Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 04 de febreiro de 2002 Páx. 1.331

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CENTRO TECNOLÓGICO DEL MAR-FUNDACIÓN CETMAR

ACORDO do 29 de xaneiro de 2002 polo que se anuncia a convocatoria de probas de selección de persoal.

En uso das atribucións recollidas no artigo 3 da Lei 10/1996, do 5 de novembro, o Padroado do Centro Tecnológico del Mar-Fundación Cetmar autorizou a convocatoria das correspondentes probas de selección de persoal, baixo os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade, segundo determina o artigo 2 da citada lei. Na súa virtude, a dirección da fundación fai pública a convocatoria de selección de persoal, de conformidade coas seguintes bases:

1. Obxectivo do proceso de selección.

O proceso selectivo ten por obxecto a cobertura con carácter indefinido de determinadas prazas vacantes existentes no Centro Tecnológico del Mar-Fundación Cetmar.

O número de prazas que se cubrirán neste proceso é o que se determina no anexo I desta convocatoria, con especificación das categorías, áreas de traballo e requisitos básicos de cada unha delas.

2. Aspectos xerais.

2.1. Fases do proceso de selección.

O proceso selectivo ten tres fases. A primeira consistirá nunha proba escrita e eliminatoria, de coñecementos relacionados coa vacante que se vai cubrir. A segunda consistirá na valoración do currículum vitae e a terceira nunha entrevista.

2.2. Lugar de información e recollida de solicitudes.

Durante todo o proceso de selección, a información e recollida das solicitudes e instruccións correspondentes a cada categoría profesional será facilitada no seguinte enderezo: Centro Tecnológico del Mar-Fundación Cetmar, rúa Eduardo Cabello, s/n, Bouzas, Vigo. Horario: das 9 ás 14 horas e das 16 ás 18 horas (de luns a venres)/tfno.: 986 29 45 87.

2.3. Comisión de selección.

Con motivo da selección constituirase unha comisión de selección, designada polo director da fundación, facéndose pública a súa composición no taboleiro de anuncios da fundación e que terá por obxecto garantir e supervisa-lo desenvolvemento adecuado do proceso en tódalas súas fases. Esta comisión estará constituída por un presidente, un secretario e, polo menos, un vocal. En función da categoría profesional ou da área de traballo, a comisión de selección poderá contar coa colaboración dos asesores que considere oportunos.

Os membros da comisión deberán absterse de intervir, notificándollo á autoridade convocante, cando concorra neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou cando nos seis anos anteriores á convocatoria realizaran tarefas específicas de preparación de aspirantes.

En ningún caso a comisión poderá declarar que superaron o proceso de selección un número superior de aspirantes ó de postos convocados.

Rematado o proceso selectivo, a comisión poderá elaborar unha relación ordenada por puntuación na que figuren os aspirantes que non obtiveron posto, para a súa posible contratación temporal, sempre e cando as necesidades de persoal existentes na fundación o requirisen.

2.4. Documentación e reclamacións.

Os aspirantes quedan vinculados ós datos que fixeron constar na súa solicitude. O domicilio que figura na solicitude considérase o único válido para efectos de notificacións, sendo responsabilidade exclusiva do concursante, tanto os erros na súa consignación como a non comunicación de cambios de domicilio.

Os erros de feito que se advertisen en calquera das fases poderán corrixirse en calquera momento de oficio ou por petición do interesado. Tódalas reclamacións que se realicen durante o proceso de selección deberán enviarse por correo certificado á comisión de selección ou rexistrarse nas oficinas da fundación. Os prazos de presentación de reclamacións serán de 10 días naturais a partir da publicación das listas. As reclamacións que se presenten deberán recolle-lo nome e apelidos do reclamante, domicilio, teléfono de contacto, código da categoría, área de traballo e motivo da reclamación. As alegacións serán resoltas pola comisión de selección e publicarase unha lista complementaria da primeira.

3. Etapas do proceso selectivo.

3.1. Requisitos de admisión.

Para poder presentarse ó proceso de selección, será obrigatorio o cumprimento dos seguintes requisitos no prazo de presentación de solicitudes:

3.1.1. Requisitos xerais:

* Ter cumpridos 18 anos de idade no momento de presentación da solicitude.

* Ser nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea ou dalgún país que subscribira tratado internacional nos termos establecidos na disposición única da Lei 17/1993, do 23 de decembro (BOE do 24 de decembro).

* Estar en posesión da titulación requirida para poder optar á categoría.

* Non estar inhabilitado para o desempeño de funcións públicas, nin separado mediante expediente disciplinario de calquera das administracións públicas.

Ó se presentaren a este proceso, os candidatos asumen que coñecen e aceptan as bases da convocatoria.

3.1.2. Requisitos por categorías:

Son os que figuran no anexo I para cada unha das categorías que forman parte desta convocatoria. Os servicios prestados deberán acreditarse cun certificado da empresa, especificando as datas de inicio e remate do período en cuestión. Os méritos e a formación acreditaranse mediante título académico en orixinal ou copia compulsada. Non se puntuarán os que non cumpran este requisito.

3.2. Presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais desde o seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Só se admitirán aquelas solicitudes entregadas no dito prazo, sendo excluídas todas aquelas que non cumpran este requisito.

As solicitudes deberán presentarse segundo o modelo de instancia que se xunta no anexo II, no enderezo e horarios citados no punto 2.2 desta convocatoria ou por correo certificado, figurando na solicitude o selo coa data de envío posto na oficina de correos, engadíndolle á dita solicitude:

a) Fotocopia do DNI.

b) A acreditación dos méritos necesarios, que deberá facerse mediante a presentación do orixinal ou fotocopia compulsada.

3.3. Lista de candidatos admitidos e excluídos do proceso de selección.

Publicarase a lista provisional de solicitantes admitidos e excluídos do proceso de selección, especificando a causa de exclusión para os afectados. As listas provisionais publicaranse no lugar indicado no punto 2.2 desta convocatoria.

Unha vez rematado o período de reclamacións, publicaranse as listas definitivas, nas que se fixará o lugar e a data de celebración do primeiro exercicio.

3.4. Realización da primeira fase do proceso selectivo.

Tódolos candidatos que acudan á realización da primeira fase do proceso selectivo deberán leva-lo orixinal do DNI, pasaporte ou permiso de conducir. No caso de non presentaren ningún destes documentos non poderán face-las probas. Tódolos candidatos convocados á realización das probas que non se presenten, quedarán inescusablemente rexeitados do proceso de selección.

A puntuación máxima desta fase, para tódalas categorías, será de 20 puntos e consistirá nun test para as categorías de secretariado de dirección e auxiliares e, para os técnicos de área, no desenvolvemento escrito de preguntas e/ou exercicios propostos pola comisión de selección. Tanto unha como outra proba xirarán sobre as materias previstas nos temarios que figuran no anexo III correspondentes a cada categoría. O exame que desenvolverán os aspirantes seleccionarase ó chou de entre, polo menos, dous propostos pola comisión de selección.

Unha vez rematada a primeira fase do proceso selectivo, que terá carácter eliminatorio, a comisión de selección fará público, no lugar indicado no punto 2.2 desta convocatoria, un acordo coa lista de persoas que superaron esta fase. A comisión de selección establecerá o corte de referencia para cada posto que se vai cubrir. Así mesmo, farase público no dito acordo o lugar e día de realización da terceira fase da proba selectiva, posterior á baremación dos méritos acreditados.

3.5. Segunda fase do proceso selectivo.

A comisión de selección realizará un proceso de validación do currículum autobaremado, no que se comprobará a documentación presentada. Esta comisión de selección valorará os méritos acreditados polos aspirantes de acordo co baremo establecido nos seguintes anexos:

Anexo IV: categoría de técnicos superiores.

Anexo V: categoría de secretariado de dirección.

Anexo VI: categoría de auxiliares.

Tanto a valoración dos servicios prestados como da formación que compoñen esta segunda fase enténdense referidos ó día de remate do prazo de presentación de solicitudes.

3.6. Realización da terceira fase do proceso selectivo.

A entrevista persoal é a terceira fase do proceso de selección de persoal e terá unha puntuación máxima de 6 puntos.

Nestas probas valoraranse as cuestións relativas ó contido da proba escrita, experiencia profesional do candidato e aquela información que non se remite no currículum autobaremado e que é importante para o bo desempeño da actividade profesional. A comisión de selección poderá solicitar que a entrevista se desenvolva, total ou parcialmente, nalgún dos idiomas obxecto de autobaremación. Se un candidato se presentase a dúas ou máis categorías, realizará unha entrevista por cada unha das categorías.

Os convocados a esta fase deberán presentarse no lugar indicado co orixinal do DNI, permiso de conducir ou, no seu defecto, pasaporte.

