Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 05 de febreiro de 2002 Páx. 1.350

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 2 de xaneiro de 2002, conxunta da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde e da Escola Galega de Administración Sanitaria, pola que se convocan cursos de formación continua para o persoal de institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde.

Advertidos erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 10, do 14 de xaneiro de 2002, cómpre face-las seguintes correccións:

-Na páxina nº 468, actividade formativa nº 1: prevención de riscos laborais, no epígrafe destinatarios, onde di:

«a) Naquelas edicións correspondentes a institucións sanitarias de atención primaria, por orde preferente: 1º) Traballadores do Sergas. Delegados de prevención de atención primaria. 2º) Traballadores do Sergas de atención especializada.

b) Naquelas edicións correspondentes a institucións sanitarias de atención especializada, por orde preferente: 1º) Traballadores do Sergas. Delegados de prevención de atención especializada. 2º) Traballadores do Sergas de atención primaria».

Debe dicir:

«a) Naquelas edicións correspondentes a institucións sanitarias de atención primaria, por orde preferente: 1º) Delegados de prevención de atención primaria. 2º) Delegados de prevención de atención especializada. 3º) Outros traballadores do Sergas de atención primaria. 4º) Outros traballadores do Sergas de atención especializada.

b) Naquelas edicións correspondentes a institucións sanitarias de atención especializada, por orde preferente: 1º) Delegados de prevención de atención especializada. 2º) Delegados de prevención de atención primaria. 3º) Outros traballadores do Sergas de atención especializada. 4º) Outros traballadores do Sergas de atención primaria».

-Na páxina nº 471, actividade formativa nº 12: avanzado de actualización de coñecementos e orientación do rol profesional para auxiliares de enfermería, onde di:

«Condición indispensable: ter superado o curso básico de actualización de coñecementos e orientación do rol profesional para auxiliares de enfermería».

Debe dicir:

«Condición indispensable: ter superado o curso básico de actualización de coñecementos e orientación do rol profesional para auxiliares de enfermería ou o curso fundamentos de coidados para auxiliares de enfermería. Módulo primeiro de iniciación».

-Na páxina nº 477, actividade formativa nº 38: relaxación e técnicas de control do estrés (para enfermería), no epígrafe destinatarios, onde di:

«enfermeiras».

Debe dicir:

«enfermeiras e auxiliares de enfermería».

-Na páxina nº 483, actividade formativa nº 63: ergonomía. Mobilización e traslado de pacientes, no epígrafe destinatarios, onde di:

«Por orde preferente: 1º) Celadores e auxiliares de clínica de atención especializada. 2º) Celadores e auxiliares de clínica de atención primaria».

Debe dicir:

«a) Naquelas edicións correspondentes a institucións sanitarias de atención primaria, por orde preferente: 1º) Celadores e auxiliares de clínica de atención primaria. 2º) Celadores e auxiliares de clínica de atención especializada. b) Naquelas edicións correspondentes a institucións sanitarias de atención especializada, por orde preferente: 1º) Celadores e axuiliares de clínica de atención especializada. 2º) Celadores e auxiliares de clínica de atención primaria».

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA