Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 04 de febreiro de 2002 Páx. 1.307

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando no nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 23 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

Asistencia técnica ás expropiacións da obra de acondicionamento da estrada PO-403. Treito: A52, Salvaterra.

Adxudicatario: Topogray Topografía y Servicios, S.L.

Orzamento: 11.491.830 pesetas (69.067,29 euros).

Asistencia técnica para o control e vixilancia incluídos labores de coordinación, seguridade e saúde da obra vía rápida de Cambados PO-300 Vilagarcía de Arousa, treito I e II.

Adxudicatario: Darzal Consultoría y Prevención, S.L.

Orzamento: 31.275.005 pesetas (187.966,57 euros).

Asistencia técnica para as expropiacións da obra de acondicionamento da estrada PO-400 Salvaterra de Miño-Filgueira. Treito: Crecente-Filgueira (cruce coa C-531).

Adxudicatario: Estudios del Noroeste, S.A.

Orzamento: 14.540.581 pesetas (87.390,65 euros).

Asistencia técnica para realiza-los labores de control e vixilancia e a de coordinador de seguridade e saúde da obra de acondicionamento da nova estrada PO-400. Treito: variante de Salvaterra.

Axudicatario: G.O.C., S.A.

Orzamento: 23.914.000 pesetas (143.726,03 euros).

Asistencia técnica para realiza-los labores de control e vixilancia e a de coordinador de seguridade e saúde da obra de acondicionamento da nova estrada PO-200. Treito: Aciveiro-O Cachafeiro.

Adxudicatario: G.O.C., S.A.

Orzamento: 15.100.000 pesetas (90.752,83 euros).

Asistencia técnica para realiza-los labores de control e vixilancia e a de coordinador de seguridade e saúde da obra de acondicionamento da estrada LU-170. Treito: Momán-Parga.

Adxudicatario: Norcontrol, S.A.

Orzamento: 20.650.301 pesetas (124.110,81 euros).

Asistencia técnica para realiza-los labores de control e vixilancia e a de coordinador de seguridade e saúde da obra de acondicionamento da estrada AC-101. Treito: Ortigueira-As Pontes de García Rodríguez, fase II.

Adxudicatario: Proyfe, S.L.

Orzamento: 19.361.766 pesetas (116.366,56 euros).

En cumprimento do previsto no artigo 60 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación desta resolución, de conformidade co artigo 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2002.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda