Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 04 de febreiro de 2002 Páx. 1.325

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

ANUNCIO (665/2001).

De conformidade co disposto no artigo 79 do TR da Lei de contratos das administracións públicas anúnciase concurso con procedemento aberto para a contratación da asistencia técnica da inspección e actualización da matrícula do imposto sobre actividades económicas.

1. Obxecto: a asistencia técnica da inspección e actualización da matrícula do imposto sobre actividades económicas no Concello de Marín.

2. Prezo: consistirá nunha porcentaxe non superior ó 25% (IVE incluído) do importe das contías netas efectiva e definitivamente recadadas polo concello por cada liquidación tributaria derivada dos expedientes de inspección do IAE.

3. Garantía: definitiva 3.000 euros.

4. Prazo e presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do Concello de Marín, en horas de 9 a 14, agás sábado que será de 9 a 13 horas durante o prazo de quince días naturais (15), contados desde o día da publicación deste anuncio no BOP e no DOG.

(Tomarase en conta para estes efectos a derradeira publicación en calquera destes dous diarios oficiais).

5. Publicidade do expediente: a documentación necesaria e demais condicións do presente concurso figuran no correspondente prego de prescricións técnicas, que están á disposición dos interesados na secretaría do concello para o seu exame.

6. Apertura de proposicións: o sobre B que conterá a proposición económica, abrirase na sala de comisión de goberno do Concello de Marín, ás 13 horas do quinto día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións. De coincidir en sábado celebrarase ó día seguinte hábil á mesma hora.

Marín, 15 de xaneiro de 2002.

Antonio Santiago Fernández

Alcalde