionadas, que se expoñerá ó público nos taboleiros de anuncios dos centros durante sete días naturais. Durante este período os interesados poderán presenta-las correspondentes reclamacións e o centro coordinador poderá pedirlles ós preseleccionados canta documentación coide oportuna para comproba-la veracidade dos datos citados nas solicitudes. No oitavo día natural, o centro coordinador elevará informe e, se é o caso, a proposta de modificacións xunto coa oportuna documentación xustificativa e informe do centro no que foi presentada a correspondente solicitude, a Consellería de Emigración e Cooperación Exterior que, despois dos trámites legais oportunos, comunicará a resolución aprobatoria ós interesados e ós centros coordinadores, que se expoñerá publicamente nos

taboleiros de anuncios.

6. De non constituírse a dita comisión, os centros coordinadores deberán remitir á Consellería de Emigración e Cooperación Exterior as solicitudes recibidas, xunto con toda a documentación, no prazo de 5 días a partir do remate do prazo de presentación.

7. A selección dos beneficiarios efectuarase, segundo o tipo de axuda, en función do crédito dispoñible no caso do punto 1 do artigo 2º e do crédito dispoñible e das circunstancias que poidan ser alegadas no caso do punto 2 de dito artigo.

Artigo 8º.-Seguimento.

1. A solicitude de axuda supón o compromiso de aceptar que a Consellería de Emigración e Cooperación Exterior efectúe as comprobacións que considere necesarias para asegura-lo cumprimento do contido das normas e as condicións da axuda.

A falsidade dos datos e documentos achegados implicará a denegación ou, se é o caso, a devolución

da axuda na súa totalidade e sen prexuízo das responsabilidades que puideran derivarse do dito acto.

2. Os beneficiarios das axudas quedan obrigados a comunicarlle á Consellería de Emigración e Cooperación Exterior calquera posible alteración das circunstancias persoais, podendo a dita consellería, se así o considera, anula-la subvención e dispoñer do citado crédito para conceder axudas ós solicitantes con peticións inicialmente desestimadas.

Artigo 9º.-Pagamento.

A Consellería de Emigración e Cooperación Exterior arbitrará o método de pagamento ós beneficiarios, de forma directa mediante cheque bancario.

Programa 2. Axudas asistenciais a entidades galegas

Artigo 10º.-Obxecto e características.

O programa ten por obxecto subvenciona-las entidades galegas que presten determinados servicios asistenciais e residenciais á colectividade de asociados de orixe galega que carezan de medios económicos, nos seguintes supostos:

1. A través de axudas para a comida e, se é o caso, de transporte dos familiares directos dos asociados, cando estes residan en centros asistenciais, de forma que se posibilite o contacto diario entre eles.

2. A través das axudas indirectas para solventa-las cotas ou achegas destinadas a mante-la protección asistencial e sanitaria que veñen prestando as entidades galegas ás persoas de orixe ou ascendencia galega en situación de paro, xubilación con mínimos ingresos, desprotexidos en materia de previsión social ou carentes de protección que, doutro modo, non terían este tipo de cobertura no seo destes centros galegos.

3. A través de axudas ás entidades galegas que teñen en funcionamento fogares diúrnos, entendendo como tales os lugares onde as persoas da terceira idade poden realizar actividades lúdicas, recreativas e de terapia ocupacional que desenvolvan a súa psicomotricidade coa finalidade de aumenta-la calidade de vida, permitindo que o ancián avellente no seu medio, permanecendo no seu fogar. Ademais, deberán ter servicio de comedor nos que poidan recibi-la comida de mediodía a un prezo módico e outras prestacións de tipo social-asistencial en calquera das súas diversas modalidades.

4. A través de axudas a entidades galegas que presten servicios de asistencia ós transeúntes galegos necesitados que se acheguen a estes centros en demanda de atención.

Artigo 11º.-Solicitantes.

Poderán solicitar estas axudas as entidades galegas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

b) Que conten con residencias para anciáns ou con centros sanitarios onde reciban asistencia os seus asociados ou que desenvolvan programas específicos de asistencia social a asociados e transeúntes.

Artigo 12º.-Documentación.

Solicitude segundo o modelo normalizado que figura como anexo 2 da presente orde, que será subscrita pola persoa que teña a representación legal da entidade solicitante.

No caso dos puntos 1, 2 e 3 do artigo 10º presentarase tamén relación das persoas ás que se destinará a axuda, segundo o modelo oficial do anexo 2 da presente orde.

No caso do punto 4 do artigo 10º, xuntarase inicialmente relación explicativa dos transeúntes atendidos en 2001 e orzamento estimativo de gastos destinados a estas atencións para o ano 2002.

Artigo 13º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

As solicitudes serán enviadas á Consellería de Emigración e Cooperación Exterior (Basquiños, 2. 15704 Santiago de Compostela, A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 31 de marzo de 2002.

Artigo 14º.-Tramitación e resolución.

A Consellería de Emigración e Cooperación Exterior dictará resolución, que comunicará ás entidades solicitantes en función de:

-Número de asociados galegos do centro ou entidade asistencial e grao de necesidade dos posibles beneficiarios.

-Número de residentes do centro ou ingresados nel e contía do seu orzamento.

Artigo 15º.-Pagamento e xustificación.

O pagamento realizarase logo da presentación, dentro do exercicio orzamentario, de certificación do secretario da entidade, co visto e prace do seu presidente, facendo consta-lo nome, apelidos, enderezo, concepto e, se é o caso, a contía individual destinada como axuda a cada beneficiario, conformada pola Consellería de Emigración e Cooperación Exterior.

Artigo 16º.-Seguimento.

1. A solicitude das axudas supón o compromiso de aceptar que a Consellería de Emigración e Cooperación Exterior efectúe as comprobacións que considere necesarias para asegura-lo cumprimento do contido das normas e as condicións das axudas.

2. As entidades beneficiarias das axudas quedan obrigadas a comunicarlle á Consellería de Emigración e Cooperación Exterior calquera posible alteración das circunstancias, podendo esta consellería toma-la resolución que corresponda.

Programa 3. Vacacións para lembrar

Artigo 17º.-Obxecto e características.

1. O programa ten por obxecto ofrecer unhas vacacións ós galegos e ós seus cónxuxes asentados noutras comunidades autónomas de España ou noutros países de Europa, para desfrutaren e coñeceren a realidade actual da terra onde naceron, con actividades de convivencia e culturais referidas á nosa lingua, historia, así como os nosos costumes tradicionais; constitúe un achegamento á súa terra, á que están vinculados por lazos permanentes, familiares e sentimentais.

2. Poderá participar nalgunhas fases deste programa a Dirección Xeral do Maior e de Persoas con Discapacidade da Consellería de Asuntos Sociais.

3. As características básicas deste programa son:

a) Desprazamento dos seleccionados desde os lugares de partida fixados pola Consellería de Emigración e Cooperación Exterior ata o lugar de residencia en Galicia.

b) Estadía durante un período de 14 días nunha residencia de tempo libre de Galicia ou noutro establecemento hoteleiro, coa correspondente programación de actividades recreativas e culturais.

4. Poderase, cando as circunstancias así o aconsellen, dirixi-lo programa a colectividades de galegos residentes fóra de España, realiza-la estadía noutra área xeográfica ou noutro establecemento residencial, notificándose nestes casos as bases que serán de aplicación a través da correspondente convocatoria.

Artigo 18º.-Solicitantes.

Poderán ser solicitantes:

1. As persoas que cumpran as seguintes condicións:

a) Ser natural de Galicia.

b) Residir noutra Comunidade Autónoma de España ou noutro país de Europa.

c) Ter máis de 60 anos de idade. De presenta-la solicitude xunto co seu cónxuxe deberán ter cumpridos alomenos un deles, os 60 anos.

d) Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa nin secuelas irreversibles discapacitantes e estar en condicións físicas para realiza-la viaxe programada.

e) Non ter participado, nos últimos seis anos, en anteriores edicións deste programa.

f) Non ter recursos económicos suficientes.

2. Os cónxuxes das persoas que soliciten o programa por aplicación do punto anterior, cumprindo así mesmo o contido das alíneas b), d), e) e f).

Artigo 19º.-Documentación.

A documentación deberá estar integrada por:

a) Solicitude segundo o modelo normalizado do anexo 3 da presente orde, selada polo centro galego correspondente.

b) Fotocopia do DNI ou do pasaporte.

c) Fotografía actual tamaño carné.

d) Fotocopias da liquidación e da primeira páxina da declaración da renda correspondente ó ano 2000. Se o solicitante reside noutro país presentará documentación equivalente. Esta documentación poderase presentar en sobre pechado e lacrado, se así o desexa o solicitante.

e) Certificado médico, segundo o modelo do anexo 3 desta orde, conforme as condicións imprescindibles establecidas no artigo 18 alínea d) deste programa.

f) Se é o caso, documento xustificativo de estar xubilado.

Artigo 20º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

As solicitudes acompañadas do resto da documentación presentaranse nas entidades galegas das comunidades e países de destino da convocatoria que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 31 de marzo de 2002.

Artigo 21º.-Tramitación e resolución.

1. As entidades galegas receptoras da documentación, unha vez comprobado que está correcta e completa, enviarana o mesmo día de remate do prazo á Consellería de Emigración e Cooperación Exterior (Basquiños, 2. 15704 Santiago de Compostela, A Coruña) acompañada do certificado, segundo o modelo do anexo 3-B, no que se relacionen as solicitudes presentadas, mencionando o coordinador do programa designado polo centro respectivo.

2. A selección dos participantes efectuarase estimando, na orde que segue, como preferente:

a) Non ter participado en edicións anteriores deste programa.

b) Os casos en que polo menos un dos cónxuxes posúa a condición de xubilado ou que teña máis de 65 anos de idade.

3. A consellería resolverá a concesión, tendo en conta as preferencias sinaladas no punto anterior, en función de:

a) Situación económica, social e participativa no centro galego dos solicitantes.

b) Idade dos solicitantes.

c) Estado de saúde.

Artigo 22º.-Seguimento.

1. A solicitude de participación supón o compromiso de aceptar que a Consellería de Emigración e Cooperación Exterior efectúe as comprobacións que crea necesarias para asegura-lo cumprimento do contido e condicións do programa, no caso de concesión.

2. Os beneficiarios das axudas quedan obrigados a comunicarlle á Consellería de Emigración e Cooperación Exterior calquera posible alteración das circunstancias orixinais, podendo a dita consellería dicta-la resolución que considere oportuna.

Progrma 4: Reencontros

Artigo 23º.-Obxecto e características.

Obxecto: ten por obxecto promove-la consecución do reencontro das persoas de orixe galega residentes no estranxeiro e con carácter ordinario en Iberoamérica, cos seus familiares e a súa terra, superando tempos de separación. Este programa poderá realizarse de acordo coas modalidades seguintes:

A) Acción directa, destinada a aqueles galegos que polas súas circunstancias económicas e mailo afastamento e características sociais do país no que residen non poidesen visitar Galicia nos últimos 20 anos. Esta modalidade é executada pola Consellería de Emigración e Cooperación Exterior, podendo nalgunhas fases participa-la Dirección Xeral do Maior e de Persoas con Discapacidade da Consellería de Asuntos Sociais.

B) Axudas para viaxes, executada pola Consellería de Emigración e Cooperación Exterior, dirixido a conceder axudas de viaxe a Galicia ós galegos e os seus cónxuxes e fillos, pertencentes á terceira idade que permitan o reencontro coa súa terra e a súa familia.

C) Encontros con Galicia, ten por obxecto programa-lo achegamento a Galicia e o encontro coas súas familias, dos galegos residente en Iberoamérica que se atopan desfrutando do programa 13 do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, «Axudas para viaxes a España de emigrantes maiores» organizado polo IMSERSO en colaboración coa Dirección Xeral de Ordenación das Migracións e que ten lugar en diferentes datas en distintos puntos das costas españolas. Realizarase o programa naquelas datas e lugares nas que o número de galegos participantes sexa suficientemente numeroso.

D) Acción concertada en colaboración cos concellos galegos, con empresas ou asociacións sen ánimo de lucro de Galicia. O obxecto desta acción é fortalece-lo vínculo que une os galegos residentes

en Iberoamérica cos seus concellos de orixe, acada-lo encontro coas súas raíces, familia e co seu pobo, mediante un programa realizado e dinamizado polos concellos, asociacións ou empresas radicadas no lugar onde naceron, nos que estes adquiren o protagonismo efectivo.

2. Características básicas das modalidades:

A) Acción directa:

-Pasaxe de avión de ida e volta para os seleccionados dende os lugares de partida fixados pola consellería ata os aeroportos de Galicia.

-Estadía durante un período máximo de 14 días, preferentemente no mes de outubro, nunha residencia de tempo libre ou noutro establecemento residencial de Galicia, programándose actividades e excursións que favorezan o reencontro coa súa terra.

-Estadía cos seus familiares en Galicia, ata completar un período máximo de 3 meses, sendo pola súa conta durante este tempo os gastos de aloxamento, manutención, etc.

-Serán por conta da Consellería de Emigración e Cooperación Exterior os gastos derivados da selección dos beneficiarios e os de traslado incluíndo as pasaxes de avión de ida e volta para os seleccionados desde os lugares de partida ata os aeroportos de Galicia.

-Colaborará nas estadías, cos seus propios medios, a Dirección Xeral do Maior e de Persoas con Discapacidade da Consellería de Asuntos Sociais.

-Poderán organizarse accións destinadas a persoas ou grupos con vínculos familiares directos mantendo como obxectivo prioritario o reencontro en Galicia.

B) Axudas para viaxes:

-As axudas consistirán ordinariamente no pagamento da metade do custo do traslado a Galicia. Con carácter extraordinario e para os residentes en Cuba as axudas poderán chegar ó 80% do custo do traslado. A súa chegada a Galicia iniciarán o reencontro coa súa familia galega nos lugares de residencia delas.

-A Consellería de Emigración e Cooperación Exterior, á vista das solicitudes presentadas establecerá as datas nas que se desenvolverá o programa. Así mesmo establecerá a forma e prazo en que os interesados deberán achega-la cantidade en concepto de porcentaxe de custo e en proba da conformidade da viaxe. Entenderase que os que non cumpren este requisito desisten da solicitude.

C) Encontros con Galicia:

-Viaxe desde os hoteis situados nos lugares das costas españolas nos que están aloxados ata Santiago de Compostela.

-Aloxamento en réxime de pensión completa e en habitación dobre nun hotel da cidade e comezo dunha xornada de carácter cultural de reencontro con Galicia despois da que se dará por finalizada a acti

vidade e comezo do período de reencontro cos familiares nos seus lugares de orixe.

-Unha vez finalizada a fase de reencontro familiar, o retorno ós lugares de residencia nos distintos países será por conta dos participantes de acordo coas especificacións da pasaxe que teñan concertada coa Dirección Xeral de Ordenación das Migracións.

D) Acción concertada en colaboración cos concellos galegos, empresas ou asociacións sen ánimo de lucro de Galicia.

-Pasaxe de avión de ida e volta para os seleccionados desde os lugares de partida fixados polo concello organizador ata os aeroportos de Galicia.

-Estadía cos seus familiares en Galicia ata completar un período máximo de 3 meses, sendo ó seu cargo durante este tempo os gastos de aloxamento, manutención, etc.

-O concello colaborará coa Consellería de Emigración e Cooperación Exterior na organización do programa.

-Nesta modalidade trátase de darlles ós concellos, empresas e asociacións o protagonismo nos programas de reencontros dos galegos coas súas familias residentes no municipio ou no ámbito de actuación da empresa. A selección dos beneficiarios correrá a cargo do concello ou da empresa coa axuda e colaboración das entidades galegas da Galicia do exterior e da Consellería de Emigración e Cooperación Exterior.

-Os concellos, asociacións ou empresas interesadas nesta modalidade do programa «Reencontros» para poder inicia-los trámites do devandito programa, unha vez enviada a solicitude e aprobada a mesma por parte desta consellería, deberán enviar ó departamento correspondente a documentación seguinte:

* Tres orzamentos de axencias de viaxes onde figuren as datas previstas para a viaxe e o custo das pasaxes.

* As solicitudes dos participantes no programa coa documentación correcta e completa.

* Solicitude por parte dos familiares en Galicia dirixida ó seu alcalde ou presidente da asociación ou empresa.

Para tal efecto, enviarase unha circular ampliando a información sobre a posta en marcha desta modalidade do programa.

3. Cobertura sanitaria: os beneficiarios de calquera modalidade deste programa gozarán durante a súa estadía específica en Galicia da cobertura sanitaria do Servicio Galego de Saúde en casos de urxencia, nos termos establecidos no correspondente convenio de asistencia sanitaria e por un período non superior a tres meses.

4. A consellería poderá nomear, naquelas accións do programa «Reencontros» con máis números de participantes, persoal capacitado en asistencia

médica e social para a súa participación no programa en funcións sanitarias, asistenciais e de organización.

Artigo 24º.-Solicitantes.

A) Acción directa: poderán ser solicitantes deste programa aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos:

1. Seren naturais de Galicia.

2. Residiren con carácter ordinario en Iberoamérica

3. Ter sesenta ou máis anos de idade.

4. Levar polo menos 20 anos sen voltar a España.

5. Que estean en condicións físicas para realizar unha viaxe de longa duración, non padecendo enfermidade infecto-contaxiosa nin secuelas irreversibles discapacitantes.

6. Que non teñan recursos económicos suficientes.

Excepcionalmente poderán solicita-la participación neste programa, e sempre que cumpran cos requisitos relacionados nos números 2, 3, 4 e 5, os fillos de emigrantes galegos con nacionalidade española, residentes naqueles países nos que a primeira xeración de galegos estea diminuíndo fortemente por ter unha idade media moi avanzada debido a que as correntes migratorias cara a eses países tiveron lugar nos primerios anos do pasado século.

B) Axudas para viaxes: Poderán ser solicitantes deste programa:

1. Aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos:

1.1. Seren naturais de Galicia.

1.2. Residiren con carácter ordinario en Iberoamérica.

1.3. Teren máis de 55 anos de idade podendo, por razóns extraordinarias alegadas e con carácter de excepcionalidade, nos casos de persoas que nunca regresaran a Galicia, ser menores da dita idade. No caso de que o cónxuxe sexa tamén solicitante, bastaría con que un deles cumpra este requisito de idade.

1.4. Estaren en condicións físicas para realiza-la viaxe programada, non padecendo enfermidade infecto-contaxiosa nin secuelas discapacitantes.

1.5. Non teren participado nos últimos cinco anos en anteriores edicións deste programa.

1.6. Teren familiares de ata cuarto grao de consanguinidade ou afinidade cos que poidan residir durante a súa estadía en Galicia.

2. Os cónxuxes das persoas que soliciten o programa por aplicación do punto anterior, sempre e cando cumpran así mesmo o contido dos puntos 1.2, 1.3, 1.4, e 1.5.

3. Os fillos de galegos, con máis de 60 anos de idade, que posúan a nacionalidade española no intre

da presentación da solicitude e cumpran ademais os requisitos sinalados nos puntos 1.2, 1.4, 1.5 e 1.6 deste mesmo artigo.

C) Encontros con Galicia: poderán ser solicitantes desta acción os beneficiarios do programa do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais «Axudas para viaxes a España de emigrantes maiores», nas edicións elixidas en función do número de galegos participantes, cumprindo os seguintes requisitos:

1. Que sexan nacidas en Galicia e teñan máis de 60 anos de idade.

2. Os cónxuxes das persoas as que se refire o punto anterior, sendo así mesmo beneficiarias do mesmo programa.

D) Acción concertada en colaboración cos concellos galegos, con empresas ou asociacións sen ánimo de lucro de Galicia. Poderán ser solicitantes deste programa aqueles emigrantes que cumpran os seguintes requisitos:

1.1. Ser natural do concello galego protagonista desta acción ou te-los os seus familiares residentes nel e ser nado en Galicia.

1.2. Residir en Iberoamérica.

1.3. Ter 60 ou máis anos de idade. No caso de que o cónxuxe solicite o programa chegará con que un dos dous teña esta idade.

1.4. Levar polo menos 20 anos sen voltar a España.

1.5. Teren familiares ata cuarto grao de consanguinidade ou afinidade cos que poidan residir durante a súa estadía en Galicia.

1.6. Estar en condicións físicas para realiza-la viaxe programada, non padecendo enfermidade infecto-contaxiosa nin secuelas discapacitantes

1.7. Ter insuficientes recursos económicos.

2. Os cónxuxes das persoas sinaladas no punto anterior que soliciten o programa sempre e cando residan en Iberoamérica, estean en condicións físicas de realiza-la viaxe, teñan insufientes recursos económicos e leven, alomenos, vinte anos sen viaxaren a España.

Artigo 25º.-Documentación.

A documentación das persoas solicitantes deberá estar integrada por:

A) Acción directa:

1. Solicitude segundo o modelo normalizado que aparece no anexo 4 desta orde.

2. Documento no que consten os seus ingresos económicos. En caso de imposibilidade de presentalo, poderá constituír documentación suficiente unha declaración xurada responsable.

3. Documento xustificativo dos seus datos persoais e da súa condición de galego.

4. Certificado médico, segundo o modelo do anexo 4 da presente orde, conforme as condicións imprescindibles establecidas no punto A.5 do artigo 24º.

5. Fotografía actual tamaño carné.

B) Axudas para viaxes:

1. Solicitude segundo o modelo normalizado que aparece no anexo 4 BIS desta orde.

2. Documento xustificativo dos seus datos persoais e da súa condición de galego ou, se é o caso, da súa orixe galega e da nacionalidade española.

3. Certificado médico, segundo o modelo do anexo 4 BIS da presente orde, conforme as condicións imprescindibles establecidas no punto B.1.4 do artigo 24º.

4. Fotografía actual tamaño carné.

5. Documento no que consten os ingresos económicos da súa unidade familiar. En caso de imposibilidade de presentalo, poderá constituír documentación suficiente unha declaración xurada responsable.

6. Os cónxuxes no caso de solicitar este programa deberán engadi-la seguinte documentación:

* Documento xustificativo dos seus datos persoais e da súa condición de cónxuxe do solicitante.

* Certificado médico, segundo o modelo do anexo 4 BIS da presente orde, conforme as condicións imprescindibles establecidas no punto B.1.4 do artigo 24º.

* Fotografía actual tamaño carné.

C) Encontros con Galicia. Farase chegar ós participantes nas edicións elixidas do programa do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais «Axudas para viaxes a España de emigrantes maiores», unha circular na que se amplíe a información sobre a posta en marcha desta modalidade así como da documentación que hai que presentar.

D) Acción concertada en colaboración cos concellos galegos, con empresas ou asociacións sen ánimo de lucro de Galicia. Enviarase unha circular na que se amplíe a información sobre a posta en marcha desta modalidade do programa.

Por parte dos concellos, asociacións ou empresas:

* Solicitude segundo o corresponde modelo da circurlar dirixida á Consellería de Emigración e Cooperación Exterior.

Por parte dos solicitantes:

* Solicitude normalizada, segundo o correspondente modelo da circular dirixida ó concello, asociación ou empresa.

* Documento no que consten os seus ingresos económicos.

* Documento xustificativo da súa condición de galego e dos seus datos persoais.

* Certificado médico, segundo o modelo do reverso da solicitude.

Os cónxuxes no caso de solicitar este programa deberán engadi-la seguinte documentación:

* Documento xustificativo dos seus datos persoais e da súa condición de cónxuxe do solicitante.

* Certificado médico, segundo o modelo do reverso da solicitude

* Fotografía actual tamaño carné.

Por parte dos familiares residentes en Galicia:

* Solicitude dirixida ó seu alcalde ou ó presidente da asociación ou empresa, segundo o correspondente modelo da circular.

Artigo 26º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación:

A) Acción directa: as solicitudes presentaranse, xunto co resto da documentación, nas entidades galegas dos países de destino da convocatoria que teñan recoñecida a galeguidade ou que estean consideradas como colaboradoras.

B) Axudas para viaxes: as solicitudes presentaranse, xunto co resto da documentación, nas entidades galegas dos países de destino da convocatoria que teñan recoñecida a galeguidade ou que estean consideradas como colaboradoras.

C) Encontros con Galicia: as solicitudes presentaranse directamente na Consellería de Emigración e Cooperación Exterior seguindo as instruccións expostas na circular que desenvolverá este programa.

D) Acción concertada en colaboración cos concellos galegos, con empresas ou asociacións sen ánimo de lucro de Galicia.

As solicitudes correspondentes ós concellos, asociacións ou empresas: na Consellería de Emigración e Cooperación Exterior.

As solicitudes correspondentes ós participantes: nas entidades galegas propostas polos concellos nos países destino da acción.

As solicitudes correspondentes ós familiares residentes no concello: na sede do concello, asociación ou empresa.

2. Prazo:

A) Acción directa: o prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 2002.

B) Axudas para viaxes: o prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 2002.

C) Encontros con Galicia: establecerase o prazo de presentación en función das datas de desenvolvemento do programa por parte do ministerio.

D) Acción concertada en colaboración cos concellos galegos, con empresas ou asociacións sen ánimo de lucro de Galicia. O prazo de presentación de solicitudes remata:

* Para os concellos, asociacións ou empresas: o 30 de setembro de 2002.

* Para os participantes: segundo o prazo acordado polo concello, asociación ou empresa.

* Para os familiares en Galicia: Segundo o prazo acordado polo concello, asociación ou empresa.

Artigo 27º.-Tramitación e resolución.

1. Nas modalidades de acción directa e axudas para viaxes os centros galegos farán a tramitación das solicitudes polo mesmo método e comisión que as sinaladas no artigo 7º, puntos 1, 2, 3, 4, 5 e 6 desta orde, pero considerando para este programa como centros coordinadores os seguintes:

* En Arxentina:

-Centro Gallego de Bos Aires.

-Centro Galicia de Bos Aires.

-Oficina Delegada da Consellería de Emigración e Cooperación Exterior.

* En Brasil:

-Peña Galega da Casa de España do Río de Janeiro.

-Real Sociedade Española de Beneficencia de Salvador-Bahía.

* En Cuba:

-Oficina Administradora de Comunidades Galegas. Centro Gallego da Habana.

-Agrupación Artística Gallega da Habana.

* En Uruguai:

-Casa de Galicia de Montevideo.

-Unión de Sociedades Galegas de Montevideo.

* En Venezuela:

-Hermandad Gallega de Caracas.

2. Nas modalidades de encontros con Galicia, farase a tramitación das solicitudes na Consellería de Emigración e Cooperación Exterior e na modalidade de acción concertada en colaboración cos concellos galegos, con empresas ou asociacións sen ánimo de lucro de Galicia, a tramitación será realizada polas entidades galegas designadas e a selección correrá a cargo do concello, empresa ou asociación organizadora, contando coa supervisión da consellería.

3. Selección dos participantes:

A) Na modalidade de acción directa, efectuarase en función de:

-Idade dos solicitantes.

-Tempo sen volver.

-Situación económica.

-Grao de consanguinidade ou de afinidade dos familiares que residan en Galicia.

-Estado de saúde.

Terán prioridade aqueles solicitantes que, cumprindo as condicións da convocatoria, teñan o seu cónxuxe seleccionado.

B) Na modalidade de axudas para viaxes, farase en función de:

-Idade dos solicitantes, con preferencia os maiores de 65 anos.

-Tempo sen volver.

-Estado de saúde.

-Orixe galega, con preferencia os nacidos en Galicia.

-Situación económica.

-Grao de consanguinidade ou de afinidade dos familiares que residan en Galicia.

C) Na modalidade de encontros con Galicia:

-Tempo sen volver a Galicia.

-Estado de saúde.

-Situación económica.

D) Na modalidade de acción concertada en colaboración cos concellos galegos, con empresas ou asociacións sen ánimo de lucro de Galicia:

-Idade dos solicitantes e tempo sen voltar a Galicia.

-Situación económica.

-Grao de consanguinidade ou de afinidade dos familiares que residan no concello galego.

-Estado de saúde.

4. Concesión:

Na modalidade de acción directa a concesión ten carácter de provisionalidade en canto non sexa avalada polo doutor encargado dos recoñecementos médicos. Así mesmo, nesta modalidade a concesión é de carácter individual.

Na modalidade de axudas para viaxes a concesión ten carácter de provisionalidade mentres non sexa avalada polos familiares do solicitante residentes en Galicia e, así mesmo, en canto non sexa aboada, dentro do prazo establecido no seu momento, a porcentaxe correspondente da pasaxe de avión. Nesta modalidade a selección do beneficiario levará consigo a do seu cónxuxe, no caso de ser solicitante.

Artigo 28º.-Seguimento.

1. A solicitude de participación supón o compromiso de aceptar que a Consellería de Emigración e Cooperación Exterior efectúe as comprobacións

que crea necesarias para asegura-lo cumprimento do contido e condicións do programa, no caso de concesión.

2. Os beneficiarios das axudas quedan obrigados a comunicar á Consellería de Emigración e Cooperación Exterior calquera posible alteración das circunstancias orixinais, podendo esta consellería dicta-la resolución que considere oportuna.

Programa 5. Cursos de terapia ocupacional

Artigo 29º.-Obxecto.

Promove-la realización de accións que posibiliten a creación de grupos de persoas da terceira idade de orixe galega residentes no exterior para o desenvolvemento das súas capacidades e aptitudes con finalidade de carácter terapéutico e formativo-ocupacional.

Artigo 30º.-Características dos cursos.

a) Duración: 50 horas impartidas como máximo en 3 semanas.

b) Lugar: as residencias de anciáns ou as instalacións dos centros galegos.

c) Modalidades: clases presenciais teórico-prácticas coa finalidade de desenvolve-las capacidades manuais e intelectuais sobre artesanía, moldeado, pintura, barro, tecidos, vimbio, entre outras especialidades.

d) Desenvolvemento curricular: os contidos que se impartirán seguirán a programación das unidades didácticas editadas para este programa pola Consellería de Emigración e Cooperación Exterior, e os materiais necesarios para as clases prácticas axustaranse ás relacións que, segundo os traballos que se van realizar, se indican nas ditas unidades.

e) Requisito de concesión: mínimo 20 participantes por curso.

Artigo 31º.-Contido das axudas.

1. A Consellería de Emigración e Cooperación Exterior farase cargo de:

a) Do custo de desprazamento do profesorado ata o lugar de celebración do curso.

b) O custo da compensación económica ó persoal docente.

c) Excepcionalmente, poderase atende-los gastos de estadía do profesorado no lugar de celebración do curso.

d) Do custo do material e o seu envío para imparti-lo curso.

2. Os centros faranse cargo de:

a) O custo da manutención e do aloxamento do profesorado. Con carácter de excepcionalidade, debidamente fundamentada, poderán subvencionarse estes custos de estadía.

b) Proporciona-las instalacións axeitadas.

c) Proporciona-lo material funxible necesario.

Artigo 32º.-Solicitantes.

Centros galegos que desenvolvan labores de tipo asistencial, que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador. Estes centros poderán solicitar estes cursos para a súa impartición tanto na mesma entidade como en asilos ou centros da terceira idade radicados na súa área xeográfica de influencia e que teñan un número suficiente de residentes galegos.

Artigo 33º.-Documentación.

A documentación deberá estar integrada por:

a) Solicitude do centro segundo o modelo do anexo 5 desta orde.

b) Relación das persoas que desexan participar no curso, expresando apelidos e nome, número do DNI ou pasaporte, idade, lugar de nacemento e a súa residencia efectiva.

Artigo 34º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Consellería de Emigración e Cooperación Exterior (Basquiños, 2. 15704 Santiago de Compostela, A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 2002.

Artigo 35º.-Tramitación e resolución.

A Consellería de Emigración e Cooperación Exterior dictará resolución que comunicará ás entidades solicitantes en función de:

-Número de persoas solicitantes do curso.

-Interese temático dos diversos cursos solicitados.

-Número de persoas solicitantes de orixe galega.

Tamén a consellería resolverá sobre a concesión do curso e comunicarallo ó centro galego, que estará condicionado ás dispoñibilidades orzamentarias existentes.

Será preceptivo que os centros designen unha persoa que coordine as xestións desta actividade coa consellería debendo indica-lo seu nome e apelidos, número de teléfono e horario de localización.

Artigo 36º.-Seguimento.

1. Ó remate do curso a entidade enviará a esta consellería unha memoria informativa sobre o seu desenvolvemento.

2. A solicitude de celebración dun curso supón o compromiso de acepta-las comprobacións que a Consellería de Emigración e Cooperación Exterior considere necesarias para asegura-lo cumprimento das presentes normas.

Accións formativas

Programa 6. Axudas para estudios universitarios destinadas a emigrantes galegos ou ós seus descendentes

Artigo 37º.-Obxecto e características.

A finalidade deste programa é potencia-la realización de estudios universitarios nas facultades e escolas técnicas superiores de Galicia, polos galegos, os seus fillos e netos, con residencia familiar no estranxeiro, que non teñan acabada a súa primeira carreira, con especiais aptitudes para o estudio e carentes de medios económicos suficientes para consegui-lo seu primeiro título universitario.

Artigo 38º.-Contido das axudas.

As axudas destinaranse a cubri-los seguintes gastos durante o curso 2002-2003:

a) Académicos derivados dos estudios.

b) De estadía e manutención.

c) Da viaxe de ida e volta entre o lugar da súa residencia familiar e Galicia.

Artigo 39º.-Número e contía das axudas.

Convocaranse 15 bolsas de estudios por un importe unitario máximo anual de 5.400 euros. Este número de bolsas poderá ser ampliado ata 25, no caso de que o número de solicitudes que cumpran os requisitos esixidos así o aconsellase. En función do rendemento académico do beneficiario, e condicionada ó límite de crédito previsto, a axuda poderase renovar ata completa-lo ciclo de estudios.

Artigo 40º.-Solicitantes.

Poderán solicitar estas axudas as persoas que acrediten documentalmente os seguintes requisitos:

a) Ser galego, fillo ou neto de galego.

b) Que os seus pais ou titores legais carezan de medios suficientes

c) Que teñan fixada a súa residencia familiar no estranxeiro.

d) Que nos tres cursos inmediatamente anteriores ó que estean cursando na actualidade fosen estudiantes nos sistemas educativos oficiais vixentes en España ou no seu país de residencia mantendo nos seus estudios suficiente rendemento.

e) Que, tendo desenvolvidos tódolos seus estudios con continuidade, estean cursando no momento da convocatoria estudios de grao medio, no seu último curso, ou estudios universitarios e desexen finaliza-la súa primeira carreira, cursando estudios de primeiro e segundo ciclo nas universidades da Coruña, Santiago de Compostela ou Vigo.

Artigo 41º.-Documentación.

a) Solicitude segundo o modelo normalizado do anexo 6 da presente orde.

b) Documento acreditativo da súa condición de galego ou ascendencia galega.

c) Documentos xustificativos da residencia no estranxeiro dos seus pais ou titores legais.

d) Xustificación documental dos ingresos económicos da unidade familiar ou, no caso de traballar por conta propia, declaración xurada responsable.

e) Documentación na que conste o expediente académico do solicitante, con expresión das disciplinas cursadas e as cualificacións obtidas nos tres últimos cursos académicos inmediatamente anteriores ó que estea cursando na actualidade, así como a escala de notas aplicada polos centros onde realizou os estudios.

f) Xustificación das cualificacións obtidas no curso 2001-2002 ou, no caso dos países nos que o curso académico coincide cos anos naturais, as correspondentes ó curso 2001.

g) Os solicitantes que se matriculen por primeira vez nunha universidade galega deberán presentar un dos dous xustificantes seguintes:

-De recepción da presentación ante a facultade elixida da documentación necesaria para a validación das disciplinas cursadas.

-Certificación que acredite a superación das probas de acceso á universidade.

Artigo 42º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación:

As solicitudes, xunto coa documentación correspondente, deberán ser enviadas á Consellería de Emigración e Cooperación Exterior (Basquiños, 2. 15704 Santiago de Compostela, A Coruña).

2. Prazo:

-Ata o 31 de marzo de 2002 para a documentación relacionada no artigo 41 alíneas a), b), c), d) e e).

-Ata o 20 de xullo ou o 30 de setembro de 2002 para a documentación relacionada no artigo 41 alínea f), nas convocatorias de xuño e setembro.

-Ata o 30 de setembro de 2002 para a documentación relacionada no artigo 41 alínea g).

Artigo 43º.-Tramitación e resolución.

1. A Consellería de Emigración e Cooperación Exterior fará unha selección provisional aplicando os seguintes criterios:

-Valoración do expediente académico do solicitante.

-Valoración das circunstancias económicas da unidade familiar.

No caso de que o solicitante fora adxudicatario dunha destas axudas no exercicio de 2001 e persistan as circunstancias económicas da súa unidade familiar:

-Aproveitamento académico no curso 2001-2002.

2. Rematada a dita selección, elaborarase unha relación provisional de beneficiarios que se elevará a definitiva mediante resolución da Consellería de Emigración e Cooperación Exterior.

3. Tódolos trámites necesarios para matricularse na universidade galega elixida deberán ser realizados directamente polos propios solicitantes.

Artigo 44º.-Pagamento e xustificación.

O beneficiario percibirá o importe da axuda polo procedemento establecido, en dúas fases.

Na primeira das fases percibirá o oitenta por cento do importe da axuda unha vez que presente ante a Consellería de Emigración e Cooperación Exterior xustificante de matriculación no centro universitario onde vaia cursa-los estudios. Este documento deberá presentarse nesta consellería dentro do exercicio orzamentario e, de ser posible, antes de remata-lo mes de novembro. As vacantes producidas pola non presentación do dito documento poderanse cubrir cos beneficiarios provisionais suplentes que presenten esta documentación.

Na segunda fase percibirá o vinte por cento restante do importe da axuda unha vez que presente ante a Consellería de Emigración e Cooperación Exterior documentos acreditativos de cursa-los estudios.

Artigo 45º.-Obrigas dos beneficiarios.

Os beneficiarios das axudas estarán obrigados a:

a) Incorporarse ó centro elixido ó comezo do curso académico.

b) Residir durante o curso académico en Galicia.

c) Ó remate do curso, deberán entregar unha breve memoria xuntando documentación onde consten as cualificacións obtidas.

d) Estas bolsas son incompatibles co desfrute de calquera outro tipo de bolsas, tanto de institucións públicas como privadas.

O incumprimento das obrigas anteriores orixinará a perda inmediata da axuda concedida e a devolución polo beneficiario das cantidades percibidas mediante o procedemento de constrinximento.

Programa 7. Cursos de especialiación

Artigo 46º.-Obxecto e características.

1. Dous son os obxectivos que se pretenden con estes cursos. Por unha banda, adestrar e perfecciona-los mozos en técnicas necesarias para mellora-la expresión, dramatización e escenificación nos nosos grupos teatrais, así como a calidade e interpretación dos instrumentos musicais e a coreografía e execución das danzas tradicionais galegas. Pola outra, formar mozos maiores de 18 anos que poidan tanto dinamiza-la xuventude dentro do ámbito de influencia dos centros galegos, como fomentar e promociona-las actividades deportivas no seo das nosas comunidades.

2. A metodoloxía dos cursos será dinámica e participativa utilizando, sempre que se poida, recursos audiovisuais que fagan referencia a Galicia.

3. Estes cursos deberán ter como introducción unha sección informativa dedicada exclusivamente a dar a coñecer Galicia desde o punto de vista cultural, histórico, monumental, etc.

4. Os cursos serán de formación intensiva, terán lugar con preferencia en Galicia e contarán cunha duración mínima de 40 horas lectivas; o número de participantes en cada unha das modalidades non será superior a 25. En todo caso, o número total de prazas e o desenvolvemento de cada un dos cursos serán obxecto da oportuna resolución da Consellería de Emigración e Cooperación Exterior.

5. Nos cursos de técnicas de teatro, así como os de danza e música tradicional galega poderá participar nalgunhas fases desas modalidades o Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais da Xunta de Galicia (IGAEM), baseándose para tal fin nas súas unidades de producción:

-Centro Dramático Galego

-Ballet Galego Rey de Viana

-Grupo de Gaitas da Comunidade Autónoma de Galicia e outros especialistas.

6. Os cursos de carácter deportivo teñen por finalidade a especialización de monitores, preparadores e adestradores dos equipos das secciones infantís e xuvenís nos deportes de máis implantación nos distintos centros e asociacións galegas. Poderá participar nalgunhas fases desta modalidade a Secretaría Xeral para o Deporte.

Artigo 47º.-Modalidades dos cursos.

1. Curso en técnicas de teatro, que pode abarca-los contidos seguintes:

a) Texto teatral: natureza, análise e texto de representación.

b) Reparto, ensaios e traballo do director de escena.

c) Espacio escénico: escenografía, movemento, iluminación e espacio sonoro.

d) Os estilos escénicos, producción na posta en escena, últimos ensaios e ensaios xerais.

e) Calquera outra técnica de representación teatral (construcción e posta en escena de marionetas e monicreques, etc., que poida ser de interese para os grupos das nosas comunidades).

2. O curso de técnicas deportivas atenderá á modalidade de fútbol abarcando os seguintes contidos:

a) Escolas de fútbol.

b) A preparación física.

c) Os principios de adestramento.

d) Técnica e táctica.

e) Psicoloxía e medicina no fútbol.

3. Curso de animación xuvenil que pode abarca-los seguintes contidos:

a) Planificación e xestión de actividades: programación, xestión de recursos humanos e económicos, publicidade e información.

b) Psicosocioloxía do tempo libre.

c) Tempo libre: materiais, urbanismo, programación e administración de campamentos e seguridade e hixiene.

d) Introducción á cultura de Galicia: historia, lingua, cultura, xeografía, institucións e sociedade.

A participación e o informe de aproveitamento do profesorado tanto nestes cursos de especialización en animación xuvenil como nos cursos realizados nos propios centros valoraranse especialmente para a realización de prácticas como monitores acompañantes de grupos de comunidades galegas integrados nas actividades de campamentos do programa 16. Para isto coordinaranse a Consellería de Emigración e Cooperación Exterior coa Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, co fin de programar debidamente a integración nos equipos de monitores na campaña de verán.

4. Curso de técnicas de danza e baile folclórico galego, cos seguintes contidos:

-Técnicas de danza clásica e de carácter: aplicación ó folclore galego.

-Colocación e movemento corporal. Música, ritmo e mimo.

-Escenario e vestiario.

-Técnica dos puntos: Danzas e coreografías galegas. Percusión.

5. Curso de música tradicional galega, co seguinte contido, a nivel medio:

-A gaita galega, principios xerais. Afinación do «roncón» e do «punteiro».

-Interpretación de muiñeiras, xotas, danzas festivas e danzas gremiais.

6. Curso de confección de compoñentes da gaita, cos seguintes contidos:

Coñecemento e utilización dos materiais e ferramentas necesarias para a construcción de «palletas» e «pallóns». Modos de fabricación.

Afinado do «roncón» e do «punteiro».

7. Especialización en técnicas de percusión; especialidade de pandeireta e canto, cos seguintes contidos:

-Visión global do canto e da percusión en Galicia.

-As distintas maneiras de tocar e canta-lo ritmo da muiñeira, da xota e do valse.

-Os distintos xeitos de tocar agarrados.

-Presentación doutros tipos de percusión relacionándoos co canto.

Artigo 48º.-Contido das achegas.

A Consellería de Emigración e Cooperación Exterior farase cargo do custo da viaxe dos participantes procedentes de fóra de península, resto de Europa e América, de ida e volta, desde os lugares de partida fixados pola consellería ata os aeroportos de Galicia.

O Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais, no caso dos cursos de música, teatro e danza tradicional galega, farase cargo de proporciona-las instalacións e da selección e dotación do profesorado.

A Secretaría Xeral para o Deporte, no caso do curso de técnicas deportivas, poderá facerse cargo da achega do profesorado e das instalacións necesarias para a súa realización de acordo co convenio que se asine.

O resto das achegas necesarias para poñer en funcionamento os cursos poderán ser a cargo da consellería, sempre tendo en conta os acordos entre as diferentes entidades e organismos colaboradores.

Artigo 49º.-Solicitantes.

1. Poderán propoñer asistentes a estes cursos as entidades galegas que teñan recoñecida a súa galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

2. As entidades solicitantes de prazas para estes cursos, ó face-la preselección que figurará na súa solicitude, deberán valora-los seguintes criterios nos aspirantes:

a) Ser galego ou descendente de galego.

b) Ser maior de 18 anos.

c) Ser socio dun centro galego que teña a galeguidade recoñecida ou sexa centro colaborador.

d) Pertencer ó grupo de animación xuvenil, teatral, folclórico ou deportivo desa entidade.

e) Para os cursos de animación xuvenil e folclore valorarase a participación noutros cursos desenvolvidos nos países de residencia ó amparo dos correspondentes programas da consellería.

3. Terán preferencia para asistir ós cursos aquelas persoas que acrediten ter algunha responsabilidade, dentro da súa comunidade galega, nas áreas de animación xuvenil, teatro, folclore ou deporte.

4. Por cada centro non poderán participar nos cursos máis de dúas persoas en cada unha das modalidades.

Artigo 50º.-Documentación.

A documentación necesaria para solicita-la participación nestes cursos será:

a) Solicitude-proposta do centro, segundo o modelo normalizado que aparece no anexo 7 desta orde, totalmente cuberta en tódolos seus puntos. Para cada modalidade de curso na que se desexe presentar

participantes, deberase cubrir unha solicitude-proposta. Se o centro presentase solicitudes para participar en varias modalidades, deberá indicarse en cada unha delas no lugar establecido para o efecto, a orde de preferencia na adxudicación das distintas modalidades de curso.

b) Fotocopia do documento nacional de identidade ou do pasaporte e breve currículum de cada aspirante con referencia especial ós coñecementos, títulos, experiencia, etc. na materia obxecto do curso.

c) Dúas fotografías tamaño carné de cada aspirante.

Artigo 51º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida directamente á Consellería de Emigración e Cooperación Exterior (Basquiños, 2. 15704 Santiago de Compostela, A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes-propostas, por necesidades extraordinarias de programación, rematará o 28 de febreiro de 2002.

Artigo 52º.-Tramitación e resolución; seguimento.

1. A Consellería de Emigración e Cooperación Exterior notificará a recepción das solicitudes-proposta dos cursos.

2. No seu momento, a consellería comunicará a concesión de participación no curso.

3. A solicitude de participación supón o compromiso de aceptar que a Consellería de Emigración e Cooperación Exterior efectúe as comprobacións que crea necesarias para asegura-lo cumprimento do contido e condicións do programa.

Programa 8. Cursos de formación ocupacional e empresarial

Artigo 53º.-Obxecto e características.

1. Os cursos de formación ocupacional terán por finalidade mellora-la formación técnico-profesional dos galegos e os seus descendentes, no ámbito dos centros galegos da Galicia do exterior. Promoveranse especialmente modalidades que atendan, ademais da preparación pre-ocupacional dos mozos, á difusión e formación en recursos e contidos propios dos costumes e tradicións galegas -cociña galega, artesanía de encaixe etc.-, buscando a súa transmisión nos ámbitos familiares e a capacitación nos correspondentes sectores ocupacionais. Seguirán tendo unha atención especial aqueles cursos que atendan á formación en técnicas informáticas e outras de actualidade, conservándose a posibilidade de apoiar actividades de formación en técnicas artísticas e de interpretación. Estes cursos terán unha duración non superior a cento vinte horas, e o número de participantes non será inferior a vintecinco en cada modalidade.

2. Os cursos de formación empresarial terán por finalidade mellora-la formación técnico-empresarial dos galegos e os seus descendentes, que igualmente residan na Galicia do exterior ou estean interesados no retorno a Galicia. Estes cursos terán unha duración máxima de cincuenta horas, e o número de participantes non será inferior a vintecinco.

3. As aulas permanentes de formación ocupacional terán por finalidade a formación continuada de carácter técnico profesional dos galegos e dos seus descendentes no ámbito dos centros galegos de Galicia do exterior, como naquelas entidades e países que aconsellen realiza-los cursos de formación ocupacional con carácter continuado durante o ano.

Artigo 54º.-Modalidade dos cursos.

1. Tanto os cursos de formación ocupacional coma os de formación empresarial poderán ser de dúas modalidades:

A) Cursos de acción directa e

B) Cursos subvencionados.

2. Serán cursos de acción directa aqueles que, sendo solicitados polos centros, sexan programados e executados pola Consellería de Emigración e Cooperación Exterior.

3. Serán cursos subvencionados aqueles que sexan programados e executados polos centros integramente.

Artigo 55º.-Contido das achegas.

A) Cursos de acción directa.

1. A Consellería de Emigración e Cooperación Exterior, farase cargo:

a) Do custo do desprazamento do profesorado ó lugar de realización do curso.

b) Do custo de material e do seu envío para imparti-lo curso.

c) Do custo da compensación económica do profesorado.

2. Os centros faranse cargo de:

a) Con carácter ordinario, dos gastos de estadía e manutención do profesorado.

b) Proporciona-las instalacións axeitadas.

c) Proporciona-lo material funxible necesario.

3. Poderá colaborar nestes cursos a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

B) Cursos subvencionados.

Poderán ser subvencionados ata un máximo dun 75% aqueles cursos que se axusten ás normas da presente orde e ó seu posterior desenvolvemento, e sexan aprobados pola Consellería de Emigración e Cooperación Exterior.

C) Aulas permanentes.

Poderán ser subvencionadas aquelas aulas que se axusten ás normas da presente orde e ó seu posterior desenvolvemento, e sexan aprobadas pola Consellería de Emigración e Cooperación Exterior.

Artigo 56º.-Solicitantes.

1. Serán solicitantes dos cursos de formación ocupacional e empresarial e das aulas permanentes as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

2. Así mesmo, poderán ser solicitantes dos cursos de formación empresarial as asociacións de empresarios galegos da Galicia do exterior.

Artigo 57º.-Documentación.

1. A documentación necesaria para os cursos de aulas permanentes e de formación ocupacional será:

a) Solicitude do centro segundo o modelo do anexo 8 desta orde.

b) Relación nominal dos participantes na que constará apelidos e nome, número do DNI ou do pasaporte.

2. A documentación necesaria para os cursos de formación empresarial será:

a) Solicitude da asociación segundo o modelo do anexo 8 BIS desta orde.

b) Relación nominal dos participantes na que constará apelidos e nome, número do DNI ou do pasaporte.

3. No caso dos cursos subvencionados, tanto de formación ocupacional como empresarial, xuntará á solicitude:

a) Programa das materias que se van impartir.

b) Currículum do profesorado.

c) Horario do curso, indicando os lugares e as datas da súa realización.

d) Orzamento pormenorizado do curso.

4. No caso de aulas permanentes, relación de programas que se van impartir ó longo do ano, currículo das correspondentes materias, memoria dos medios e materiais dispostos para tal fin, e currículum vitae do profesorado, así como o orzamento.

Artigo 58º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Consellería de Emigración e Cooperación Exterior (Basquiños, 2. 15704 Santiago de Compostela, A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 2002.

Artigo 59º.-Tramitación e resolución.

1. A Consellería de Emigración e Cooperación Exterior notificará a recepción das solicitudes dos cursos.

2. No seu momento a consellería comunicará a concesión do curso indicando, se é o caso, nome do profesorado, data, lugar e hora de chegada, así como as datas nas que se vai realizar.

Artigo 60º.-Seguimento.

1. Ó remate do curso a entidade remitirá á Consellería de Emigración e Cooperación Exterior unha memoria informativa sobre o seu desenvolvemento.

2. A solicitude de realización dun curso supón o compromiso de acepta-las comprobacións que a consellería considere necesarias para asegura-lo cumprimento das presentes normas.

Programa 9. Cursos de lingua, literatura, historia e cultura galega

Artigo 61º.-Obxecto.

1. O programa pretende promove-la realización de accións que eleven o nivel cultural dos emigrantes de orixe galega e manteña viva a súa identidade, así como en difundi-la cultura galega nos contornos dos seus asentamentos.

2. Poderá participar nalgunhas fases deste programa a Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Artigo 62º.-Características.

1. Estes cursos van dirixidos, preferentemente, a maiores de 14 anos que sexan socios de centros galegos; se ben poden participar tamén tódolos membros da colectividade galega e os seus descendentes, así como aquelas persoas interesadas no feito cultural de Galicia.

2. Cada curso, de carácter intensivo, terá unha duración de 60 horas de teoría e 15 de práctica. O horario das clases axustarase ás necesidades dos solicitantes é terá unha duración ordinaria dun mes ou, excepcionalmente, ata tres meses para os casos nos que existan profesores de galego xa desprazados ós lugares de impartición, completándose a realización do curso dentro do ano natural.

3. Os cursos poden ter dúas modalidades, unha de lingua galega con valor académico e dous niveis distintos de coñecementos: cursos de iniciación e cursos de perfeccionamento. Outra, de extensión cultural para persoas interesadas en mante-lo achegamento a Galicia, á súa realidade cultural actual, á súa historia, literatura, lingua e resto de manifestacións culturais da nosa terra.

4. Para que o curso poida ser concedido é necesario que conte cun número mínimo de 20 alumnos, agás casos excepcionais debidamente xustificados. Varios centros poderán presentar unha solicitude conxunta para a realización dun único curso que alcance o nivel de alumnado requirido. Na concesión valorarase a porcentaxe de alumnos de orixe galega.

Artigo 63º.-Contido das achegas.

1. A Dirección Xeral de Política Lingüística colaborará na realización deste.

2. A Consellería de Emigración e Cooperación Exterior farase cargo de:

a) O custo do desprazamento do profesorado ó lugar de celebración do curso.

b) O custo do material para a realización do curso.

c) O custo do envío do dito material.

3. Os centros proporcionarán as instalacións axeitadas para a realización do curso e faranse cargo con carácter ordinario, do custo da estadía do profesor (aloxamento e manutención) no lugar onde se leve a cabo ata un máximo de 30 días.

Artigo 64º.-Solicitantes.

Poderán solicita-la realización destes cursos as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

Artigo 65º.-Documentación.

A documentación necesaria para solicitar estes cursos será:

a) Solicitude do centro segundo o modelo do anexo 9 desta orde.

b) Relación nominal dos participantes preinscritos na que constarán apelidos e nome, idade, número do DNI ou do pasaporte e grao de ascendencia galega, se é o caso.

Artigo 66º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Consellería de Emigración e Cooperación Exterior (Basquiños, 2. 15704 Santiago de Compostela, A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 2002.

Artigo 67º.-Tramitación e resolución.

A Consellería de Emigración e Cooperación Exterior dictará resolución que comunicará ás entidades solicitantes en función de:

-Número de persoas solicitantes do curso.

-Número de cursos concedidos ó centro solicitante.

-Número de persoas solicitantes de orixe galega.

Así mesmo a consellería comunicará o nome do profesor designado e as datas e lugar de realización do curso tendo en conta o contido da solicitude do centro e do acordado coa Dirección Xeral de Política Lingüística.

Será preceptivo que o centro ou conxunto de centros solicitantes designen unha persoa que coordine as xestións desta actividade coa consellería debendo indica-lo seu nome e apelidos, número de teléfono e horario de localización.

Artigo 68º.-Seguimento.

1. Ó remate do curso, a entidade remitirá á consellería unha memoria informativa sobre o seu desenvolvemento.

2. A solicitude de realización dun curso supón o compromiso de acepta-las comprobacións que a Dirección Xeral de Política Lingüística e a consellería estimen necesarias para asegura-lo cumprimento das presentes normas.

Accións culturais

Programa 10. Concursos públicos culturais de artigos xornalísticos, narración breve, vídeo, pintura, debuxo, fotografía, e de creación e interpretación musical

Artigo 69º.-Obxecto.

Promove-lo desenvolvemento das actividades culturais nos seus aspectos literarios e plásticos dentro das comunidades galegas da Galicia do exterior, para potenciar e dinamiza-los ditos centros, co fin de que teñan unha vida plenamente integrada na cultura de Galicia.

Artigo 70º.-Características.

1. A convocatoria deste concurso é independente dos que poidan convoca-los centros de acordo coas súas posibilidades, e a este certame convocado pola consellería poderanse presentar traballos que fosen premiados polos centros.

2. A temática dos traballos terá que estar relacionada con Galicia ou coa emigración galega.

Artigo 71º.-Premios.

Os premios de cada unha das modalidades serán os seguintes:

1. Modalidade de artigos xornalísticos, premio «Andoriña»:

a) Primeiro premio: 1.800 euros.

b) Segundo premio: 900 euros.

c) Terceiro premio: 450 euros.

2. Modalidade de narración breve, premio «Bolboreta»:

a) Primeiro premio: 1.200 euros.

b) Segundo premio: 600 euros.

c) Terceiro premio: 300 euros.

3. Modalidade de vídeos, premio «Xanela»:

a) Primeiro premio: 1.500 euros.

b) Segundo premio: 900 euros.

c) Terceiro premio: 600 euros.

4. Modalidade de pintura, premio «Camelia»:

a) Primeiro premio: 2.400 euros.

b) Segundo premio: 1.200 euros.

c) Terceiro premio: 600 euros.

5. Modalidade de debuxo, premio «Mimosa»:

a) Primeiro premio: 1.800 euros.

b) Segundo premio: 1.200 euros.

c) Terceiro premio: 600 euros.

6. Modalidade de fotografía, premio «Vagalume»:

a) Primeiro premio: 1.200 euros.

b) Segundo premio: 600 euros.

c) Terceiro premio: 300 euros.

7. Modalidade de creación e interpretación musical, para gaiteiros solistas, premio «Gaiteiro de Soutelo»:

Esta modalidade faise en colaboración co Ateneo de Ferrol, promotor e organizador do premio «Constantino Bellón». Convócanse catro premios para a Galicia do exterior, que consistirán na asistencia e participación, con gastos de desprazamento e estadía pagados, ó concurso «Constantino Bellón» que convoca anualmente o Ateneo de Ferrol. A distribución por áreas xeográficas será:

a) Un premio para España.

b) Un premio para Europa.

c) Dous premios para América.

Esta distribución poderá variarse se o número e a calidade dos traballos presentados así o aconsellase.

8. Modalidade de narración breve e contos sobre as experiencias vividas en Galicia polos beneficiarios do Programa 16, «Actividades de campamento», premio «Pomba». En cada unha destas disciplinas convocaranse os seguintes premios:

a) Primeiro premio: 450 euros.

b) Segundo premio: 300 euros.

c) Terceiro premio: 150 euros.

9. Modalidade de reportaxe fotográfica sobre as experiencias vividas en Galicia polos beneficiarios do Programa 16 «Actividades de campamento», premio «Manuel Ferrol»:

a) Primeiro premio: 450 euros.

b) Segundo premio: 300 euros.

c) Terceiro premio: 150 euros.

10. Modalidade de traballos de investigación xuvenil «Galeguidade», sobre o tema «os mozos ante o futuro da Galicia Exterior», achegando propostas, ideas ou obras creativas que axuden ó seu fortalecemento e pervivencia, premiado con 1.800 euros.

11. Modalidade «Trofeo Galeguidade» coa organización de competicións e dotacións de premios nas modalidades deportivas xuvenís que se sinalen entre seleccións deportivas xuvenís de América e Europa, dependendo a súa posta en marcha no presente exercicio da correspondente dotación orzamen

taria e base organizativa imprescindible por parte dos centros galegos participantes.

Artigo 72º.-Participantes.

1. Poderán participar neste concurso os galegos, descendentes de galegos e socios das entidades galegas que sendo residentes na Galicia do exterior sexan autores de calquera traballo das modalidades enumeradas no artigo anterior, segundo as idades que figuren nas bases que se publicarán antes de transcorrer dous meses desde a publicación da presente orde.

2. Así mesmo poderán participa-los autores de traballos que fosen premiados nos concursos convocados polos centros galegos, sempre que estean de acordo coas anteditas bases.

3. Nas modalidades 8 e 9 do artigo 71º, de narración breve e contos e de reportaxe fotográfica, premios «Pomba» e «Manuel Ferrol», poderán participa-los beneficiarios do Programa 16, «Actividades de campamento» que narren ou describan experiencias vividas no transcurso deste programa.

4. Á parte doutras condicións que esixan as bases das convocatorias, non poderán participar nestes concursos aquelas persoas que obtiveran, na mesma modalidade, un primeiro premio ou dous ou máis premios distintos do primeiro, nos últimos catro anos.

Artigo 73º.-Documentación.

1. Cada traballo que se presente ó concurso deberá vir acompañado dunha proposición onde figure:

a) Nome do traballo.

b) Nome e apelidos do autor, enderezo, país e número de teléfono.

c) Valor estimado da obra, se é o caso.

2. As bases previstas no artigo 72º.1 establecerán concretamente os requisitos e formas de presentación dos traballos para cada especialidade.

