Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 04 de febreiro de 2002 Páx. 1.300

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no artigo 12 c do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, correspondentes ás categorías 14 (xefe/a de cociña) e 65 (oficial 1º cociña e outras) do grupo III e á categoría 5 (oficial 2º cociña e outras) do grupo IV, de conformidade co establecido na Resolución do 26 de xaneiro de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 9 de febreiro).

Publicadas as resolucións dos días 21 de xuño de 2001 (DOG nº 126, do 29 de xuño) e do 28 de novembro de 2001 (DOG nº 238, do 11 de decembro) relativas á publicación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral reguladas no artigo 12 c

do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, e correspondentes ás categorías 014 (xefe/a de cociña) e 065 (oficial 1º de cociña e outras) do grupo III e categoría 005 (oficial 2º de cociña e outras) do grupo IV e unha vez finalizados os prazos previstos nestas e elaboradas as listas definitivas pola comisión permanente de selección de persoal laboral para a cobertura de postos de traballo reservados a persoal laboral, na sesión celebrada o día 17 de xaneiro de 2002, a Dirección Xeral da Función Pública

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral reguladas no artigo 12 c do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, correspondentes á categoría 014 (xefe/a de cociña) e categoría 065 (oficial 1º cociña e outras) do grupo III e categoría 005 (oficial 2º de cociña e outras) do grupo IV, as listas están expostas da forma que a continuación se indica:

Anexo I. Figuran os solicitantes incluídos na lista, con indicación da puntuación definitiva.

Anexo II. Figuran os solicitantes excluídos coa expresión da causa de exclusión.

Segundo.-Os citados anexos encóntranse expostos nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

-Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

-Oficinas comarcais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Terceiro.-A partir da data da publicación no Diario Oficial de Galicia da exposición destas listas definitivas, os solicitantes admitidos serán incluídos pola comisión permanente de selección nas listas do grupo e categorías existentes, no lugar que lles corresponda pola orden de prelación obtida, segundo o establecido na base 6.3 da Resolución do 26 de xaneiro de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 29, do 9 de febreiro).

Cuarto.-Contra a presente resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro da Presidencia, Relaciones Institucionais e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente

resolución no DOG, de acordo co artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2002.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública