Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 01 de febreiro de 2002 Páx. 1.234

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 22 de xaneiro de 2002 pola que se convocan bolsas para a formación de expertos turísticos nos mercados emisores.

Debido á grande importancia que o sector turístico ten no desenvolvemento da nosa economía requírese que por parte das administracións públicas se dediquen recursos para xerar iniciativas con tendencia a mellorar cada día o sector para así mante-la demanda existente e incrementala en todo o que sexa posible.

A Xunta de Galicia, a través da súa Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, está a adoptar unha serie de iniciativas para acada-los fins sinalados. Entre estas medidas, e por primeira

vez, a Xunta de Galicia no ano 2000 dedicou parte dos seus recursos en materia turística á convocatoria dunhas bolsas para a especialización de expertos en mercados emisores e, simultaneamente, potenciar e fomenta-la nosa oferta turística nestes países a través da realización de prácticas profesionais na rede de oficinas do Instituto de Turismo de España (Turespaña) no estranxeiro.

No exercicio económico de 2002, vistos os resultados máis que aceptables acadados coa medida antedita, entendemos que se debe de seguir na mesma liña e, por todo isto e consonte o establecido sobre medidas de fomento no artigo 73 da Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turis

mo en Galicia, en concordancia co sinalado no artigo 74 da dita lei, convócanse unha serie de axudas para a realización de prácticas de información turística das que se poden beneficia-los titulados na materia de técnicos de empresas e actividades turísticas (TEAT), diplomados en turismo e titulados superiores.

Todo o anterior faise de conformidade coas seguintes:

BASES:

Primeira.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios de bolsas, consonte o sinalado na presente orde, para a especialización en mercados emisores e, simultaneamente, potenciar e fomenta-la nosa oferta turística así como para realizar estudios relacionados preferentemente coa análise do mercado, a promoción e o apoio á nosa comercialización turística, os titulados superiores, diplomados en turismo así como os titulados na materia de técnicos de empresas e actividades turísticas (TEAT).

Segunda.-Determinacións orzamentarias.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo concederá tres bolsas con cargo ós créditos que, para esta finalidade, están contemplados no orzamento prorrogado da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, en concreto, na aplicación orzamentaria 10.05.751A.480.0, non sendo nestas bolsas posible a concorrencia con calquera outra axuda para o mesmo obxecto e finalidade.

Terceira.-Destino, número, duración e dotación das bolsas.

Cidade deNúmero deDuración daLugar de realizaciónDotación

destino bolsas bolsa da bolsa A

São Paulo19 mesesOficina do Instituto de Turismo22.550

España

Londres19 mesesOficina do Instituto de Turismo22.550

España

Buenos Aires110 mesesOficina de información turística22.550

da Xunta de Galicia

A dotación de cada unha das bolsas é polo seu importe bruto e, na dita dotación están incluídos os gastos de desprazamento.

Cuarta.-Requisitos dos candidatos.

* Ser español ou nacional dun dos países membros da Unión Europea.

* Non ter máis de 30 anos no momento de remate do prazo de presentación de solicitudes.

* Ser titulado superior, diplomado en turismo ou na la materia de técnicos de empresas e actividades turísticas (TEAT).

Quinta.-Natureza xurídica da relación.

A condición de beneficiario da bolsa obxecto desta convocatoria non xerará relación laboral ou contrac

tual de calquera tipo coa Xunta de Galicia nin a inclusión na Seguridade Social aínda que os beneficiarios de bolsas desfrutarán dun seguro sanitario durante o período de duración da bolsa.

Sexta.-Obrigas dos beneficiarios das bolsas.

Os beneficiarios das bolsas de estudio comprométense:

-A non renunciaren á bolsa salvo causa de forza maior e, no caso de renuncia, cando non concorra causa de forza maior, a devolveren o importe do desprazamento.

-Levaren a cabo o plan de traballo previamente aprobado pola Dirección Xeral de Turismo por proposta do director da oficina española de Turismo onde desempeñe as súas funcións.

-A realizaren o plan de traballo baixo as ordes do director da oficina española de Turismo e, neste sentido, integrarase como membro da oficina para o desenvolvemento do plan, con suxeición ás normas da oficina sobre xornada laboral e funcionamento, utilizando os medios dispoñibles no centro de traballo que sexan precisos para a realización das tarefas que lle sexan encomendadas.

-A emitiren á Dirección Xeral de Turismo da Xunta de Galicia e á Dirección da Oficina Española de Turismo onde desempeñe as súas funcións, con carácter trimestral, un infome da actividade realizada no período ou cando, se é o caso, lle sexa solicitado polo director xeral de Turismo ou polo correspondente director da oficina.