3.7. Publicación das listas finais.

Unha vez que a comisión comprobe as baremacións recibidas e realizadas as entrevistas persoais, exporanse ó público no enderezo indicado no punto 2.2 desta convocatoria as listas finais, que comprenderán as puntuacións dos aspirantes en tódalas fases do proceso selectivo, así como a puntuación total de cada un deles. Contra a baremación os aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante a comisión no prazo de dez días naturais contados a partir do seguinte ó da súa exposición.

Á vista das reclamacións presentadas e realizadas, se é o caso, as oportunas correccións, a comisión publicará o acordo que conteña a relación de aspirantes definitivamente seleccionados, coa puntuación total alcanzada por cada un deles.

O sistema de desempate efectuarase a prol dos aspirantes que obtiveran maior puntuación na proba escrita e, de persisti-lo empate, dirimirase a prol do aspirante coa maior puntuación no epígrafe de experiencia profesional e, de ser necesario, decidirá a comisión de selección.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2002.

Amancio Landín Jaraiz

Director do Centro Tecnológico

del Mar-Fundación Cetmar

ANEXO I

Categorías profesionais, áreas de traballo e prazas ofertadas

Centro Tecnológico del Mar-Fundación Cetmar

CategoríaÁrea de traballoTitulación requiridaExperienciaPraza

Técnico de áreaControl e xestión do medio e dos recursos mariñosLicenciatura en bioloxía, química, ciencias do mar ou farmaciaExperiencia acreditada no sector do ámbito da praza1

Técnico de áreaTecnoloxía dos productos pesqueirosLicenciatura en bioloxía, ciencias do mar, veterinaria ou ciencia e tecnoloxía dos alimentosExperiencia acreditada no sector do ámbito da praza1

Técnico de áreaPromoción e transferencia de tecnoloxíaLicenciatura en económicas, empresariais, ciencias do mar ou enxeñería industrialExperiencia acreditada no sector do ámbito da praza1

Técnico de áreaSocioeconomía da pescaLicenciatura en económicas, empresariais, dereito ou administración de empresasExperiencia acreditada no sector do ámbito da praza1

Secretariado de direcciónSecretaría de direcciónTitulación en secretariado de dirección bilingüeExperiencia acreditada en secretariado de dirección1

AuxiliaresÁreas técnicasLicenciatura, bacharelato superior, FPII, ou secretariadoExperiencia profesional acreditada6

Instruccións para o/a interesado/a

Por favor, lea estas instruccións antes de cubri-las follas correspondentes á solicitude de admisión e folla de autoavaliación.

Instruccións xerais:

1. Escriba á máquina ou á man, empregando maiúsculas tipo imprenta.

2. Asegúrese de que os datos resultan claramente lexibles en tódalas follas.

3. Se precisa máis follas de autoavaliación para recolle-los seus méritos, fotocopie tantas como necesite.

4. Evite dobra-lo papel e realizar correccións, emendas ou borranchos.

5. Non escriba nos espacios sombreados ou reservados.

6. Non esqueza asina-los impresos de solicitude e de autoavaliación. Non esqueza asinar tódalas follas de autoavaliación.

7. Non esqueza xunta-la fotocopia do seu DNI.

8. Non esqueza envia-la documentación xustificativa dos méritos referidos nas follas de autoavaliación (orixinais ou fotocopias compulsadas).

Instruccións particulares:

* Solicitude de admisión:

Denominación da praza: sinale a área de traballo e categoría correspondente, segundo o indicado no anexo I das bases da convocatoria.

ANEXO III

Temario para técnico da área de control e xestión do medio e dos recursos mariños

1. A Constitución española. Principios básicos. O Estado das autonomías. (0).

2. A Xunta de Galicia: composición, organización, atribucións e responsabilidade. (2).

3. O sistema de funcionamento da UE. Institucións e órganos da Unión. (94).

4. O sistema de funcionamento da UE. A política de ambiente. Principios xerais. A contaminación da auga. (99).

5. A política común de pesca ata a actualidade. A súa revisión a partir de 2002. O Libro verde e as propostas española e galega. (27).

6. O medio mariño. As cadeas tróficas e a súa importancia para a explotación comercial dos recursos. (75).

7. O ecosistema mariño. Aspectos básicos e necesidade de preservación. (69).

8. A zona litoral galega. O seu estado ambiental e necesidade de ordenación; repercusións no marisqueo, a pesca e a acuicultura. (22).

9. O medio mariño. Mareas vermellas. Repercusións destas. Redes de control e posibilidades de previsión. (58).

10. O marisqueo en Galicia. Extracción e comercialización. (21).

11. A acuicultura. Concepto e xeneralidades. Perspectivas mundiais, españolas e galegas. (2).

12. O medio e a súa influencia nos cultivos mariños. (15).

13. A investigación aplicada á acuicultura: aspectos de interese. (16).

14. Capacidade de carga do medio mariño. A súa influencia na acuicultura e relacións con outras actividades. (25).

15. Regulamentación pesqueira e de acuicultura. Comparación da española e a galega. (23).

16. A selectividade das artes e aparellos de pesca. Unha panorámica xeral do tema. (76).

17. Situación das principais pesqueiras nas que faena a flota galega. Unha rápida e concreta visión do asunto. (89).

18. Dinámica das poboacións pesqueiras. Recrutamento, crecemento, mortalidade. (67).

19. Explotación pesqueira. Sistemas de regulación. Regulación do esforzo pesqueiro. (68).

20. O caladoiro do Cantábrico e Noroeste. Problemática existente. A baixura e o arrastre. Posibles solucións. (36).

21. Fundacións públicas: concepto e bases fundamentais. Unha visión xeral do tema.

Temario para técnico de tecnoloxía dos productos pesqueiros

1. A Constitución española. Principios básicos. O Estado das autonomías. (0).

2. A Xunta de Galicia: composición, organización, atribucións e responsabilidade. (1).

3. O sistema de funcionamento da UE. Institucións e órganos da Unión. (94).

4. A comercialización e transformación dos productos pesqueiros. Xeneralidades e enfoque actual. (38).

5. A industria frigorífica dos productos pesqueiros. O caso galego. Enfoque de futuro. (39).

6. A industria de elaboración de productos pesqueiros. O caso galego. Enfoque de futuro. (40).

7. A industria conserveira. O caso galego comparado con outras CC.AA. Enfoque de futuro. (41).

8. Análise dos mercados dos productos da pesca. Evolución e tendencias de futuro. (44).

9. A investigación mariña. Estructura actual en España e en Galicia. Marco xeral de actuación. (64).

10. A transferencia de tecnoloxía ó sector. Situación actual en Galicia. (66).

11. Certificación do sistema de calidade ISO 9002. (103).

12. Sistema de calidade ambiental ISO 14001. (104).

13. Optimización de procesos na industria derivada dos productos da pesca. (119).

14. Aproveitamento de subproductos orixinados na producción de alimentos de orixe mariña. (106).

15. Aditivos na industria alimentaria. (107).

16. Técnicas e métodos para o control de calidade industrial. (108).

17. Frío a bordo. Atmosferas modificadas. (116).

18. Os transformados pesqueiros. Posibilidades de futuro. (117).

19. A rastrexabilidade dos productos pesqueiros e derivados. Análise de riscos e control de puntos críticos. (118).

20. O DNA e a identificación de especies mariñas comerciais. (120).

21. Fundacións públicas: concepto e bases fundamentais. Unha visión xeral do tema.

Temario para técnico de promoción e transferencia de tecnoloxía

1. A Constitución española. Principios básicos. O Estado das autonomías. (0).

2. A Xunta de Galicia: composición, organización, atribucións e responsabilidade. (1).

3. O sistema de funcionamento da UE. Institucións e órganos da Unión. (94).

4. Concepto e caracteres da bioloxía mariña. Especies de interese económico en España e Galicia. (5).

5. A pesca galega e o seu papel como motor da economía da Comunidade Autónoma. (54).

6. A investigación mariña. Estructura actual en España e en Galicia. Marco de actuación. (64).

7. Liñas de investigación desenvolvidas polos centros situados en Galicia. (65).

8. Situación actual da acuicultura en España e Galicia. Tendencias de futuro. (43).

9. A investigación aplicada á acuicultura: aspectos de interese. (16).

10. A industria de elaboración de productos pesqueiros. O caso galego. Enfoque de futuro. (40).

11. A industria conserveira. O caso galego comparado coas outras CC.AA. Enfoque de futuro. (41).

12. A transferencia de tecnoloxía ó sector. Situación actual en Galicia. (66).

13. O funcionamento da UE. A política de investigación e desenvolvemento tecnolóxico. (100).

14. A protección dos resultados de investigación. Patentes e rexistros. (109).

15. As novas tecnoloxías da información na PEME. (110).

16. O V Programa Marco de I+D da UE. (111).

17. O VI Programa Marco de I+D da UE. (112).

18. Redes internacionais de cooperación. (113).

19. O Programa IDIPYME. Unha visión do tema. (114).

20. Cooperación e innovación tecnolóxica. (115).

21. Fundacións públicas: concepto e bases fundamentais. Unha visión xeral do tema.

Temario para técnico de socioeconomía da pesca

1. A Constitución española. Principios básicos. O Estado das autonomías. (0).

2. A Xunta de Galicia: composición, organización, atribucións e responsabilidade. (1).

3. O sistema de funcionamento da UE. Institucións e órganos da Unión. (94).

4. O sistema de funcionamento da UE. A política de transportes. O transporte marítimo: acceso ó mercado e competencia. (87).

5. As confrarías de pescadores. Organización e funcións. As lonxas de pescados e mariscos, normativa e papel que desempeñan. (17).

6. O emprego pesqueiro en España e Galicia. O antes e o despois da adhesión. Evolución nos últimos anos e previsións ó respecto. (33).

7. A importancia social e económica da pesca, o marisqueo e a acuicultura en España e Galicia. Efectos directos e inducidos. (34).

8. Un caso concreto: o aproveitamento dos recursos do mar na lexislación pesqueira de Galicia; natureza e réxime xurídico dos títulos habilitantes. (50).

9. As competencias de Galicia na pesca, o marisqueo e a acuicultura. (55).

10. O marisqueo en Galicia. Aspectos sociais e económicos. (56).

11. Análise dos mercados dos productos da pesca. Evolución e tendencias de futuro. (44).

12. Consideracións xerais sobre o buque pesqueiro no ámbito mercantil. (52).

13. Ingresos e estructura de custos dos buques pesqueiros. (84).

14. Conceptos básicos sobre prezos, oferta e demanda dos productos pesqueiros. (77).

15. Demanda e elasticidade da demanda de productos pesqueiros. (78).

16. Producción económica dunha pesqueira. (79).

17. O informe MacAlister. O necesario equilibrio entre a expansión da demanda e o crecemento da oferta. (92).

18. Medidas de estímulo da demanda de productos pesqueiros. Análise do tema. (86).

19. A regulación internacional do comercio: o GATT e a OMC. (82).

20. A comercialización do mexillón galego nos últimos anos. Futuro da DOP. (90).

21. Fundacións públicas: concepto e bases fundamentais. Unha visión xeral do tema.

Temario para secretariado de dirección

e auxiliares

1. A Constitución española. A organización territorial do Estado.

2. A Xunta de Galicia: organización, competencias e estructura das consellerías..

3. As fundacións de interese galego. A normativa autonómica e estatal en materia de fundacións. A Fundación Cetmar.

4. A Unión Europea: institucións, competencias e principios xerais.

5. As competencias comunitarias, estatais e autonómicas en materia de pesca. Institucións e órganos de xestión da pesca.

6. A Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

7. A función pública de Galicia.

8. Aplicación das novas tecnoloxías á documentación de arquivos.

9. Disposicións legais sobre normalización e procedemento: escritos oficiais.

10. Clasificación e arquivo de documentos. Ideas xerais sobre o sistema de clasificación. Arquivo de documentos: natureza e clases de arquivos. Funcionamento dos arquivos. Entrada en arquivo, saída en arquivo e devolucións.

11. Informática. Compoñentes do ordenador. Microprocesadores: conceptos e tipos. Almacenamento de información: memoria, discos, cd-rom, streamers, periféricos de entrada-saída, sistemas operativos: MS-dos, Windows, procesadores de textos, follas de cálculo e bases de datos.

ANEXO IV

Baremación da experiencia, formación e méritos

acreditados

Posto de técnico superior

a) Experiencia profesional acreditada:

* Por cada mes completo de servicios prestados en postos vinculados á praza á que se opta, relacionada co sector marítimo-pesqueiro: 0,2 puntos.

Será necesario remitir orixinal ou fotocopia compulsada da certificación de servicios prestados. A puntuación máxima será de 8 puntos.

b) Formación e méritos:

a) Doutoramento vinculado á área obxecto de concurso: 2 puntos.

b) Outras titulacións, cursos ou mestrados relacionados coa área da praza á que se opta:

Mestrados e/ou cursos de máis de 200 horas: 1 punto.

Mestrados e/ou cursos de máis de 150 horas: 0,75 puntos.

* Outros cursos acreditados, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta: 0,4 puntos.

Será necesario remitir orixinal ou fotocopia compulsada dos títulos con expresión do número de horas acreditadas da acción formativa.

c) Estadías no estranxeiro en centros de formación ou investigación relacionados coa materia da praza á que se opta: 0,125 por cada mes ata un máximo de 3 puntos.

d) Publicacións e comunicacións relacionadas coa materia da praza á que se opta:

Artigos en revistas: 0,4 puntos.

Comunicacións a congresos internacionais: 0,4 puntos.

Comunicacións a congresos nacionais: 0,2 puntos.

Libros: 0,6 puntos.

e) Participación en proxectos de investigación de financiamento público relacionados coa materia da praza: 0,5 puntos.

f) Docencia, organización de congresos ou bolsas relacionados coa materia da praza: 0,1 puntos.

Tódolos méritos non directamente vinculados á praza pero que manteñan afinidade con ela dividiranse por dous.

A puntuación máxima será de 6 puntos.

c) Idiomas:

* Por acredita-lo coñecemento de inglés:

-Nivel alto (falado e escrito): 2 puntos.

-Nivel medio (falado e escrito): 1 punto.

* Por acredita-lo coñecemento de francés:

-Nivel alto (falado e escrito): 2 puntos.

-Nivel medio (falado e escrito): 1 punto.

* Por acredita-lo coñecemento doutro idioma comunitario:

-Nivel alto (falado e escrito): 1 punto.

-Nivel medio (falado e escrito): 0,5 puntos.

* Por acredita-lo coñecemento de lingua galega:

-Nivel alto (falado e escrito): 1 punto.

-Nivel medio (falado e escrito): 0,5 puntos.

* Será necesario remitir orixinal ou fotocopia compulsada do título ou da certificación de validación.

A puntuación máxima será de 3 puntos.

ANEXO V

Baremación da experiencia, formación e méritos acreditados

Posto de secretaria/o de dirección

a) Experiencia profesional acreditada:

* Por cada mes completo de servicios prestados en empresas ou entidades desenvolvendo funcións de secretariado de dirección ou equivalente: 0,20 puntos.

* Por cada mes completo de servicios prestados en empresas ou entidades desenvolvendo funcións xenéricas de secretariado: 0,10 puntos.

Será necesario remitir orixinal ou fotocopia compulsada da certificación de servicios prestados.

A puntuación máxima será de 10 puntos.

b) Formación e méritos:

1. Por título de auxiliar administrativo, secretariado ou superior: 2 puntos.

2. Por cada curso de secretariado: 1 punto.

3. Por acredita-lo coñecemento de inglés:

-Nivel alto (falado e escrito): 2 puntos.

-Nivel medio (falado e escrito): 1 punto.

4. Por acredita-lo coñecemento de francés:

-Nivel alto (falado e escrito): 2 puntos.

-Nivel medio (falado e escrito): 1 punto.

5. Por acredita-lo coñecemento de galego:

-Nivel alto (falado e escrito): 1 punto.

-Nivel medio (falado e escrito): 0,5 puntos.

6. Cursos de informática: 0,5 ata un máximo de 3 puntos.

A puntuación máxima será de 6 puntos.

Tódolos méritos non directamente vinculados á praza pero que manteñan afinidade con ela dividiranse por dous.

ANEXO VI

Baremación da experiencia, formación e méritos acreditados

Posto de auxiliares

a) Experiencia profesional acreditada:

* Por cada mes completo de servicios prestados en empresas, entidades públicas ou privadas desenvolvendo funcións administrativas: 0,20 puntos.

Será necesario remitir orixinal ou fotocopia compulsada da certificación de servicios prestados. A puntuación máxima será de 4 puntos.

b) Formación e méritos:

1. Por título de auxiliar administrativo, secretariado ou superior: 2 puntos.

2. Por cada curso sobre xestión ou funcións administrativas: 0,5 ata un máximo de 3 puntos.

3. Por cada curso acreditativo de coñecemento de inglés: 0,5 ata un máximo de 2 puntos.

4. Por cada curso acreditativo de coñecemento de francés: 0,5 ata un máximo de 2 puntos.

5. Por coñecemento da lingua galega:

-Nivel alto: 1 punto.

-Nivel medio: 0,5 puntos.

6. Cursos de informática: 0,5 ata un máximo de 3 puntos.

A puntuación máxima será de 6 puntos.

Tódolos méritos non directamente vinculados á praza pero que manteñan afinidade con ela dividiranse por dous.