Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 04 de febreiro de 2002 Páx. 1.304

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA (SECCIÓN QUINTA)

EDICTO (221/1994).

Francisca Conde Alfonso, oficial en funcións de secretario da sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, certifico que no rolo de apelación civil número 324/2000, dimanante de menor contía 221/1994 do Xulgado de Primeira Instancia número catro dos de Vigo, dictouse sentencia, do teor literal seguinte:

«A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados Juan Manuel Lojo Aller, presidente, Victoria Eugenia Fariña Conde e Inmaculada de Martín Velázquez, pronunciaron, en nome do Rei, a seguinte sentencia número 412/2001.

Vigo, 22 de outubro de 2001.

Visto o recurso de apelación interposto contra a sentencia recaída nos autos de xuízo de menor contía número 221/1994, seguidos ante o Xulgado de Primeira Instancia número catro de Vigo (rolo de sala número 324/2000), sobre resolución de contrato de compravenda e outros extremos; no que son partes: como apelante a codemandada entidade Inturasa-Pérez Rumbao, S.A. (actual denominación de Industrial Turbomatriz Atlántica, S.A.), representada pola procuradora María Jesús Valencia Ulloa e defendida pola letrada Aurora del Pilar Moreno Selvi; e como apelados: o comandante José-Alberto Blanco Peña, representado pola procuradora María del Carmen López de Castro, co enderezo do letrado Jesús Gamallo Pita; a codemandante Ofelia-Esther Souto Castro, representada en primeira instancia pola procuradora López de Castro e non comparecida nesta instancia; a codemandada Pastor Leasing, Sociedade de Arrendamento Financeiro, S.A., representada pola procuradora Fátima Portabales Barros, baixo a

dirección do letrado Julián Fernández Montelles e Fernández; e codemandada Iveco Pegaso, S.A., representada polo procurador Cesáreo Vázquez Ramos, baixo a dirección da letrada Gema González García, e os codemandados, en situación procesual de rebeldía, José Manuel Seoane Fraga, Gonzalo Castro Pumares e Tapicerías del Noroeste, S.L. Foi relatora a maxistrada Victoria Eugenia Fariña Conde, quen expresa o parecer da sala.

Seguen os antecedentes de feito e os fundamentos de dereito.

Decido que desestimando o recurso de apelación formulado por Inturasa, representada pola procuradora María Jesús Valencia Ulloa, contra a sentencia de data 24 de maio de 1999, dictada polo Xulgado de Primeira Instancia número catro de Vigo nos autos de xuízo de menor contía número 221/1994 (rolo de apelación número 324/2000), debemos confirmar e confirmamos integramente a expresada resolución, sen facer expresa imposición de custas desta alzada.

Notifíquese o presente edicto ás partes na forma establecida no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial.

Con testemuño desta resolución, devólvanse as actuacións ó xulgado de procedencia por quen se xustificará recepción.

Así, pola nosa sentencia, da que se unirá certificación ó rolo da sala, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación ós apelados demandados José Manuel Seoane Fraga e Tapicerías del Noroeste, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto en Vigo, o 21 de novembro de 2001.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CUATRO

DE LUGO