-A desprazáranse a requerimento da Dirección Xeral de Turismo alomenos unha vez ó ano a Galicia para os efectos de informa-lo antedito órgano sobre a marcha das súas funcións, recibir instruccións e, se é o caso, formación. Os gastos derivados desta obriga correrán a cargo da Dirección Xeral de Turismo.

-Residiren, durante o período de vixencia da bolsa, no país e zona deste que se lle designe.

-Desenvolveren a actividade obxecto da bolsa cuns niveis de dedicación e rendemento satisfactorios.

-A facilitaren toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino da bolsa obxecto da presente orde.

Sétima.-Solicitudes e documentación.

1. As solicitudes serán remitidas á Dirección Xeral de Turismo, en calquera das formas previstas na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte días con

tados desde o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, cubríndose do seguinte xeito:

a) Con carácter obrigatorio:

* Solicitude segundo o anexo I.

* Fotocopia compulsada, por ámbalas caras, do DNI ou documento análogo equivalente.

* Certificación académica completa ou fotocopia compulsada dela, que inclúa as cualificacións obtidas na licenciatura, na diplomatura ou na materia de técnico de empresas e actividades turísticas así como a nota media. No caso de que o expediente académico non sexa español, será preciso que estea debidamente validado pola administración educativa española.

* Memoria explicativa de como se realizaría unha análise do mercado, promoción e apoio á comercialización turística de Galicia como destino turístico no mercado do destino solicitado polo bolseiro. Esta memoria deberase de recoller nunha extensión mínima de 5 folios e máxima de 10.

* Currículum vitae.

* Declaración de conxunto de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas, para a actividade obxecto desta orde, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

b) Con carácter voluntario:

Documento acreditativo de realización de mestrados, cursos de posgrao ou análogos en materia turística.

2. Os interesados poderán realizar unha solicitude, en expedientes independientes, por cada un dos destinos ofertados.

3. As compulsas que procedan para toda a documentación que se especifica nesta orde faranse nos correspondentes servicios centrais ou provinciais da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Oitava.-Selección das solicitudes e resolución.

1. A selección das solicitudes realizarase, logo de completada debidamente a solicitude, mediante a valoración dos méritos acreditados conforme o seguinte baremo así como un exame dos idiomas inglés ou portugués, segundo corresponda e outro sobre o temario que se inclúe como anexo III a esta orde.

a) Expediente académico, ata 3 puntos.

b) Currículum vitae, ata 3 puntos.

c) Memoria explicativa de como se realizaría unha análise do mercado, promoción e apoio á comercialización turística de Galicia como destino turístico no mercado do destino solicitado polo bolseiro, ata 5 puntos.

d) Mestrados, cursos de posgrao ou análogos en materia turística, 1 punto por curso e, no caso de terénse realizado estes en universidades galegas, 2 puntos por curso.

Para a valoración das solicitudes e realización dos exames e a súa valoración constituirase un tribunal que estará formado polas seguintes persoas adscritas á Dirección Xeral de Turismo e á Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia:

Presidente:

Titular: a directora xeral de Turismo.

Suplente: a subdirectora xeral de Fomento e Cooperación.

Vocais:

Titulares:

* A subdirectora xeral de Ordenación.

* O director-xerente da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia.

Suplentes:

* A xefa do Servicio de Formación, Cooperación Institucional e Documentación.

* A xefa de Área de Coordinación do Plan de Promoción.

Secretaría:

Titular: o xefe do servicio de Fomento e Promoción.

Suplente: o xefe de Sección de Fomento.

O tribunal realizará una preselección que se considerará superada polos aspirantes que obteñan unha puntuación de 7 ou máis puntos, segundo o baremo, os cales deberán realizar un examen de inglés e/ou portugués, oral e/ou escrito, a criterio do tribunal e outro, tipo test, sobre o temario que se inclúe como anexo III a esta orde. Á puntuación obtida por aplicación do baremo sumaráselle a obtida nos exames. Quedan exentos de realiza-lo exame de idiomas os solicitantes para a oficina de turismo de Buenos Aires.

O tribunal poderá realizar unha entrevista cos aspirantes preseleccionados sobre os seus méritos curriculares, a memoria e de cultura xeral polo tempo máximo de 15 minutos.

En función do contido da entrevista, o tribunal poderá aumenta-la puntuación inicialmente asignada nun máximo do 25% da que lle correspondese por aplicación do baremo.

2.1. O tribunal proporá como adxudicatarios, para cada un dos destinos, os solicitantes, en cada un deles, que acadasen a maior puntuación. No caso de que un mesmo solicitante acadase a maior puntuación para cada un dos destinos éste deberá optar, no prazo de 10 días desde a publicación dos acordos do tribunal e mediante comparecencia persoal ante a Secretaría do Tribunal, por unha das bolsas; así mesmo, no caso de que dous ou máis solicitantes acadasen a mesma puntuación para o mesmo destino,

proporase a súa adxudicación ó solicitante de maior idade.

Os acordos do tribunal faranse públicos mediante a inserción de anuncios nos taboleiros da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, isto é na Secretaría Xeral e na Dirección Xeral de Turismo.

2.2. No caso de que, unha vez adxudicadas as bolsas, xurdisen renuncias ou non se aceptasen, poderase adxudicar esta ó seguinte aspirante en puntuación procedéndose, do mesmo xeito, en renuncias consecutivas.

3. O conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, vistos os acordos do tribunal, resolverá a concesión de conformidade co establecido na presente orde no prazo de catro meses desde o remate do prazo de presentación de solicitudes, agás as consideradas no punto 2.2 anterior, que as resolverá segundo as circunstancias. Contra os ditos actos resolutivos, que esgotan a vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso contencioso-administrativo ante do Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Autónoma de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a recepción da notificación da resolución ou, potestativamente, interpoñer, no prazo dun mes desde a recepción da resolución, recurso de reposición ante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Novena.-Aceptación-renuncia das bolsas.

Unha vez recibidas as notificacións de concesión das bolsas polos beneficiarios, estes, no prazo de cinco días naturais, comunicarán á Dirección Xeral de Turismo a aceptación (utilizarase o modelo do anexo II da orde) ou renuncia a elas. No caso de aceptación xuntarase con ela certificación bancaria da conta onde se aboará a bolsa. Se, transcorridos os sinalados cinco días, non se fixese manifestación en ningún sentido, tal feito entenderase como renuncia á subvención e procederase a dictar resolución de arquivo do expediente.

Décima.-Aboamento das axudas.

A Dirección Xeral de Turismo aboaralles ós bolseiros mensualmente e en partes alícuotas ó importe das bolsas concedidas, logo de comunicación do correspondente director da oficina do bo cumprimento das tarefas encomendadas. Non obstante, trala aceptación e previa presentación na Dirección Xeral de Turismo do billete do desprazamento, confirmado, aboaráselle a cada bolseiro unha cantidade equivalente ó 5% da dotación da bolsa na calidade de anticipo; este anticipo será dunha cantidade equivalente ó 10% da dotación da bolsa no caso de presenta-los billetes do desprazamento, de ida e volta, confirmados. O anticipo descontarase do aboamento mensual de maneira rateada ó longo de tódolos aboamentos.

Así mesmo, os bolseiros, antes do derradeiro aboamento deberán achegar á Dirección Xeral de Turismo

declaración de conxunto das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para a actividade obxecto desta orde, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

Undécima.-Incumprimento das obrigas.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, logo do trámite de audiencia, poderá anula-la axuda por incumprimento das obrigas contraídas polos adxudicatarios. Así mesmo, toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda obxecto da presente orde e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión. A Dirección Xeral de Turismo proporá, de se-lo caso, a incoación do expediente sancionador correspondente.

Disposición adicional

Primeira.-No caso do beneficiario da bolsa na oficina de información turística da Xunta de Galicia en Buenos Aires o plan de traballo será aprobado pola Dirección Xeral de Turismo en coordinación co director da oficina española de Turismo na dita cidade e o dito plan de traballo realizarase baixo as ordes da Dirección Xeral de Turismo da Consellería que poderá encomeda-la dita función ó presidente do Centro Galicia de Buenos Aires quen, ademais, para os efectos de aboamento da bolsa, comunicará o bo cumprimento das tarefas encomendadas ó bolseiro. Así mesmo, o beneficiario da bolsa en Buenos Aires residirá, durante o período de vixencia da bolsa, no país e zona deste que lle designe a Dirección Xeral de Turismo.

Segunda.-O tribunal cualificador, por acordo do seu presidente, poderá incorporar como membros do mesmo as persoas que, debidamente cualificadas, considere oportunas para apoio ó mesmo. Ditas persoas terán voz pero non voto nas decisións do tribunal.

Disposicións derradeiras

Primeira.-En todo o non recollido na presente orde aplicarase ó disposto para esta materia no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Segunda.-Facúltase a directora xeral de Turismo para dictar cantas disposicións considere oportunas no desenvolvemento e interpretación desta orde.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2002.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación

Social e Turismo