Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 04 de febreiro de 2002 Páx. 1.282

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2002 pola que se adxudican as axudas correspondentes ó programa apoio a I+D industrial, tecnoloxía industrial do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (PGIDT) en réxime de concorrencia competitiva, convocadas pola Orde do 1 de outubro de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 9 de outubro) pola que se abre unha segunda convocatoria de solicitudes en relación coa Orde do 26 de marzo de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 9 de abril).

A orde conxunta da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e da Consellería de Industria e Comercio do 1 de outubro de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 196, do 9 de outubro) abre unha segunda convocatoria de solicitudes en relación coa Orde do 26 de marzo de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 70, do 9 de abril) que aproba as bases reguladoras da concesión de axudas correspondentes a investigación enerxética do programa apoio a I+D industrial, tecnoloxía industrial do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (PGIDT) en réxime de concorrencia competitiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2001.

A segunda convocatoria refírese exclusivamente a proxectos que poidan incluírse dentro do obxectivo do anexo II: axudas para a realización de proxectos de investigación e desenvolvemento (I+D) empresarial nas áeras de eficiencia enerxética e enerxías renovables.

A selección das solicitudes e a determinación da contía das axudas foi realizada pola comisión de selección segundo o establecido no punto 8 do anexo II, da mencionada orde de convocatoria.

Na súa virtude, e atendendo á proposta elaborada pola comisión de selección en virtude das competencias atribuídas ás consellerías da Presidencia,

Relacións Institucionais e Administración Pública e de Industria e Comercio,

RESOLVEMOS:

Primeiro.-Concede-las axudas para a realización de proxectos de investigación e desenvolvemento empresarial ás empresas que se relacionan no anexo I da presente resolución, na contía e polas anualidades que se sinalan.

Segundo.-Denega-las axudas ás empresas que se relacionan no anexo II polos motivos que nel se sinalan.

Terceiro.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na referida orde da convocatoria suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Cuarto.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública ou de Industria e Comercio, segundo proceda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa notificación, conforme os artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xuño, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á súa notificación, e sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren oportuno.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2002.

Jaime Pita VarelaJuan Rodríguez Yuste

Conselleiro da Presidencia,Conselleiro de Industria

Relacións Institucionaise Comercio

e Administración Pública

ANEXO I

Concedidas

Axudas concedidas a proxectos I+D empresarial nas áreas de eficiencia enerxética e enerxías renovables.

Empresa

CIF/NIF

Título proxecto

Aplicación orzamentaria

08.02.432-A.770.2

I+D enerxía

Investimento subvencionableImporte subvención

Ano 2001Ano 2002Ano 2003Ano 2001Ano 2002Ano 2003

Acuagest, S.A.A-28220606Sistema de xestión enerxética eficiente da rede de plantas de secado térmico das EDAR.5.600.0007.100.0002.520.0003.195.000

Servicios de Ingeniería y Montaje Alen, S.L.B-15710585Deseño e construcción dun sistema para limpeza, restauración e mantemento exterior de aeroxeradores.6.825.00046.225.0003.071.25020.339.000

Empresa

CIF/NIF

Título proxecto

Aplicación orzamentaria

08.02.432-A.770.2

I+D enerxía

Investimento subvencionableImporte subvención

Ano 2001Ano 2002Ano 2003Ano 2001Ano 2002Ano 2003

Servicios de Ingeniería y Montaje Alen, S.L.B-15710585Deseño e construcción dun prototipo de aeroxerador para autoabastecemento. Implantación para estudio e mellora do seu funcionamento.1.285.00038.674.00017.115.000578.25017.403.3007.701.750

Asociación para el Fomento de la Investigación Cerámica en GaliciaG-15323215Purificación de silicio para a fabricación de células fotovoltaicas: eliminación de boro e fósforo.20.000.00020.000.0009.000.0009.000.000

Hidroener, S.A.A-27035815Avaliación do potencial eólico en terreos complexos. Aplicación de modelos e a súa verificación coas medidas reais dun parque eólico.6.700.0003.250.0003.015.0001.462.500

Gecoisa, Consultor de Ingeniería, S.A.A-27035815Control e xestión de parques eólicos en función da capacidade da rede.9.000.0003.800.0003.200.0004.050.0001.710.0001.440.000

Galifar, S.L.B-15334709Desenvolvemento dunha caldeira pirotubular con intercambiador interno de ACS para sistemas hidrónicos.18.520.0008.334.000

Total67.930.000119.049.00020.315.00030.568.50053.109.8009.141.750

ANEXO II

Denegadas

Axudas denegadas a proxectos I+D empresarial nas áreas de eficiencia enerxética e enerxías renovables.

Empresa/entidad: Energy Solar System Ingeniering.

CIF/NIF: B-15764418.

Definición proxecto: deseño e fabricación para enerxía solar en Galicia.

InvestimentoImporte subvención

Ano 2001520.630.0000

Ano 2002519.387.0000

Causa de denegación:

A finalidade do proxecto (planta de fabricación de paneis solares) non entra dentro do obxecto da orde (investigación e desenvolvemento).

Ó dito proxecto concedéuselle unha subvención ó abeiro da Orde do 21 de setembro de 2001 pola que se abre unha segunda convocatoria en relación coa orde da Consellería de Industria e Comercio do 18 de xaneiro de 2001 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de axudas encamiñadas á mellora da infraestructura enerxética de Galicia (capítulo II: axudas para o fomento de enerxía renovables).