Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 05 de febreiro de 2002 Páx. 1.356

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (631/2001).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño de que nos autos seguidos perante este xulgado do social, tramitados baixo o nº 631/2001 contra a empresa Aluminios Magal, S.L. e Alfredo Sar Castelo sobre despedimento, se dictou a seguinte sentencia:

«Sentencia.-A Coruña, dezaseis de novembro de dous mil un. Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo 631/2001, seguidos por instancia de Álvaro Allande Besteiro, maior de idade, asistido por Pedro Trashorras López, contra a empresa Aluminios Magal, S.L., que non compareceu, Alfredo Sar Castelo, que non compareceu o Fondo de Garantía Salarial, representado e asistido polo letrado Ramón Novoa Cisneros-García, sendo o obxecto da reclamación, despedimento.

Seguen feitos e fundamentos xurídicos.

Decido que, estimando parcialmente a demanda formulada por Álvaro Allande Besteiro contra a empresa Aluminios Magal, S.L., Alfredo Sar Castelo, Carlos Otero Fernández e o Fondo de Garantía Salarial, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado pola empresa Aluminios Magal, S.L., e extinguida a relación laboral á data da presente resolución, condenando a mesma a aboar ó actor a cantidade de 1.808.235 pesetas en concepto de indemnización máis 935.138 pesetas polos salarios de tramitación ata a data da presente resolución, absolvendo o resto dos codemandados.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante esta xulgado no prazo de

cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá ó anuncialo entrega-lo comprobante de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade co número de conta 5603 clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E, así mesmo deberá, no momento de interpo-lo recurso, consigna-la cantidade de 25.000 pesetas en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación á empresa Aluminios Magal, S.L. e a Alfredo Sar Castelo, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), que ten o domicilio descoñecido, expido e asino esta cédula na Coruña o 21 de decembro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado