Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 04 de febreiro de 2002 Páx. 1.322

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 18 de decembro de 2001, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución dictada no expediente sancionador ES-P-027/2001, devolta polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) intentada a notificación persoal no último enderezo coñecido do interesado, sen que esta se puidese practicar, notifícaselle á persoa que se cita no anexo, a proposta de resolución dictada con data do 6 de novembro de 2001 polo órgano instructor do procedemento sancionador ES-P-027/2001, na que se propón a imposición a Manuel García Brandariz da sanción de 100.001 pesetas, por non destinar a domicilio habitual e permanente a vivenda de promoción pública identificada como expediente PO-91/504, cta. 115, que lle foi adxudicada.

Consonte co artigo 19, en relación co artigo 3 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o interesado dispón dun prazo de quince días que se contarán a partir do seguinte ó da publicación desta proposta de resolución, para formular alegacións e presenta-los documentos e informacións que coide pertinentes.

Igualmente, comunícaselle que, a partir deste momento, poderá acceder ó contido do expediente depositado nestas dependencias (r/ Alcalde Hevia, nº 7, Pontevedra), podendo obter copias dos documentos que constan nel.

Expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 18 de decembro de 2001.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente sancionador: ES-P-027/2001.

Infracción: art. 5 c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro: non destinar a domicilio habitual e permanente a vivenda de promoción pública adxudicada.

Inculpado: Manuel García Brandariz.

Último enderezo coñecido: pol. Torneiros, IV fase, blq. 11, 5º dereita, O Porriño.

Intentos de notificación persoal: 1º. 15-11-2001 ás 13 horas (ausente).

2º. 20-11-2001 ás 13 horas (ausente).