Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 04 de febreiro de 2002 Páx. 1.320

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 18 de decembro de 2001, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se lle notifica a Secundino Campos Vázquez a resolución do expediente de desafiuzamento por ocupación sen título legal, DT-002/2001, devolta polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), intentada a notificación no domicilio do interesado (que se cita no anexo), sen que esta se puidese practicar, notifícaselle a Secundino Campos Vázquez a resolución do expediente de desafiuzamento por ocupación sen título legal, DT-002/2001, incoado ó abeiro do disposto no artigo 30.2º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de vivendas de protección oficial e no artigo 138.2º do Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento das vivendas de protección oficial.

Contra a citada resolución, que non pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes, que se contará

a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula, consonte co disposto nos artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992.

De conformidade co disposto no artigo 58.2º da citada lei, transcríbese o texto íntegro da dita resolución:

«Vistas as actuacións practicadas no procedemento administrativo de desafiuzamento por ocupación sen título DT-002/2001, e tendo en conta os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro.-Con data do 21 de decembro de 2000, en virtude do disposto no artigo 1504 do Código Civil e na estipulación IV do contrato de compravenda asinado no seu día, o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, acordou resolve-lo contrato de compravenda da vivenda de promoción pública, identificada como expediente PO-83/440, cta. 81, sita na avda. de Galicia, nº 65, blq. 12, 5º D, en Vigo, a Secundino Campos Vázquez, por falta de pagamento do prezo pactado.

O 17-2-2001 efectúase o requirimento notarial da dita resolución, que non foi atendido.

Segundo.-Con data do 16 de abril de 2001, o delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, acordou o inicio do procedemento administrativo de desafiuzamento por ocupación sen título da vivenda referenciada, contra Secundino Campos Vázquez e demais ocupantes, con base no establecido no artigo 30.2º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de vivendas de protección oficial e 138 do Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de vivendas de protección oficial.

Terceiro.-O 24 de abril de 2001 (tal e como acredita o xustificante de recepción que consta no expediente) foi notificado o citado acordo de inicio ós interesados, sen que estes presentasen alegacións, malia o prazo de quince días outorgado para tal efecto.

Cuarto.-Con data do 22 de maio de 2001, a instructora do expediente dictou a correspondente proposta de resolución, na que propón que se acorde o lanzamento dos ocupantes sen título da citada vivenda e se proceda á liquidación dos efectos económicos do contrato resolto.

Quinto.-Con data do 19 de xuño de 2001, Secundino Campos Vázquez presenta un escrito na Área Provincial do IGVS, no que solicita que se lle posibilite o pagamento do recibo actual correspondente á vivenda e tres ou catro atrasados ó longo de cada ano.

Feitos probados:

Da instrucción do procedemento resulta suficientemente probado que os agora expedientados, trala tramitación do procedemento administrativo de resolución do contrato de compravenda, por falta de

pagamento do prezo pactado, ocupan a vivenda referenciada sen título legal.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-É competente para resolve-lo presente procedemento, o delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de acordo co disposto no Decreto 1929/1976, do 2 de abril, na Orde ministerial do 2 de decembro de 1978 e na circular 3/1991 do IGVS.

Segundo.-Os indicados feitos probados constitúen causa legal suficiente de desafiuzamento consonte co disposto nos citados artigos 30 do Real decreto 2960/1976 e 138.2º do Decreto 2114/1968, sen que queden desvirtuados polas alegacións vertidas polo interesado nos seus respectivos escritos, dado que a falta de pagamento do prezo pactado non constitúe a causa do presente procedemento, senón que xa deu lugar á resolución administrativa do contrato de compravenda subscrito.

Terceiro.-Na tramitación deste procedemento observáronse as normas vixentes contidas nos artigos 138 e 144 do Regulamento de VPO, na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo exercicio da potestade sancionadora.

Vistos os preceptos legais citados, e demais de xeral e pertinente aplicación, esta delegación provincial,

RESOLVE:

Acorda-lo lanzamento de Secundino Campos Vázquez e demais ocupantes sen título da vivenda de promoción pública identificada como expediente PO-83/440, cta. 81, sita na avda. de Galicia, nº 65, blq. 12, 5º D e se proceda á liquidación dos efectos económicos do contrato resolto.

Outórgase un prazo previo ó devandito lanzamento, de quince días, para o desaloxo voluntario da vivenda, transcorrido o cal, o lanzamento será efectuado polo representante da entidade colaboradora Hnos. Alonso Garrán, S.L., con credencial asinada para tal efecto, polo delegado provincial e coa preceptiva autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares en execución forzosa dos actos da administración (artigo 96.3º da Lei 30/1992), incorporada ó expediente e co auxilio das Forzas de Seguridade do Estado, autonómicas ou locais.

Notifíquese a presente resolución ós interesados, con mención dos requisitos esixidos polo artigo 58.2º da Lei 30/1992.

Pontevedra, 31 de outubro de 2001.

Asdo.: José Manuel Iglesias Carrera.

Delegado provincial de Pontevedra».

Expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra, 18 de decembro de 2001.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: DT-002/01.

Nome: Secundino Campos Vázquez.

Feito que se lle imputa: ocupa-la vivenda identificada como expediente administrativo PO-83/440, conta 81, sen título legal para iso.

Notificación persoal: ausente 9-11-2001; 12-11-2001 (11.40 h).

Último enderezo coñecido: avda. de Galicia, 65, blq. 12, 5º D (Vigo).