Artigo 74º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Os autores que non se presentasen ós concursos dos centros enviarán os seus traballos a través dunha sociedade galega do exterior e, excepcionalmente, directamente a Consellería de Emigración e Cooperación Exterior (Basquiños, 2. 15074. Santiago de Compostela, A Coruña) dentro do prazo que se sinale nas bases, segundo a especialidade.

2. Os centros galegos que convocasen concursos poderán envia-los traballos premiados por eles para participar neste certame.

Artigo 75º.-Resolución e decisión.

1. A consellería publicará, nas datas sinaladas no artigo 72º, as bases da convocatoria para tódalas modalidades, e nomeará un xurado de persoas especialistas nas materias convocadas, no que participará, no caso do concurso de creación e interpretación musical de gaiteiros solistas, un membro do xurado do premio «Constantino Bellón».

2. O xurado, unha vez vistos os traballos, elevará a súa decisión á devandita consellería, que resolverá o concurso.

Artigo 76º.-Difusión das obras premiadas.

1. A Consellería de Emigración e Cooperación Exterior reservará para si o dereito de reproduci-las obras premiadas, que quedarán na súa propiedade, para utilizalas en actividades non comerciais.

2. As obras presentadas e non premiadas poderán ser retiradas polos autores antes do 31 de decembro do ano 2003.

3. O feito de participar no concurso presupón a aceptación das normas contidas neste programa e nas bases correspondentes.

Programa 11. Axudas para a realización de actividades asociativas e culturais

Artigo 77º.-Obxecto.

A concesión de axudas dirixidas a subvencionar, total ou parcialmente, as actividades de carácter asociativo e cultural realizadas en favor das comunidades galegas co fin de facer efectivos os dereitos de carácter cultural que lles recoñece a Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade.

Artigo 78º.-Características.

Ademais das actividades previstas nos distintos programas de accións culturais, numerados do 10 ó 15, realizadas directamente polas comunidades galegas, poderán ser subvencionadas, entre outras que se axusten á Lei de recoñecemento da galeguidade, as seguintes:

1. Realización de cursos, seminarios, xiras e conferencias non previstos en programas específicos desta convocatoria.

2. Programación e realización de actos conmemorativos de efemérides ou festas de especial significación para a lingua, historia ou cultura de Galicia.

3. Desprazamentos que no exercicio da súa función representativa realicen os membros da Comisión Delegada do Consello das Comunidades Galegas, dentro do seu ámbito territorial de actuación, sempre que se realicen coa previa autorización por escrito da Consellería de Emigración e Cooperación Exterior e cumprindo as condicións establecidas por ela.

4. A realización de tarefas complementarias de xestión por parte dos centros coordinadores de programas de axudas individuais designados naquelas partes onde se constitúa comisión avaliadora de axudas segundo o previsto na disposición adicional primeira desta orde.

Artigo 79º.-Solicitantes.

As solicitudes poderán ser presentadas polas entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, así como polas institucións e asociacións sen fin de lucro e as persoas físicas que puideran, se é o caso, realizar

accións que sirvan para os fins sinalados no artigo 78º da presente orde.

Artigo 80º.-Documentación.

A documentación deberá estar integrada por:

-Solicitude segundo o modelo normalizado que se une como anexo 10 á presente orde, xuntando as follas adicionais que se consideren necesarias para unha adecuada valoración da solicitude por parte da Consellería de Emigración e Cooperación Exterior.

Artigo 81º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Consellería de Emigración e Cooperación Exterior (Basquiños, 2. 15704 Santiago de Compostela, A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 2002.

Artigo 82º.-Tramitación e resolución.

A Consellería de Emigración e Cooperación Exterior dictará resolución, que comunicará ás entidades solicitantes e, sen prexuízo doutros extremos que se puideran tomar en consideración, ponderará as seguintes circunstancias nas solicitudes de subvención:

-A necesidade e utilidade das accións que se van desenvolver.

-O colectivo efectivo de persoas sobre as que incide directamente o programa cultural.

-A capacidade de xestiona-las actividades para as que se solicita subvención.

Artigo 83º.-Seguimento.

1. A solicitude de subvención supón o compromiso de aceptar que a Consellería de Emigración e Cooperación Exterior efectúe as comprobacións que crea necesarias para asegura-lo cumprimento das normas e condicións da subvención, no caso de que se conceda.

2. Os beneficiarios das subvencións quedan obrigados a comunicarlle á Consellería de Emigración e Cooperación Exterior calquera posible alteración das accións previstas, que deberá ser aprobada previamente pola citada consellería para xustifica-las subvencións concedidas.

Artigo 84º.-Pagamento e xustificación.

1. Pagamento:

Sen prexuízo da normativa aplicable, unha vez resolta a concesión de axuda, o pagamento realizarase de acordo coas seguintes normas:

a) Os trámites de pagamento de ata o 50% da subvención concedida poderanse iniciar a partir do momento da resolución de concesión, se así se xustifica cos documentos correspondentes ás activida

des ou programas xa realizados que se sinalan no punto seguinte.

O pagamento do resto do importe da subvención concedida realizarase unha vez que sexan suficientemente xustificadas as actividades realizadas con cargo á citada subvención.

b) Para as actuacións previstas no artigo 78, poderase autorizar excepcionalmente o réxime de pagamentos por xustificar previsto na normativa de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

2. Xustificación:

A documentación que deben presenta-los beneficiarios das subvencións, dentro do exercicio orzamentario, para proceder ó seu pagamento será a seguinte:

a) Informe detallado das actividades realizadas en execución do programa e que xustifiquen a subvención concedida.

b) Relación detallada dos gastos realizados con motivo da celebración das citadas actividades subvencionadas e, se é o caso, dos recursos cos que se contou para o seu financiamento ou das axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos, ou privados nacionais ou internacionais.

A documentación presentada polos centros galegos deberá ser asinada polo secretario co visto e prace do presidente e conformada pola Consellería de Emigración e Cooperación Exterior.

Programa 12. Acción informativa na Galicia exterior

Artigo 85º.-Obxecto.

Este programa ten por obxecto a concesión de axudas dirixidas a potencia-la difusión da cultura e realidade de Galicia no exterior a través de información de prensa, revistas de carácter periódico, programas de radio e televisión, etc. que promovan un mellor coñecemento de Galicia no exterior, da nosa realidade científica e cultural, da nosa lingua, literatura, música e folclore, etc., ademais da difusión directa que realicen as propias comunidades galegas mediante puntos permanentes de información creados no seu seo.

Artigo 86º.-Características.

As actuacións específicas que poden ser subvencionadas a través deste programa axustaranse ás seguintes características:

1. O mantemento de oficinas de turismo na Galicia do exterior. A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, a través da Dirección Xeral de Turismo, deseñará o modelo e contido das oficinas de turismo na Galicia exterior que se establecerán nas entidades galegas que determine segundo a súa estratexia de promoción exterior. Para estes efectos, estableceranse o convenio ou convenios que se consideren oportunos coa Consellería de Emigración e Cooperación Exterior.

Farase especial fincapé na dotación axeitada de medios materiais e, en particular, a súa conexión ás redes telemáticas de información turística.

2. A edición e difusión periódica polas comunidades galegas de revistas culturais, informativas, económicas, etc. ou boletíns de interese, e a realización de programas de radio e televisión dedicados á realidade galega por parte das comunidades galegas ou institucións e asociacións no exterior.

Estas actuacións serán subvencionadas en función da periodicidade, difusión e número de exemplares, calidade e custo dos exemplares publicados, se é o caso.

3. A distribución ás comunidades galegas e ás empresas difusoras nos países onde aquelas estean establecidas, de programas informativos de interese sobre Galicia mediante acordos con organismos ou empresas de radiodifusión e televisión de Galicia.

Os acordos previstos neste último caso poderán realizarse ó longo do correspondente exercicio, en función do número e actualidade dos programas que se van distribuír, contidos de especial dedicación a Galicia e ámbito e medio de difusión.

4. A conexión a Internet das comunidades galegas posibilitando o seu acceso á información universal mediante as denominadas autoestradas de información e ó uso do correo electrónico.

5. A conexión dos centros ás novas canles de acceso ás televisións galega e española, establecéndose para estes efectos as liñas de colaboración correspondentes.

Artigo 87º.-Solicitantes.

As solicitudes poderán ser presentadas polas entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, así como polas institucións ou empresas de radiodifusión e televisión de Galicia para os casos de distribución de programas a comunidades galegas previstos no punto 3 do artigo anterior.

Artigo 88º.-Documentación.

Para as actuacións previstas nos números 2, 4 e 5 do artigo 86º, a documentación deberá estar integrada por:

-Solicitude segundo o modelo normalizado que vai como anexo 11 da presente orde, xuntando as follas adicionais que se consideren precisas para unha adecuada valoración da axuda atendendo ós criterios sinalados no artigo 86º.

Artigo 89º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Consellería de Emigración e Cooperación Exterior (Basquiños, 2. 15704 Santiago de Compostela, A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 2002.

Artigo 90º.-Tramitación e resolución.

A Consellería de Emigración e Cooperación Exterior dictará resolución e comunicarállela ás entidades solicitantes en función dos criterios sinalados no artigo 86º desta orde.

Artigo 91º.-Seguimento.

1. A solicitude de axuda supón o compromiso de aceptar que a Consellería de Emigración e Cooperación Exterior poida face-las comprobacións que precise para asegura-lo cumprimento das normas e requisitos fixados na presente orde.

2. Os centros beneficiarios das axudas deberán comunicarlle á Consellería de Emigración e Cooperación Exterior calquera posible alteración das accións previstas.

Artigo 92º.-Pagamento e xustificación.

1. Xustificación:

Os centros beneficiarios das axudas deberán presentar dentro do exercicio orzamentario a seguinte documentación:

-Informe detallado que acredite a realización das actuacións informativas subvencionadas, remitíndolle á consellería un exemplar de cada número publicado cando se trate de axudas para edición de revistas e boletíns.

-Relación detallada dos gastos feitos con motivo da realización das citadas actividades.

A documentación presentada polos centros galegos deberá ser asinada polo secretario co visto e prace do presidente e conformada pola Consellería de Emigración e Cooperación Exterior.

2. Pagamento:

O sistema de pagamento das subvencións concedidas por este programa será o mesmo que o previsto para as subvencións do programa de actividades asociativas e culturais.

Programa 13. Dotacións para bibliotecas

Artigo 93º.-Obxecto e características.

1. O programa ten por obxecto favorece-la difusión da cultura galega mediante a provisión de material bibliográfico ós centros da Galicia do exterior.

2. As dotacións consistirán na adquisición e envío de material desde Galicia, para incrementa-lo fondo bibliográfico dos centros solicitantes.

Artigo 94º.-Contido das dotacións.

A Consellería de Emigración e Cooperación Exterior poderá concede-la totalidade ou parte do material bibliográfico solicitado, facéndose cargo da adquisición do mesmo, que non poderá ter, en ningún caso un valor superior a 600 euros, e do custo do envío ó centro galego.

Artigo 95º.-Solicitantes.

Poderán solicitar este tipo de dotacións as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

Artigo 96º.-Documentación.

A documentación que se presentará será a seguinte:

a) Solicitude segundo o modelo do anexo 12.

b) Relación de libros solicitados coa súa correspondente referencia bibliográfica (autor, editorial, etc.) ou indicación das áreas ou temas de interese para o centro.

Artigo 97º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos solicitantes enviarán a documentación esixida á Consellería de Emigración e Cooperación Exterior (Basquiños, 2. 15704 Santiago de Compostela, A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 2002.

Artigo 98º.-Tramitación e resolución.

1. A Consellería de Emigración e Cooperación Exterior notificará a recepción das solicitudes ós centros.

2. A consellería resolverá a concesión das dotacións en función de:

a) Dispoñibilidade orzamentaria.

b) Características dos centros solicitantes.

3. A consellería, no seu momento, comunicará ós centros a adxudicación da dotación e procederá ó envío de material.

Artigo 99º.-Seguimento.

A solicitude dun centro supón o compromiso de acepta-las comprobacións que a Consellería de Emigración e Cooperación Exterior coide necesarias para asegura-lo cumprimento das presentes normas.

Programa 14. Cursos de danza e música tradicional

Artigo 100º.-Obxecto.

Este programa ten por obxecto promove-la realización de accións que eleven o nivel artístico dos grupos folclóricos dos centros galegos.

Artigo 101º.-Características.

1. Os cursos versarán sobre folclore galego atendendo ás modalidades de baile, gaita, percusión, pandeireta e canto e confección de traxes tradicionais.

2. Estarán dirixidos ós centros galegos que teñan grupo folclórico ou que manifesten a súa vontade de crealo.

3. A duración dos cursos será de 15 días intensivos e o horario das clases axustarase ás necesidades dos solicitantes.

4. Ó comezo do curso realizarase unha sesión informativa de introducción dedicada exclusivamente a dar a coñecer Galicia desde o punto de vista cultural, histórico e monumental.

5. Agás en casos excepcionais debidamente xustificados, para que poida ser concedido un curso, é necesario que conte cun número mínimo de 15 participantes.

Artigo 102º.-Contido das achegas.

1. A consellería farase cargo:

a) Do custo do desprazamento do profesorado ata o lugar onde se realice o curso.

b) Do custo da compensación económica do personal docente.

c) Se é o caso, o custo do material que figure na lista correspondente que se una como anexo á resolución nos cursos que inclúan confección.

2. Os centros faranse cargo con carácter ordinario, dos gastos da estadía e manutención do profesorado durante os 15 días de duración do curso.

Artigo 103º.-Solicitantes.

Poderán solicita-la realización destes cursos as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

Artigo 104º.-Documentación.

A documentación precisa para solicitar estes cursos será:

a) Solicitude do centro segundo o modelo do anexo 13 desta orde.

b) Relación nominal dos participantes preinscritos na que constarán apelidos e nome, número do DNI ou do pasaporte e idade dos solicitantes.

Artigo 105º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviaranlle a documentación esixida á Consellería de Emigración e Cooperación Exterior (Basquiños, 2. 15704 Santiago de Compostela, A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 2002.

Artigo 106º.-Tramitación e resolución.

1. A Consellería de Emigración e Cooperación Exterior dictará resolución que comunicará ás entidades solicitantes en función de:

-Número de persoas solicitantes do curso.

-Número de cursos concedidos ó centro solicitante.

-Número de persoas preinscritas de orixe galega.

2. Así mesmo, a consellería comunicará o nome do profesor designado e as datas e lugar de celebración do curso tendo en conta o contido da solicitude do centro.

Artigo 107º.-Seguimento.

1. Ó remata-lo curso, a entidade a quen se lle concedeu remitirá á Consellería de Emigración e Cooperación Exterior unha breve memoria informativa sobre o seu desenvolvemento.

2. A solicitude para realizar un curso supón o compromiso de acepta-las comprobacións que a consellería coide necesarias para asegura-lo cumprimento das presentes normas.

Programa 15. Cursos extraordinarios

Artigo 108º.-Obxecto e características.

1. Este curso faise preciso porque estamos vivindo a época do turismo, da comunicación. É necesario orienta-lo viaxeiro ou o residente noutro país cunha serie de datos sobre Galicia, de interese para que estas persoas teñan unha estadía na nosa terra que poida engadir un novo matiz ós seus coñecementos, o matiz do galego, o matiz da existencia da realidade da etnia galega.

2. Será un curso intensivo, curto e rápido, impartido por áreas xeográficas, apoiándose nas comunidades de galegos máis numerosas.

3. Terá por finalidade formar persoas pertencentes a comunidades galegas para proporcionarlles coñecementos sobre a realidade cultural-turística da Galicia actual, perfeccionando, ó mesmo tempo, as súas capacidades de comunicación. Os devanditos coñecementos conforman, a través das clases recibidas, o adestramento de informadores turísticos de Galicia e do Camiño de Santiago.

4. O curso terá lugar nas instalacións da entidade que, dentro de cada área, designe a Consellería de Emigración e Cooperación Exterior.

Artigo 109º.-Modalidade do curso.

Será un curso de informadores turísticos e do Camiño de Santiago, no que poderá participar nalgunhas das súas fases a Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Será impartido por persoal especializado e recollerá aspectos tales como:

-Recursos turísticos de Galicia.

-Tramos diferentes da oferta turística galega.

-Diversificación de novas ofertas.

-Áreas naturais e itinerarios máis importantes para coñece-la paisaxe e os monumentos artísticos e históricos de Galicia.

-O Camiño de Santiago como legado histórico e as peregrinacións.

Artigo 110º.-Contido das achegas.

1. A Consellería de Emigración e Cooperación Exterior farase cargo:

a) Dos gastos de aluguer de locais, se é o caso, os de material didáctico e os de organización necesarios para imparti-lo curso no establecemento elixido.

b) Do custo da viaxe e das retribucións do persoal docente achegado pola consellería.

c) Do custo do desprazamento e, se é o caso, da estadía dos participantes que residan dentro da zona de influencia, pero fóra da área metropolitana na que se vai imparti-lo curso.

2. Poderá colaborar neste programa a Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Artigo 111º.-Solicitantes.

1. Poderán propoñer asistentes a este curso as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

2. As entidades solicitantes de prazas para este curso, ó faceren a selección, deberán ter en conta os seguintes criterios:

a) Ser maior de idade, procurando que unha maioría dos asistentes sexa menor de 30 anos.

b) Ser socio do centro e ter capacidade de comunicación.

c) Ser persoa que teña algunha responsabilidade, dentro da súa comunidade galega, nas áreas de turismo ou información sobre Galicia.

3. O número de asistentes ó curso non será menor de 100. A relación de alumnos poderá conformarse a partir das propostas de asistentes presentadas por diferentes entidades galegas da mesma área xeográfica.

Artigo 112º.-Documentación.

A documentación precisa para solicita-la participación neste curso será a solicitude-proposta que faga o centro segundo o modelo normalizado que aparece no anexo 14 desta orde.

Artigo 113º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Consellería de Emigración e Cooperación Exterior (Basquiños, 2. 15704 Santiago de Compostela, A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 2002.

Artigo 114º.-Tramitación, resolución e seguimento.

1. A Consellería de Emigración e Cooperación Exterior notificará a recepción das solicitudes.

2. No seu momento a consellería comunicará a concesión do curso.

3. A solicitude de participación supón o compromiso de aceptar que a Consellería de Emigración e Cooperación Exterior faga as comprobacións que considere precisas para asegura-lo cumprimento do contido e condicións do programa.

4. Os centros quedan obrigados a comunicarlle á consellería, se é o caso, calquera alteración das circunstancias que orixinaron a selección, podendo a devandita consellería dicta-la resolución que coide oportuna.

Accións xuvenís

Programa 16. Actividades de campamento

Artigo 115º.-Obxecto e características.

1. O programa ten por obxecto a inserción na vida social e cultural do pobo galego dos mozos e mozas pertencentes ás comunidades galegas da Galicia do exterior, achegándose ás raíces ancestrais do noso pobo, á nosa cultura etnográfica e ó noso medio rural e desenvolvendo ó mesmo tempo actividades recreativas, culturais, turísticas, deportivas e de tempo libre.

2. Convócanse 500 prazas en campamentos e albergues xuvenís da Comunidade Autónoma de Galicia, preferentemente na modalidade itinerante «Coñece Galicia» en determinadas quendas quincenais nos meses de xullo e agosto. Os seleccionados residirán en cada quenda consecutivamente en tres das seguintes instalacións: Irmáns Pedrosa de Lugo, López Cuevillas de Ourense, Altamar de Vigo, Gandarío e Mariña Española da Coruña e Monte do Gozo en Santiago. Os participantes integraranse con mozos residentes en Galicia e noutras comunidades españolas.

3. Poderá participar nalgunhas fases deste programa a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

4. As prazas para participantes de América e Oceanía poderán incluír unha axuda completa de viaxe, ou ben unha subvención do 50 por cento do seu custo, de acordo coas cotas que para cada país se establezan por resolución da Consellería de Emigración e Cooperación Exterior.

5. Este programa poderá realizarse na modalidade de «en colaboración cos concellos» coa finalidade de obte-la inserción na vida social e cultural dos concellos galegos dos rapaces e mozos, fillos ou netos de persoas orixinarias deles, comprendidos nas idades que se establezan e que residan na Galicia exterior. Esta modalidade, que será obxecto dunha circular explicativa, será desenvolvida en colaboración entre esta consellería e os concellos galegos que a subscriban.

Artigo 116º.-Contido das achegas.

1. A consellería farase cargo do custo da parte da viaxe que se estableza, tendo en conta o disposto no artigo 115º.4.

2. Os concellos de Galicia poderán participar na realización do programa, no caso de que este se faga na modalidade de «en colaboración cos concellos».

Artigo 117º.-Solicitantes.

Poderán solicitar estas prazas as persoas que, residindo no exterior, cumpran os seguintes requisitos:

a) Ser galego, fillo ou neto de galego.

b) Ter unha idade entre 14 e 20 anos, contados o 30 de xuño de 2002.

c) Non ter participado en edicións anteriores deste programa nin ter viaxado a Galicia nos últimos dez anos, para participar nas prazas que teñan axuda de viaxe.

Artigo 118º.-Documentación.

1. Os solicitantes de países americanos onde se constitúa a comisión avaliadora á que se fai referencia no artigo 120 desta orde deberán presentar, inicialmente, antes do 31 de marzo de 2002, os seguintes documentos:

a) Solicitude segundo o modelo do anexo 15.

b) Fotocopia dos documentos oficiais acreditativos da orixe galega do solicitante.

c) Dúas fotografías tamaño carné.

d) Fotocopia do seu documento nacional de identidade ou do pasaporte, no caso de que xa os teñan expedidos.

e) Anexo 15-B no caso dos solicitantes residentes en América e Oceanía, indicando a quenda de preferencia para o seu regreso.

f) Tódolos participantes menores de idade presentarán o modelo anexo 15-B e cubrirán a autorización para viaxar, asinada polos pais ou titores legais.

g) Os participantes menores de idade de Europa e América que desexen quedar coa súa familia en España ó remata-la actividade, deberán encher, así mesmo, a autorización asinada polos pais ou titores legais, incluída no mesmo modelo anexo 15-B.

2. Os solicitantes preseleccionados pola comisión avaliadora á que se refire o artigo 120 deberán presentar, na semana seguinte á exposición da acta de preseleccionados, os seguintes documentos:

a) Certificado médico de non padecer enfermidade infecto-contaxiosa e de ser apto para participar, con normalidade, en actividades recreativas e deportivas.

b) Se é o caso, fotocopia do documento necesario para unha posible asistencia sanitaria que exceda da establecida no convenio asinado coa Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia para programas culturais e asistenciais destinados á Galicia exterior.

3. Os solicitantes de España, Europa, Oceanía e países americanos onde non se constitúa comisión avaliadora deberán presentar no seu centro toda a documentación indicada nas alíneas 1 e 2 deste artigo.

Artigo 119º.-Lugar e prazo de presentación.

As solicitudes, xunto coa documentación correspondente en cada caso, entregaranse nos centros galegos ata o 31 de marzo de 2002.

Na modalidade de «en colaboración cos concellos» as solicitudes presentaranse no prazo establecido de acordo co concello e nas entidades galegas que se designen.

Artigo 120º.-Tramitación e resolución.

1. A Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude indicará as prazas dispoñibles en cada quenda así como os tramos de idade posibles para cada campamento.

2. A consellería asignará as prazas que corresponderán, para cada tipo de axuda de viaxe, a cada unha das áreas xeográficas, e dentro da área de América a cada un dos países.

3. Os centros galegos comprobarán que as solitudes estean completas e correctamente cubertas, tramitándoas do seguinte xeito:

a) Os centros galegos de España, Europa, Oceanía e países americanos onde non se constitúa comisión avaliadora, enviaranas directamente á Consellería de Emigración e Cooperación Exterior.

b) Os centros galegos dos países americanos onde se constitúa comisión avaliadora farán a tramitación das solicitudes polo mesmo método e comisión avaliadora que as sinaladas no artigo 7º, alíneas 1, 2, 3, 4, 5 e 6 desta orde, pero considerando para este programa como centros coordinadores, os seguintes:

* En Arxentina:

-Centro Galicia de Bos Aires.

-Centro Galego de Bos Aires. Oficina Delegada.

* En Brasil:

-Peña Galega da Casa de España de Río de Janeiro.

-Real Sociedade Española de Beneficencia de Salvador-Bahía.

