Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 01 de febreiro de 2002 Páx. 1.240

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta da comisión paritaria do convenio colectivo da empresa Hospital Miguel Domínguez, S.L.

Vista a acta da comisión paritaria do convenio colectivo da empresa Hospital Miguel Domínguez, S.L., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 8 de xaneiro de 2002, de corrección de erros da táboa salarial do devandito convenio (Diario Oficial de Galicia nº 210, do 30-10-2001) e no sentido que se fai figuran no texto da dita acta.

Que ó abeiro do disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Rectifica-lo erro material sufrido na táboa salarial do convenio colectivo da empresa Hospital Miguel Domínguez, S.L., e no sentido que figura no texto da acta.

Segundo.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Terceiro.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Cuarto.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 8 de xaneiro de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provinical de Pontevedra

Acta

Asistentes:

Dunha parte, en representación da empresa, na súa calidade de representante legal: Miguel Domínguez Vaz.

Doutra parte, en representación do cadro de persoal: Rosa Mª Alfonsín López e Isabel Lago, presidenta e secretaria, respectivamente, do comité de empresa.

En Pontevedra, ás 11 horas do día 16 de novembro de 2001.

Reunidas as persoas que á marxe se citan na representación que cada un ten, segundo se indica, manifestan o seguinte:

Primeiro.-Que verificaron na publicación do convenio colectivo de empresa no Diario Oficial de Gali

cia, nº 210, do 30 de outubro de 2001, un erro na táboa salarial, concretamente no salario asignado á categoría profesional de auxiliar administrativo.

Segundo.-Que se acorda remitirlle ó órgano competente a oportuna rectificación:

Onde di: auxiliar administrativo103.800.

Debe dicir: auxiliar administrativo97.863.

E, en proba de conformidade, asinan a presente, ás 11.30 horas do día arriba indicado.

Sinaturas.