Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 04 de febreiro de 2002 Páx. 1.339

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXANOVA

COMISIÓN electoral: sorteo para a designación de compromisarios.

En cumprimento da normativa vixente e do que determinan os estatutos e o regulamento do sistema de designación dos órganos de goberno de Caixanova, faise público o acordo do Consello de Administración da entidade de inicia-lo proceso de renovación dos seus órganos de goberno. Para tal efecto, comunícase ós seus impositores:

1. Sorteo.-O vindeiro 6 de marzo, ás 12 horas, celebrarase na sala de conferencias do Centro Cultural Caixanova, rúa Policarpo Sanz, 13, desta cidade de Vigo, sorteo perante notario, único para tódalas circunscricións electorais, para a designación de 640 compromisarios e 640 suplentes. Unha vez realizado o proceso que establece o regulamento, os compromisarios nomeados elixirán, de entre eles, en data que se anunciará oportunamente, os 64 conselleiros xerais que, en representación dos impositores, serán membros da asemblea xeral de Caixanova.

O acto do sorteo será público para os impositores da Caixa, circunstancia que deberán acreditar para o seu acceso á sala.

2. Listas de opositores.-Durante o período comprendido entre o 4 e o 15 de febreiro actual, ámbolos dous inclusive, atoparanse expostas nas sucursais de Caixanova que cumpren os requisitos para a elección de compromisarios en representación dos impositores, as listas de contas, clasificadas unicamente polo seu número e clase, que reúnan a condicións de pertenceren a persoas físicas, con residencia habitual na zona de actuación da Caixa, maiores de idade, non incapacitadas, cunha antigüedade superior a dous anos e das que o saldo medio nos últimos seis meses non sexa inferior ós 468,79 euros (78.000 pesetas).

3. Titularidade múltiple ou dividida.-Nos supostos de titularidade múltiple ou dividida dos depósitos, considerarase como único impositor, para os efectos do sorteo, o titular idóneo que figure en primeiro lugar, a menos que os titulares designen entre si outro deles no prazo de exposicións das listas.

4. Titulares de varias contas.-Aqueles que fosen titulares de máis dunha conta, nunha ou varias sucursais da Caixa, deberán sinalar, durante un período antes mencionado, aquela lista na que desexen figurar. De non facelo, considerarase a conta de maior saldo medio nos últimos 6 meses.

5. Reclamacións.-Os impositores dos que o número de conta non apareza nas listas e se consideren con dereito a iso, por reuniren os requisitos esixidos, poderán efectuar reclamacións ás mesmas ata o día 15 de febreiro de 2002, por medio de escrito dirixido á comisión electoral, que presentarán na oficina na lista da cal observaron a deficiencia ou na sede central, achegando necesariamente a xustificación documental adecuada, salvo que se designen de xeito concreto os elementos de proba e estes se atopen en poder da propia Caixa.

6. Notificacións.-As listas definitivas resultantes das rectificacións ás que se é o caso, tivese lugar, quedarán expostas nos mesmos locais indicados durante os días hábiles comprendidos ente o 20 de febreiro e o 5 de marzo, ámbolos dous inclusive, tendo esta exposición o carácter de notificación ós interesados para tódolos efectos, segundo determina o regulamento.

7. Cambios de domicilio.-Advírtese a todos aqueles titulares que cambiaron de domicilio sen te-lo comunicado á Caixa, que o fagan no prazo de exposición das listas nas oficinas onde manteñan a conta, co fin de que, en caso de resultaren nomeados compromisarios, se lles poida efectua-la correspondente notificación persoal.

Vigo, 4 de febreiro de 2002.

Ramón Cornejo Molíns

Co-presidente

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.En Luis Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Cousas, rúa Blanco Porto, 1

Papelería Cositas, San Antoniño, 11-13

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.

Na librería Egea, rúa Sol, 74.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Na Xunta de Galicia: edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN LUGO:

Na librería Souto, praza Maior, 14.

EN OURENSE:EN VIGO:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.Na librería Josefa Villar, S.L., rúa Policarpo Sanz, 19.