Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 04 de febreiro de 2002 Páx. 1.322

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 21 de decembro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de requirimento de pagamento ós debedores que se citan (Antonio Romero Escudero e outro máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido nos artigos 1124, 1504, 1501 e 1091 do Código civil, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio que a continuación se citan, o requirimento de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden á cantidade que se sinala; fáiselles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas derivadas dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 25 de novembro, e no artigo 142 do Regulamento de VPO, aprobado por Decreto 2114/1968, do 24 de xullo (BOE do 7 de setembro), concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó día nas súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial en trámite de audiencia, co fin de presenta-los documentos e xustificacións que consideren convenientes o seu dereito.

En caso contrario, procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario.

Lugo, 21 de decembro de 2001.

Eugenio Basanta Curbera

Xefe de Área provincial de Lugo

ANEXO

Antonio Romero Escudero.

Expediente: LU-90/040.

Conta nº 4.

Enderezo: rúa Clemente Martínez Pasarón, 6, 2º B. 27700 Ribadeo (Lugo).

Importe da débeda: 3.876.172 pesetas.

Arturo Romero Gabarres.

Expediente: LU-90/040.

Conta nº 18.

Enderezo: rúa Clemente Martínez Pasarón, 8, 4º C. 27700 Ribadeo (Lugo).

Importe da débeda: 5.025.137 pesetas.