Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 05 de febreiro de 2002 Páx. 1.368

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica o inicio do expediente sancionador Secretaría 300/01.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, o acordo de inicio do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 abril, e o R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte á publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 16.1º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora; dispón do prazo de 15 días para presentar alegacións, e no caso de non presentalas segundo o artigo 13.2º do dito 1398/1993, o inicio poderá considerarse proposta de resolución.

Expediente sancionador: Secretaría 300/01.

Denunciada: Carmen Sobrido Rodríguez.

DNI/CIF: 32779691E.

Derradeiro enderezo coñecido: Ronda de Outeiro, 202, A Coruña.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: cen mil pesetas.

A Coruña, 5 de decembro de 2001.

Mª Blanca García Varela

Delegada provincial da Coruña