Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 04 de febreiro de 2002 Páx. 1.306

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2002 pola que se anuncia a licitación da concesión administrativa do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada Verín-Vilardevós, con anexos, polo procedemento de concurso.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Teritorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Transportes.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: concesión administrativa do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada Verín-Vilardevós, con anexos.

b) Indicar se a execución do contrato comprende a execución de obras: non.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación ou canon de explotación: véxase prego.

5. Garantías.

Provisional: 3.005,06 euros.

Definitiva: 4% da recadación anual prevista.

6. Obtención de documentación e información.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexen o concurso poderán recollerse en:

a) Entidade:

Nas delegacións provincais da CPTOPV.

No Servicio Provincial de Transportes de Ourense.

Na Dirección Xeral de Transportes.

Enderezo: praza de Europa 5-A (2ª planta).

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

Teléfono: 981 54 43 75.

Telefax: 981 54 43 51.

Tamén se poderán recolle-los pregos de cláusulas administrativas, o proxecto da concesión e o modelo de proposta na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?n=914.

b) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo: o prazo de presentación de propostas será de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio de convocatoria de concurso no Diario Oficial de Galicia, terminando ás 14 horas do último día do referido prazo.

b) Documentación que integrará as ofertas: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, xustificando a data de imposición do envío e anunciándoo a esta dirección xeral mediante telegrama no mesmo día.

Domicilio: r/ San Caetano, s/n.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15071.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Dirección Xeral de Transportes.

b) Domicilio: praza de Europa 5-A (2ª planta).

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: décimo primeiro día hábil, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da data de terminación do prazo de presentación das proposicións.

e) Hora: 10 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido destes e o seguinte lema: «Proposición que presenta... para o concurso de adxudicación do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada Verín-Vilardevós, con anexos».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2002.

P.D. (Orde 25-10-1983, DOG do 14 de decembro)

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes