Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 05 de febreiro de 2002 Páx. 1.346

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 31 de decembro de 2001 pola que se prorrogan 8 bolsas de colaboración en diversas actividades que se están a desenvolver no Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega).

As ordes do 31 de xullo de 2001 (DOG nº 175, do 10 de setembro), polas que se convocan bolsas de colaboración en diversas actividades que se están a desenvolver no Museo Pedagóxico de Galicia, prevén na súa base cuarta a concesión de prórrogas ós bolseiros e bolseiras que prestan a súa colaboración nalgún dos proxectos que se están a realizar no museo.

Segundo o teor do sinalado na Orde do 11 de febreiro de 1998, sobre tramitación anticipada de expediente de gasto que se proxecta está condicionado á existencia do crédito adecuado e suficiente no proxecto de orzamentos do exercicio do ano 2002.

Na súa virtude e de acordo co establecido na base cuarta das citadas ordes, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concédeselle prórroga para desfrutar da bolsa para a colaboración en diversas actividades que se están a desenvolver no Museo Pedagóxico de Galicia, ata o 31 de decembro de 2002, ás persoas que se relacionan no anexo I á presente orde. Para

os efectos desta resolución quedan condicionados ata a aprobación do crédito que vai ampara-lo gasto, de conformidade coa orde anteriormente citada, do 2 de febreiro de 1998.

Segundo.-A contía da bolsa durante o período de prórroga é a que se indica no devandito anexo, segundo o establecido na base terceira das citadas ordes.

Terceiro.-Contra esta disposición, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que resolveu, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, ou directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación desta disposición. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de decembro de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Proxecto: unha bolsa para realizacións de traballos multimedia e de xestión informática.

Titular:

Apelidos e nome dos/as bolseiros/asNIFPesetas

Vidal Porto, Elisa Mª33.297.424-W125.000

Proxecto: catro bolsas para colaborar no proceso de inventario e catalogación de fondos do Mupega.

Titulares:

Apelidos e nome dos/as bolseiros/asNIFPesetas

Domínguez Román, Belén34.953.701-A150.000

Gallego Fernández, Carmen35.299.714150.000

Vilar Álvarez, Manuel32.426.302-M150.000

Vázquez Vila, Daniel33.320.750150.000

Proxecto: unha bolsa para colaborar na catalogación de fondos bibliográficos do Mupega.

Titulares:

Apelidos e nome dos/as bolseiros/asNIFPesetas

Novoa García, Carmen35.550.421-B150.000

Proxecto: dúas bolsas para traballos de investigación sobre museísmo pedagóxico.

Titulares:

Apelidos e nome dos/as bolseiros/asNIFPesetas

Fernández González, Manuel35.560.158-L150.000

Montero Feijóo, Óscar34.978.018-D150.000

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL