Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 04 de febreiro de 2002 Páx. 1.305

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PONTEAREAS

EDICTO (305/2001).

María Eugenia Manzanares Saavedra, xuíza de Primeira Instancia número un de Ponteareas.

Por este edicto fago saber que neste xulgado se tramita expediente de xurisdicción voluntaria número 305/2001 sobre declaración de herdeiros ab intestato, seguido por instancia do procurador José B. Magán Álvarez en nome e representación de Adelina Peral García e polo falecemento sen testar de Adelina Peral Rivas, nacida en Mondariz o día 2 de xuño de 1904, filla de Ulpiano Peral Arconada e Restituta Rivas Álvarez, de estado civil casada, sen fillos e que foi declarada falecida por medio de auto do 5 de outubro de 1999 dictado polo Xulgado de Primeira Instancia número dous de Ponteareas, en autos de xurisdicción voluntaria nº 148/1998, fixando como data do seu falecemento o 1 de xaneiro de 1981.

No expediente presentáronse a reclama-lo seu dereito á herdanza, alegando teren parentesco de segundo e terceiro grao coa causante, Matilde e Ramón Peral Rivas, ambos irmáns da causante, e Marta Beatriz, Adela Silvia, Matilde Adelina, Jorge Amadeo, Alejandro Horacio e Isaac Manuel Peral Ifran, todos sobriños da causante e fillos do seu irmán falecido Manuel Amadeo Peral Rivas.

Por resolución desta data acordouse chama-los que se crean con igual ou mellor dereito á herdanza de Adelina Peral Rivas para compareceren neste xulgado a reclamala dentro de trinta días contados desde a publicación deste edicto, acreditando o seu grao de parentesco coa causante, baixo apercibimento de que, de no o verificaren, recaerá sobre eles o prexuízo a que houber lugar en dereito.

Dado en Ponteareas o 21 de setembro de 2001.

A xuíza

Rubricado

O/a secretario/a

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SETE

DE PONTEVEDRA