Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 04 de febreiro de 2002 Páx. 1.304

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE OURENSE (SECCIÓN SEGUNDA)

CÉDULA de notificación (298/2001).

Alfonso Travado y Lira, secretario da Audiencia Provincial de Ourense, sección segunda, certifico que no rolo de apelación civil, ó que se fará referencia, se dictou sentencia, que ten como encabezamento e parte dispositiva o teor literal seguinte:

Apelación civil:

A sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense, constituída por Abel Carvajales Santa-Eufemia, presidente, Mª Mercedes Pérez Martín-Esperanza, Fernando Alañón Olmedo, maxistrados, pronunciaron, en nome de El-Rei, a seguinte sentencia:

Na cidade de Ourense o 30 de novembro de 2001.

Vistos, en grao de apelación, por esta sección segunda da audiencia provincial, actuando como tribunal civil, os autos de xuízo de cognición procedente do xurado mixto da Pobra de Trives, seguidos co número 83/2000, rolo de apelación número 298/2001, entre partes, como apelante Rosalía Diéguez Pérez, baixo a dirección do letrado Ramón Núñez Fernández, como apelados Manuel Hervella Ramos, Josefa Rodríguez Rodríguez, ámbolos dous en situación procesual de rebeldía. É relator Fernando Alañón Olmedo.

Decido que se desestima o recurso de apelación interposto pola representación de Rosalía Diéguez Pérez, contra a sentencia dictada polo Xulgado da Pobra de Trives, en autos de xuízo de cognición número 83/2000, rolo de apelación número 298/2001, de data 15 de marzo de 2001, a resolución do cal se confirma cos seus propios termos, e impoñendo á apelante o pagamento das custas procesuais ocasionadas nesta alzada.

Ó notificarlle esta resolución ás partes, fáganse as indicacións a que se refire o artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial.

Así, por esta nosa sentencia, da que en unión dos autos orixinais se remitirá certificación ó xulgado de procedencia para a súa execución e demais efectos, xulgando en segunda instancia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Abel Carvajales Santa-Eufemia.

Mª Mercedes Pérez Martín-Esperanza.

Fernando Alañón Olmedo.

Rubricadas.

E para que así conste e sirva de notificación ós demandados apelados Manuel Hervella Ramos e Josefa Rodríguez Rodríguez, ausentes en paradoiro

descoñecido, expido e asino a presente cédula, que foi lida e pronunciada en audiencia pública, en Ourense o 30 de novembro de 2001.

O secretario

Rubricado