Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 05 de febreiro de 2002 Páx. 1.367

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 8 de xaneiro de 2002, da Dirección Xeral de Turismo, pola que se notifica a Resolución do 29 de novembro de 2001 dictada no expediente sancionador de Ourense OU-055/2001, por infracción en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á mercantil que a seguir se relaciona a resolución da Dirección Xeral de Turismo dictada no expediente sancionador en materia de turismo número OU-055/2001, incoado á sociedade titular do establecemento de café-bar denominado Gibraltar, situado na rúa de Lugo, 3, do concello de Ourense, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar.

Esta resolución non esgota a vía administrativa e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ó da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que consideren oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva en período voluntario no subseguinte prazo de quince (15) días hábiles, mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións, da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo de Ourense. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía executiva, segundo o disposto pola Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (Diario Oficial de Galicia do 3 de xuño de 1987).

Expediente: OU-055/2001.

Sancionado: Fomento de Industrias Cárnicas Orensanas, S.L.

Establecemento: café-bar Gibraltar.

Domicilio: rúa de Lugo, 3.

Localidade: Ourense.

Resolución: 29 de novembro de 2001.

Precepto infrinxido: artigo 87.3º da Lei 9/1997, do 21 de agosto.

Sanción: duascentas mil (200.000) pesetas, equivalentes a 1.202,02 euros.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2002.

María A. Antón Vilasánchez

Directora xeral de Turismo