* En Cuba:

-Oficina Administradora de Comunidades Galegas. Centro Gallego da Habana.

-Agrupación Artística Gallega da Habana.

* En Uruguai:

-Casa de Galicia de Montevideo.

-Unión de Sociedades Galegas de Montevideo.

* En Venezuela:

-Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.

4. A selección dos aspirantes farase valorando as seguintes circunstancias:

a) Grao de ascendencia galega.

b) Tempo sen visitar Galicia.

c) Situación económica da familia.

d) Grao de integración e participación na vida asociativa da comunidade por parte do solicitante e da súa familia.

e) Interese amosado polo participante no coñecemento da cultura e realidade galegas a través da súa participación en concursos culturais, traballos de investigación, cursos de distintas especialidades convocados por esta consellería para a Galicia exterior, etc.

Os centros galegos acompañarán as solicitudes co informe que, para valoración das circunstancias expresadas nas alíneas c), d) e e), establecerá por circular a Consellería de Emigración e Cooperación Exterior.

5. A consellería adxudicará directamente as prazas reservadas a España, Europa e demais países onde non exista comisión avaliadora, segundo as quendas e tramos de idade dispoñibles e polo número de solicitudes presentadas por centro.

6. A consellería comunicaralles ós centros coordinadores a adxudicación definitiva das prazas.

7. Con carácter previo á realización da viaxe a Galicia, os mozos seleccionados deberán asistir ás sesións informativas que se realizarán nos seus países de orixe, especificamente encamiñadas ó coñecemento da realidade galega en xeral e da actividade de campamento en particular.

8. Os beneficiarios deste programa presentarán obrigatoriamente, ó abeiro do programa 10 de concursos públicos, na modalidade 8, premio «Pomba», traballos de redaccións e, de forma opcional, de contos ou da modalidade de reportaxe fotográfica, premio «Manuel Ferrol», sen prexuízo do que dispoña a normativa en vigor da Dirección Xeral da Xuventude.

9. Na modalidade de «en colaboración con concellos» a tramitación realizarase a través das entidades galegas designadas e a selección dos participantes farase de acordo co contido do punto 5 deste artigo polo correspondente concello galego coa colaboración desta consellería.

Artigo 121º.-Seguimento.

1. A solicitude de participación supón o compromiso de aceptar que a Consellería de Emigración e Cooperación Exterior efectúe as comprobacións que considere necesarias sobre as circunstancias dos solicitantes que teñan incidencia na concesión de praza para participar neste programa.

2. Os beneficiarios quedan obrigados a comunicarlle á Consellería de Emigración e Cooperación Exterior calquera posible alteración das circunstan

cias orixinais, podendo a devandita consellería dicta-la resolución que considere oportuna.

Programa 17. Cursos de xestión de entidades e animación xuvenil

Artigo 122º.-Obxectivo e características.

1. Preténdese con estes cursos formar mozos maiores de 16 anos que poidan dinamiza-la xuventude dentro do ámbito de influencia dos centros galegos, capacitalos para a programación e realización de actividades socioculturais e recreativas para a xuventude tanto en tempo libre urbano como na natureza, así como promove-la incorporación da xuventude ás xuntas directivas potenciando o asociacionismo e a asunción de responsabilidades.

2. Estes cursos intensivos de animación xuvenil poderán te-los tres perfís distintos seguintes, atendendo ós módulos lectivos que incorporen, co fin de axustarse mellor ó nivel e á continuidade na demanda desta acción formativa por parte dos centros:

-Un nivel inicial de animación e xestión do tempo libre,

-Un nivel avanzado e complementario sobre a mesma materia e

-Un nivel específico para a organización e xestión de entidades asociativas, dirixidas á xuventude dos centros galegos con formación en planificación global, marketing asociativo e técnicas de dirección e dinámicas de grupo, que serán ofertados ós centros mediante a circular correspondente.

Os módulos que poderán terse en conta atenderán, entre outras áreas, ás seguintes: Galicia, programación e xestión do tempo libre, psicosocioloxía, animación e dinámica de grupos, organización e xestión de entidades, información, publicidade e imaxe asociativa e animación en áreas concretas; teatro, lectura, xogos, aire libre, primeiros auxilios, introducción ás artes plásticas, etc.

Mediante circular informaranse os centros da configuración de cada modalidade de cursos, dos módulos que integra e das súas finalidades e contidos docentes.

3. Para que poida ser obxecto de aprobación un curso, deberase contar cun mínimo de 20 participantes preinscritos. Varios centros poderán presentar unha solicitude conxunta para a realización dun único curso que alcance o nivel de alumnado requirido.

4. A duración destes cursos será de 35-40 horas lectivas impartidas nun máximo de 15 días e o horario axustarase ás necesidades dos solicitantes

5. Este programa poderá ser obxecto de acordo de colaboración entre a Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e a Consellería de Emigración e Cooperación Exterior.

Artigo 123º.-Contido das achegas.

1. A Consellería de Emigración e Cooperación Exterior farase cargo de:

a) O custo do desprazamento do profesorado ata o lugar de celebración do curso.

b) O custo das horas de docencia do profesorado.

c) O custo do material para os cursos.

d) O custo do envío do material.

2. Os centros galegos faranse cargo, con carácter ordinario de:

a) Proporciona-las instalacións adecuadas para face-lo curso.

b) O custo da estadía do profesor (aloxamento e manutención) no lugar onde se leve a cabo o curso ata un máximo de 15 días.

Artigo 124º.-Solicitantes.

Poderán solicita-la celebración destes cursos as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

Artigo 125º.-Documentación.

A documentación precisa para solicitar estes cursos será:

a) Solicitude do centro segundo o modelo do anexo 16 desta orde.

b) Relación nominal dos participantes preinscritos na que constarán apelidos e nome, número do documento nacional de identidade ou do pasaporte, así como a súa idade.

Artigo 126º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Consellería de Emigración e Cooperación Exterior (Basquiños, 2. 15704 Santiago de Compostela, A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 2002.

Artigo 127º.-Tramitación e resolución.

1. A Consellería de Emigración e Cooperación Exterior xustificará a recepción das solicitudes dos centros.

2. A consellería resolverá a concesión dos cursos tendo en conta:

a) Asignación orzamentaria.

b) Características do centro ou centros solicitantes e número efectivo de destinatarios dos cursos.

Artigo 128º.-Seguimento.

1. Ó remata-lo curso a entidade remitirá á consellería unha memoria informativa sobre o seu desenvolvemento.

2. A solicitude de celebración dun curso supón o compromiso de acepta-las comprobacións que a Consellería de Emigración e Cooperación Exterior crea necesarias para asegura-lo cumprimento destas normas.

Programa 18. Dotación e equipamentos deportivos

Artigo 129º.-Obxectivo e características.

Este programa ten como obxectivo a provisión do vestiario axeitado para a práctica deportiva ós centros da Galicia do exterior.

Artigo 130º.-Contido das dotacións.

A consellería poderá conceder, na súa totalidade ou en parte, o material deportivo solicitado, facéndose cargo da adquisición e do envío ó centro galego solicitante.

Artigo 131º.-Solicitantes.

Poderán solicitar este programa de dotación as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador e que teñan equipos deportivos creados no seu seo.

Artigo 132º.-Documentación.

Solicitude segundo o modelo do anexo 17 debidamente cuberta en tódolos seus puntos.

Artigo 133º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Consellería de Emigración e Cooperación Exterior (Basquiños, 2. 15704 Santiago de Compostela, A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 2002.

Artigo 134º.-Tramitación e resolución.

l. A Consellería de Emigración e Cooperación Exterior notificará a recepción das solicitudes dos centros.

2. A consellería resolverá a concesión das dotacións en función de:

a) Dispoñibilidade orzamentaria.

b) Características dos centros solicitantes, especialidades practicadas e número de compoñentes dos equipos.

Artigo 135º.-Seguimento.

A solicitude de dotación supón o compromiso de acepta-las comprobacións que a Consellería de Emigración e Cooperación Exterior considere necesarias para asegura-lo cumprimento das presentes normas.

Disposicións adicionais

Primeira.-Nos programas nos que o contido o permita, a Consellería de Emigración e Cooperación Exterior poderá, mediante resolución, para simplificar e axiliza-la selección dos beneficiarios, nomear

unha comisión avaliadora constituída de acordo co disposto no artigo 7º desta orde.

A devandita comisión reunirase naqueles países onde se presentaron un maior número de solicitudes, levantando acta dos seus acordos, que terá valor de proposta de selección.

Segunda.-Con carácter xeral, os beneficiarios de axudas e subvencións correspondentes a programas convocados pola presente orde quedan obrigados a:

-Presentar, coa solicitude inicial, unha declaración de conxunto de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas, para un mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes.

-Así mesmo, no momento da xustificación total do proxecto e en calquera caso antes do derradeiro pagamento, o peticionario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para un mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

-Someterse ós requisitos legais e regulamentarios que estipule a normativa xeral de aplicación ás axudas de subvencións da Xunta de Galicia así como as actuacións de comprobación que respecto da xestión de fondos pode efectua-la entidade conferente e as de control financeiro que realice a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e os procedementos fiscalizadores do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

-Se, por calquera motivo, a actividade programada non se puidese realizar, deberáselle comunicar á Consellería de Emigración e Cooperación Exterior, que poderá dispoñer do citado crédito para subvencionar proxectos inicialmente desestimados e que reúnan os requisitos da convocatoria ou aumenta-la axuda doutros subvencionados parcialmente.

-As entidades beneficiarias de axudas ou subvencións recollidas nesta orde quedarán obrigradas á difusión da concesión delas entre os seus asociados mediante os instrumentos informativos propios e de acordo coas súas previsións estatutarias.

Terceira.-Facúltase a Dirección Xeral de Emigración da Consellería de Emigración e Cooperación Exterior, sempre que a natureza e tramitación orzamentaria o permitan, para amplia-los prazos sinalados na presente orde mediante resolución.

Cuarta.-Os gastos en bens correntes e servicios que se ocasionen con motivo da realización dos programas 1 ó 18 realizaranse con cargo ó concepto orzamentario 17.01.213-A.226-07 (Actuacións derivadas da Lei da galeguidade) do orzamento da Comunidade Autónoma para 2002, e as axudas ou subvencións precisas para a realización dos citados programas concederanse con cargo á partida

17.01.213-A.480.0 (Transferencias correntes. A familias e institucións sen fin de lucro. Subvencións dedicadas ó cumprimento da Lei 4/1983).

Quinta.-Na tramitación e resolución das axudas correspondentes a un mesmo centro, relativas a programas financiados con cargo ó mesmo capítulo e concepto orzamentario e sempre que as circunstancias o aconsellen e o importe global das subvencións concedidas con cargo ó devandito capítulo e concepto non exceda de seis mil euros, a Dirección Xeral de Emigración da Consellería de Emigración e Cooperación Exterior poderá acumular nun único expediente varias ou tódalas solicitudes de axudas de acordo co previsto na lexislación de procedemento administrativo, detallando na resolución, se o considerase preciso, a contía parcial concedida por cada programa.

Sexta.-Dada a especificidade dos programas en favor das comunidades galegas e para unha maior operatividade e eficacia, delégase no director xeral de Emigración da Consellería de Emigración e Cooperación Exterior a concesión das axudas e subvencións e a resolución dos concursos que se convocan pola presente orde. Se no prazo de seis meses desde a iniciación do procedemento non recaese resolución expresa desta convocatoria, as solicitudes presentadas entenderanse desestimadas. A convocatoria, as súas bases e cantos actos administrativos deriven dela poderán ser obxecto de impugnación polos interesados nos casos e na forma establecida na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Setima.-A concesión das subvencións estará sempre condicionada ó límite de crédito previsto na aplicación correspondente.

No orzamento prorrogado da nosa comunidade autónoma para o 2002, figura un crédito de 2.946.227 euros para facer fronte ás actuacións derivadas da presente orde, distribuído nos seguintes capítulos: capítulo II 1.300.000 euros, capítulo IV 1.027.526 euros.

As citadas cantidades poderán ser ampliadas en función das dispoñibilidades orzamentarias que resulten da aprobación do orzamento definitivo da Comunidade Autónoma para o 2002.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Dirección Xeral de Emigración para dicta-las resolucións que tecnicamente sexan necesarias para o cumprimento da presente orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2002.

Aurelio D. Miras Portugal

Conselleiro de Emigración e Cooperación Exterior