Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 05 de febreiro de 2002 Páx. 1.368

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 10 de setembro de 2001 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión da batea Rica II.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea Rica II e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

A) Antecedentes de feito.

Primeiro.-Mediante escrito con data do 30-11-1994, Rosa Galiñarez López, en represnetación da comunidade de herdeiros de Emilio Millán Piñeiro, solicitou autorización para a transmisión da concesión da batea Rica II.

Segundo.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

B) Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Autoriza-la transmisión mortis causa, a favor de Rosa Galiñarez López (35413310A), Emilio Millán Galiñanes (35445193P) e Mª Rosa Millán Galiñanes (35457375) da concesión que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Rica II.

Localización:

Cuadrícula nº: 56.

Polígono: D.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 25-11-1974.

Remate da vixencia: 14-12-2004.

Actuais titulares:

Rosa Galiñanes López (35413310A) e Emilio Millán Piñeiro (35349382).

Novos titulares:

Rosa Galiñanes López (35413310A), Emilio Millán Galiñanes (35445193P) e Mª Rosa Millán Galiñanes (35457375T).

Os novos titulares subróganse nos dereitos y obrigas dos anteriores:

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de

réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 10 de setembro de 2001.

P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Pontevedra