Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 04 de febreiro de 2002 Páx. 1.331

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2002 pola que se anuncia concurso para o alugamento de maquinaria e vehículos e subministración de materiais.

Obxecto e tipos de licitación: contratación para o ano 2002 de:

33 lotes de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte, por un total global de 846.584 euros.

18 lotes para subministración de materiais (emulsións, areas, aglomerados, pintura, ect...), por un global de 1.584.688,50 euros.

As características peculiares e a documentación para participar no concurso figuran no expediente que se atopa no Servicio de Contratación da deputación.

Plicas: durante os quince días naturais a partir do anuncio no BOP.

Fianzas: a definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Contratación da deputación, teléfono: 986 80 41 01.

Pontevedra, 24 de xaneiro de 2002.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado